John Arne Riise

futbolista noruegués

John Arne Semundseth Riise, nado en Molde o 24 de setembro de 1980, é un futbolista profesional noruegués.

John Arne Riise
John Arne Riise en 2009
Información persoal
Nome John Arne Warne Semundseth Riise
Nacemento 24 de setembro de 1980
Lugar de nacemento Molde
Altura 1.85
Posición lateral esquerdo
Información de club
Club actual Chennaiyin F.C.
Carreira xuvenil
1996 Aalesund
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1996–1998 Aalesund 25 (5)
1998–2001 Monaco 44 (4)
2001–2008 Liverpool 234 (21)
2008–2011 Roma 99 (7)
2011–2014 Fulham 87 (0)
2014–2015 APOEL 25 (4)
2015–2016 Delhi Dynamos 15 (1)
2016 Aalesund 10 (0)
2016 Chennaiyin FC 0 (0)
Total 539 (42)
Selección nacional
1996 Noruega sub-15 9 (2)
1997 Noruega sub-16 5 (2)
1997 Noruega sub-17 2 (0)
1998 Noruega sub-18 4 (0)
1999 Noruega sub-19 1 (0)
1998–2000 Noruega sub-21 17 (2)
2000–2013 Noruega 110 (16)
Na rede
IMDB: nm1977210 FIFA: 177686 UEFA: 34234 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Riise empezou a súa carreira profesional no Aalesund, e tras unha tempada no club marchou en 1998 ao Mónaco. Foi un compoñente regular no equipo que gañou a Ligue 1 na tempada 1999-2000. Vendido ao Liverpool por 4 millóns de £ no verán de 2001.

Liverpool editar

 
Riise xogando co Liverpool.

Fixo o seu debut co Liverpool o 24 de agosto de 2001 na Supercopa de Europa de 2001 contra o FC Bayern München no estadio Lois II nun encontro que gañou o seu novo equipo por 3-2.[1] Durante a tempada marcou goles decisivos contra o Arsenal, Everton, Newcastle United e Manchester United, en total foron dez os goles na súa primeira tempada co Liverpool.

Nas tempadas 2002-03 e 2003-04 tivo unha pobre actuación pero recobrou a súa forma na 2004-05 logo do nomeamento de Rafael Benítez como adestrador. Co seu equipo gañou a Liga de Campións da UEFA, proporcionando o asistencia do primeiro gol do Liverpool na final contra o Milan. Na final da Football League Cup de 2005 marcou no primeiro minuto do xogo, así e todo venceu finalmente o Chelsea por 3-2 despois dunha prórroga. Riise axudou a gañar a FA Cup de 2005-2006 marcando na semifinal contra o Chelsea e convertendo un penalti na final contra o West Ham.

 
Riise Competindo nun partido contra Everton.

Roma editar

Ao longo da tempada 2007-08 a posición natural de Riise ocupouna a miúdo o brasileiro Fábio Aurélio.[2] E o 18 de xuño de 2008 Riise firmou por catro anos coa Roma. Riise converteuse axiña no favorito dos seareiros polo seu espírito de traballo duro que conduciu ao equipo a varias vitorias importantes.

 
Riise xogando co Fulham en 2012

Fulham editar

O 13 de xullo de 2011 o Fulham anunciou que Riise firmara por tres anos co club.[3] Riise xuntouse co seu irmán, Bjørn Helge Riise, que se incorporara ao club en 2009.[4] Riise debutou co Fulham o o 21 de xullo de 2011, na UEFA Europa League contra os Crusaders en Craven Cottage.

APOEL editar

O 1 de setembro de 2014 Riise firmou por un ano con opción a outro máis co APOEL chipriota[5] Fixo o seu debut oficial o 20 de setembro de 2014 cunha vitoria 3-1 contra o Ayia Napa.[6] O seu primeiro gol para o seu novo equipo marcouno o 11 de xaneiro de 2015, abrindo o marcador nunha derrota 1-2 contra o AEL Limassol.[7] O 24 de maio de 2015, APOEL asegurou a súa terceira liga chipriota consecutiva logo de derrotar o Ermis Aradippou 4-2, e Riise celebrou o seu segundo trofeo dun campionato de liga da súa carreira, 15 anos despois de gañar a liga francesa co Mónaco.[8]

Delhi Dynamos editar

O 24 de agosto de 2015, entrou na Superliga da India, da man do Delhi Dynamos.[9]

Aalesund editar

O de 11 de marzo de 2016 Riise anunciou na súa páxina de Twitter a súa firma co Aalesunds FK, no que sería a volta ao club no que empezara a súa carreira pero non chegou a xogar co equipo ao anunciar a súa retirada temporal do fútbol profesional por unha perda de motivación.

Chennaiyin F.C. editar

O 18 de agosto de 2016, Riise volveu do seu retiro para xogar co Chennaiyin FC.[10]

Carreira internacional editar

Riise debutou coa seleción de Noruega nun encontro contra Islandia o 31 de xaneiro de 2000. O seu primeiro gol foi contra Turquía nun partido amigable o 23 de febreiro de 2000, no que o seu equipo venceu por 2-0. Participou na Eurocopa de 2000 pero como reserva, sen chegar a xogar. O 15 de agosto de 2012 xogou o seu 104.º[11] partido coa selección norueguesa igualando a marca de Thorbjørn Svenssen como xogador máis convocado. Antes de retirarse do fútbol internacional en 2013 superou a marca con 110 encontros.

Notas editar

  1. "Liverpool sink Bayern" BBC, 24 de agosto de 2001.
  2. Reds pay tribute to exiting Riise BBC, 19 de xuño de 2008
  3. "Riise Signs" fulhamfc.com, 13 de xullo de 2011
  4. "B H Riise Signs" fulhamfc.com, 22 de xullo de 2009].
  5. "Σύναψη Συμφωνίας με John Anre Riise" Arquivado 03 de setembro de 2014 en Wayback Machine. apoelfc.com (en grego), 1 de setembro de 2014
  6. Α.Ο. ΑΓΙΑΣ ΝΑΠΑΣ 1-3 ΑΠΟΕΛ[A.O. Agia Napa 1-3 APOEL] Arquivado 27 de setembro de 2014 en Wayback Machine. apoelfc.com (en grego).
  7. "ΑΕΛ 2-1 ΑΠΟΕΛ" Arquivado 12 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine. apoelfc.com (en grego).
  8. "APOEL secure league to wrap up Cypriot double" UEFA.com, 24 de maio de 2015.
  9. "Delhi Dynamos confirm the signing of John Arne Riise for the Indian Super League". sportskeeda.com. 25 August 2015
  10. Chennaiyin FC sign John Arne Riise as marquee player The Indian Express, 18 de agosto de 2016
  11. "– Ikke lett å oppnå 104 landskamper" NRK, 15 de agosto de 2012