Reebok International Limited é unha das empresas máis famosas do mundo. Reebok é unha marca de roupa deportiva, fabrica zapatillas deportivas, chándales e outros accesorios.

Reebok

Tiponegocio e empresa Editar o valor en Wikidata
EpónimoPelea capreolus Editar o valor en Wikidata
Forma xurídicaempresa de capital aberto Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Fundador/aJoseph William Foster Editar o valor en Wikidata
MatrizAdidas e Authentic Brands Group Editar o valor en Wikidata
Actividade
Industriaindustria téxtil e industria do deporte Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación1895 Editar o valor en Wikidata
Localización
PaísEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
SedeBoston Editar o valor en Wikidata
Ligazóns
Páxina WEBreebok.com Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: reebokeurope Twitter: Reebok Instagram: reebok LinkedIn: reebok Youtube: UCLhK4_HF-LEtBC71LYL2Z4g Pinterest: reebok TikTok: reebok Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] G:Commons ] C:Commons ]

Historia

editar

A compañía fundouse en 1895 en Bolton, Inglaterra. Foi fundada por Joseph William Foster baixo a súa compañía J.W. Foster and Sons Limited. co nome de Mercury Sports, non foi até 1960 que se renomaría a Reebok.

En 1988 creou o Premio Reebok de Dereitos Humanos, Reebok Human Rights Award (RHRA), que homenaxea a activistas menores de trinta anos que loitaron polos dereitos humanos a través de medios non violentos

En 1996 propuxo a Nike unha alianza para acabar co traballo infantil nas subcontratas de fábricas, maiormente asiáticas.[1]

En xaneiro de 2006, Reebok foi adquirida por 3.100 millóns de euros por Adidas AG, coa intención de competir contra Nike, sobre todo no mercado estadounidense. En outubro do mesmo ano, Reebok saca o seu primeiro Reebok I am what I am (Eu son o que eu son). En 2007 deixou de entregar os RHRA.

En 2021 Adidas asinou un precontrato para vender a marca a Authentic Brands Group, e nese mesmo ano volveu dar os RHRA.

Logotipo

editar

Inspirado nun antílope africano chamado rhebok, o logo representa un antilope simplificado chamado "vector". A marca tamén simplificou o nome a Reebok.

Provedor

editar
 
Propaganda de Reebok en Basel

A empresa manexa exclusivamente os dereitos de fabricar e comercializar os uniformes da NFL desde 2002, a Canadian Football League desde 2004, e é a provedora oficial de calzado para a NFL e a Major League Baseball.

Xogadores de Tenis

editar

No circuíto de tenis profesional, algúns xogadores utilizan esta marca en todos os seus partidos, entre eles xogadores atópanse o peruano Luís Horna ou o español Nicolás Almagro

  1. Reuters (1996-09-27). "Reebok propone a Nike una alianza para desterrar el trabajo infantil". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-02-12.