Ricardo Carvalho

futbolista portugués

Non confundir con Ricardo Carballo Calero

Ricardo Carvalho
Carvalho xogando para o Real Madrid.
Información persoal
Nome Ricardo Alberto Silveira de Carvalho
Nacemento 18 de maio de 1978 (45 anos)
Lugar de nacemento Amarante
Altura 1,81 m.
Posición Defensa
Carreira xuvenil
1990–1996 Amarante
1996 Porto
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1996–2004 Porto 72 (6)
1997–1998Leça (cedido) 22 (1)
1999–2000Vitória de Setúbal (cedido) 25 (2)
2000–2001Alverca (cedido) 29 (1)
2004–2010 Chelsea 135 (7)
2010–2013 Real Madrid 49 (3)
2013–2016 Monaco 94 (2)
Selección nacional
1994 Portugal sub-17 1 (0)
1995 Portugal sub-18 3 (0)
1996–1998 Portugal sub-20 9 (0)
1998–2000 Portugal sub-21 14 (1)
2003–2011 Portugal 75 (4)
Na rede
FIFA: 214957 UEFA: 31429 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 26 de maio de 2013.
editar datos en Wikidata ]

Ricardo Alberto Silveira de Carvalho, nado en Amarante o 18 de maio de 1978, é un futbolista portugués. Xoga de defensa central e actualmente está sen equipo.

Traxectoria editar

Co FC Porto gañou, entre outros títulos, unha Copa da UEFA e unha Liga de Campións da UEFA baixo as ordes de José Mourinho, por aquel entón o seu adestrador.

No 2004, fichou polo Chelsea, do mesmo xeito que o adestrador Mourinho. No Chelsea xogou de defensa central, compartindo posición con outros grandes centrais como o inglés John Terry ou o brasileiro Alex.

O 10 de agosto de 2010, con 32 anos, fichou polo Real Madrid, que pagou uns 8 millóns de euros por facerse cos servizos do xogador durante 2 tempadas con opción a unha terceira.[1]

O seu primeiro gol foi o 11 de setembro de 2010 no partido que disputaron o Real Madrid e Osasuna, e que acabou 1-0 para o equipo merengue. O 7 de novembro de 2010 marcou o primeiro gol que abría a conta no derbi contra o Atlético de Madrid no Estadio Santiago Bernabéu, cun resultado final de 2-0, sendo considerado xogador clave na vitoria merengue.[2]

Palmarés editar

Campionatos nacionais editar

Título Club País Ano
Supercopa de Portugal FC Porto   Portugal 1998
Supercopa de Portugal FC Porto   Portugal 2001
Liga Portuguesa FC Porto   Portugal 2003
Copa de Portugal FC Porto   Portugal 2003
Supercopa de Portugal FC Porto   Portugal 2003
Liga Portuguesa FC Porto   Portugal 2004
Premier League Chelsea   Inglaterra 2005
Football League Cup Chelsea   Inglaterra 2005
Community Shield Chelsea   Inglaterra 2005
Premier League Chelsea   Inglaterra 2006
Football League Cup Chelsea   Inglaterra 2007
FA Cup Chelsea   Inglaterra 2007
FA Cup Chelsea   Inglaterra 2009
Community Shield Chelsea   Inglaterra 2009
Premier League Chelsea   Inglaterra 2010
FA Cup Chelsea   Inglaterra 2010

Copas internacionais editar

Título Club País Ano
Copa da UEFA FC Porto   Portugal 2003
Liga de Campións da UEFA FC Porto   Portugal 2004

Distincións individuais editar

Distinción Ano
Futbolista do ano en Portugal 2003

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar