Aalesunds Fotballklubb

O Aalesunds Fotballklubb é un club de fútbol noruegués da cidade de Ålesund que xoga na máxima competición norueguesa. Fundouse o 25 de xuño de 1914 e mantén equipos masculinos e femininos profesionais e de afeccionados. Ata a tempada 2005 xogaba no estadio Kråmyra e desde aquela no Color Line con capacidade para 11 000 espectadores. No ano 2009 o club gañou a Copa Norueguesa por primeira vez na súa historia, o que lle deu o pase para a UEFA Europa League. O Aalesunds é un histórico do fútbol noruegués anterior á segunda guerra mundial pero despois quedour relegado á segunda ou mesmo terceira división, no ano 2003 subiu por vez primeira á máxima competición e desde o 2007 xoga ininterrompidamente nesa categoría.

Cadro de xogadores editar

A 26 de maio de 2012 os xogadores eran:[1]

Posto País Xogador
1 P   Ole-Christian Rørvik
3 DF   Edvard Skagestad
4 DF   Jonathan Tollås
7 C   Jason Morrison
8 C   Fredrik Carlsen
9 DI   Sander Post
10 C   Peter Orry Larsen
11 DI   Tremaine Stewart
13 P   Sten Grytebust
14 C   Leke James
15 DF   Daniel Arnefjord
16 DF   Hugues Wembangomo
Posto País Xogador
17 C   Demar Phillips
18 C   Christian Myklebust
22 DF   Jo Nymo Matland
23 C   Fredrik Ulvestad
24 P   Mathias Rasmussen
25 C   Lars Fuhre
27 DF   Enar Jääger
29 C   Adam Sellami
31 C   Michael Barrantes
36 C   Thomas Martinussen
37 DI   Torbjørn Grytten

Notas editar

  1. "A-laget spillere Aalesund". Aalesunds FK. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 26 de maio de 2012.