O Gran Manchester (Greater Manchester) é un condado metropolitano da rexión noroeste de Inglaterra, cunha poboación de 2,56 millóns de habitantes. Alberga unha das maiores áreas metropolitanas do Reino Unido e comprende dez municipios metropolitanos: Bolton, Bury, Oldham, Rochdale, Stockport, Tameside, Trafford, Wigan e as cidades de Salford e Manchester. O Gran Manchester foi creado o 1 de abril de 1974 como resultado da Acta do Goberno Local de 1972.

Localización do Gran Manchester.

O condado metropolitano non ten costa e limita cos condados de Cheshire (ao suroeste e ao sur), Derbyshire (ao sueste), Yorkshire do Oeste (ao nordeste), Lancashire (ao norte) e Merseyside (ao oeste). A Área Urbana do Gran Manchester é a terceira aglomeración máis poboada do Reino Unido e esténdese pola maior parte do terreo do condado. Posto que se trata dun condado cerimonial, o Gran Manchester posúe un Lord Tenente e un Alto Sheriff.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.