Olivier Giroud
Olivier Giroud, nado o 30 de setembro de 1986 en Chambéry, é un futbolista francés. Xoga de dianteiro e o seu club actual é o AC Milan da Serie A italiana. Ademais, é internacional coa selección de Francia, da que é o máximo goleador histórico.
Olivier Giroud | |||
---|---|---|---|
![]() Giroud no Mundial de 2018. | |||
Información persoal | |||
Nome | Olivier Jonathan Giroud | ||
Nacemento | 30 de setembro de 1986 (36 anos) | ||
Lugar de nacemento | Chambéry | ||
Altura | 1,92 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Milan | ||
Número | 9 | ||
Carreira xuvenil | |||
1992–1999 | Froges | ||
1999–2005 | Grenoble | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2005–2008 | Grenoble | 23 | (2) |
2007–2008 | → Istres (cedido) | 33 | (14) |
2008–2010 | Tours | 44 | (24) |
2010–2012 | Montpellier | 73 | (33) |
2010 | → Tours (cedido) | 17 | (6) |
2012–2018 | Arsenal | 180 | (73) |
2018–2021 | Chelsea | 75 | (17) |
2021– | Milan | 0 | (0) |
Selección nacional | |||
2011– | Francia | 110 | (46) |
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 18 de maio de 2021. Selección: actualizado a 28 de xuño de 2021.[ editar datos en Wikidata ] | |||
TraxectoriaEditar
ClubEditar
Tras xogar para varios equipos franceses en divisións inferiores, Giroud fichou polo Montpellier HSC da Ligue 1 en 2010. En 2012, deixou Francia e fichou polo Arsenal FC inglés, quen pagou 9.6 millóns de libras pola súa fichaxe.
SelecciónEditar
O 3 de novembro de 2011, o adestrador da selección francesa, Laurent Blanc, convocou ó dianteiro para dous amigables contra Estados Unidos e Bélxica, o 11 e o 15 de novembro, respectivamente.[1][2] Fixo o seu debut no partido contra os Estados Unidos, saíndo dende o banco na vitoria de Francia por 1-0.
PalmarésEditar
- Montpellier HSC
NotasEditar
- ↑ "Top scorer Giroud joins France squad". France24. 3 de novembro de 2011. Consultado o 7 de febreiro de 2012.
- ↑ "Giroud and Gonalons out to seize France chance". Union of European Football Associations. 10 de novembro de 2011. Consultado o 7 de febreiro de 2012.