Florianópolis

Coordenadas: 27°34′18″S 48°37′32″O / -27.5717, -48.6256

Florianópolis é a capital do estado de Santa Catarina, no sur do Brasil. Ocupa toda a illa de Santa Catarina e tamén unha pequena parte do continente. A área do municipio, comprendendo a parte continental e a illa, ocupa 436,5 km2 , e tiña unha poboación de 341.781 habitantes segundo o Censo 2000. Ao contrario que noutros estados brasileiros, Florianópolis non é a cidade con maior poboación do estado, senón a segunda.

Florianópolis
Bandeira de Florianópolis.svg
Brasao florianopolis.gif
Florianópolis Collage.png
Vista da cidade
Localización
Florianópolis en Brasil
Florianópolis
Florianópolis
PaísFlag of Brazil.svg Brasil
RexiónSur
EstadoBandeira de Santa Catarina.svg Santa Catarina
Xeografía
Altitude3 msnm
Superficie433,32 km²
Demografía
Poboación421.203 hab. (2010)
Densidade970 hab/km²
Outros datos
Código postal88000-000
AlcaldeCesar Souza Junior (Partido da Social Democracia Brasileira
Páxina oficial

O concello divídese nos distritos de: Sede, Barra da Lagoa, Cachoeira do Bom Jesus, Campeche, Canasvieiras, Ingleses do Rio Vermelho, Lagoa da Conceição, Pântano do Sul, Ratones, Ribeirão da Ilha, Santo Antônio de Lisboa e São João do Rio Vermelho.

HistoriaEditar

Os primeiros habitantes da rexión de Florianópolis foron os indios tupis-guaranís. Practicaban a agricultura, mais tiñan na pesca e colleita de moluscos as actividades básicas para a súa subsistencia. Os indicios da súa presenza atópanse nos sambaquis e sitios arqueolóxicos. Os rexistros máis antigos datan de 4800 a.C.

Xa no inicio do século XVI, había embarcacións que se abastecían de auga e víveres. En 1675 Francisco Dias Velho dá inicio ó poboación da illa con europeos coa fundación da Nosa Señora do Desterro (actual Florianópolis) - segundo núcleo de poboamento máis antigo do Estado, aínda que formaba parte da vila de Laguna - desempeñando un importante papel político na colonización da rexión. A partir desta data intensifícase o fluxo de paulistas e vicentistas que ocupan outros puntos do litoral. O 23 de marzo de 1726, dáselle a categoría de vila, logo do seu separación de Laguna.

A illa de Santa Catarina, pola súa posición estratéxica como vangarda dos dominios portugueses no Brasil meridional, pasou a ser ocupada militarmente a partir de 1737, cando comezan a ser erixidas as fortalezas necesarias para a defensa do seu territorio. Ese feito resultou ser un paso importante na ocupación da illa. Coa ocupación, prosperaron a agricultura e a industria manufatureira de algodón e liño, permanecendo, aínda hoxe, físgoas dese pasado no que se refire á confección artesanal da fariña de mandioca e das rendas de bilro (pequena peza de madeira). Nesta época, mediados do século XVIII, verifícase a implantación de frotas para a pesca da balea, en Armação da Piedade (Governador Celso Ramos) e Armação do Pantano do Sul (Florianópolis), comercializando a Coroa o aceite fóra de Santa Catarina, non tendo beneficio económico a rexión.

No século XIX, Desterro foi elevada á categoría de cidade; capital da Provincia de Santa Catarina en 1823, inaugurou un período de prosperidade, co investimento de recursos federais. Proxectouse a mellora do porto e a construción de edificios públicos, entre outras obras urbanas. A modernización política e a organización de actividades culturais tamén destacaron, marcando inclusive os preparativos para a recepción do Emperador Don Pedro II (1845).

Coa chegada da República (1889), as resistencias locais ó novo goberno provocaron un distanciamento do goberno central e a diminuición dos seus investimentos. A vitoria das forzas comandadas polo Mariscal Floriano Peixoto determinaron en 1894 o cambio do nome da cidade a Florianópolis, en homenaxe a este oficial. A cidade, ó entrar no século XX, pasou por profundas transformacións, sendo a construción civil un dos seus principais soportes económicos. A implantación das redes básicas de enerxía eléctrica e do sistema de fornecemento de auga e da rede de sumidoiros sumáronse á construción da Ponte Governador Hercílio Luz, como marcos do proceso de desenvolvemento urbano.

EconomíaEditar

 
Lagoa da Conceição, grande laguna natural de Florianópolis.

Florianópolis ten a súa base económica no comercio, servizos públicos, industria de transformación e turismo. Recentemente a industria téxtil e a informática tamén colleron pulo. En canto ao turismo, nas súas praias e nas localidades que conservan o seu sabor antigo, como o Ribeirão da Ilha, a Lagoa da Conceição, Santo Antônio de Lisboa e o propio centro histórico da cidade de Florianópolis.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar