Eliteserien
A Eliteserien é a máxima competición de clubs profesionais de fútbol en Noruega.
Eliteserien | |
---|---|
Fundación | 1937 |
Rexión | Noruega |
Equipos | 16 |
Actual campión | Molde FK |
Máis laureado | Rosenborg BK (22 títulos) |
Sitio web | www.fotball.no |
A liga norueguesa recibiu varias denominacións: Norgesserien (1937-1948), Hovedserien (1948-1962), 1. divisjon (1963-1989), Tippeligaen (1990-2017) e finalmente Eliteserien.
A Eliteserien é a mellor liga de Escandinavia, segundo a clasificación da UEFA.
Sistema de competición editar
A competición comeza en marzo e termina en novembro. Son 16 os equipos que participan cada ano, enfrontándose todos contra todos en dúas ocasións, cada unha no campo de cada equipo. Unha vitoria nun partido prémiase con tres puntos, e un empate cun.
O campión da Eliteserien, clasifícase para a segunda fase previa da Liga de Campións da UEFA, e o segundo e terceiro para a UEFA Europa League. O campión da Copa de Noruega tamén se clasifica, ou o subcampión no caso de que o campión xa estea clasificado a devanditas copas. Ademais os catro mellores equipos clasifican a Royal League de Escandinavia.
Equipos participantes 2012 editar
Palmarés editar
Club | Títulos |
---|---|
Rosenborg BK | 22 |
Fredrikstad FK | 9 |
Viking FK | 8 |
Lillestrøm FK | 5 |
Vålerenga IF | 5 |
Larvik Turn | 3 |
SK Brann | 3 |
FC Lyn Oslo | 2 |
IK Start | 2 |
IF Fram Larvik | 1 |
SK Freidig | 1 |
Moss FK | 1 |
Skeid Football | 1 |
Strømsgodset IF | 1 |
Stabæk IF | 1 |
Molde FK | 1 |