Abrir o menú principal

Coordenadas: 5°49′44″S 35°12′50″O / -5.82889, -35.21389

Arena das Dunas
Natal, Brazil - Arena das Dunas.jpg
Datos
LocalizaciónBandeira do Rio Grande do Norte.svg Natal, RN
Flag of Brazil.svg Brasil
Construción
Construción2011 - 2014
Inauguración22 de xaneiro de 2014
ArquitectoPopulous
CustoR$ 423 millóns
Estadio
SuperficieHerba
Dimensións105 × 68
Capacidade42.086
Asist. máxima19.449 (30/4 de 2014)
América-RN - Globo FC
PropietarioOAS Engenharia
Goberno de RN
LocalíaAmérica Futebol Clube
ABC Futebol Clube
Eventos
Mundial de Fútbol Brasil 2014

O Arena das Dunas é un estadio multiuso localizado na cidade de Natal, no estado brasileiro do Río Grande do Norte. Alén de partidos de fútbol, o complexo ten a capacidade de aloxar eventos de gran porte, exposicións e feiras e mercados. A estrutura foi inaugurada o 22 de xaneiro de 2014,[1] despois de 29 meses de obras, no lugar do Estádio João Machado.[2] O recinto é xestionado polo grupo OAS Arenas, sendo copropietario o Goberno do Estado de Río Grande do Norte.

Localizado no barrio de Lagoa Nova, entre a BR-101 e a Avenida Prudente de Morais, dúas importantes arterias viarias da cidade, o estadio foi posible grazas a unha colaboración público-privada entre a OAS Engenharia e o goberno do estado, sendo a súa principal finalidade a de sustentar a candidatura da capital para a Copa do Mundo FIFA de 2014, na que albergou catro partidos. Posteriormente proxectada para ter uso variado, o complexo ten capacidade para 31.375 espectadores, aínda que durante a Copa do Mundo colocáronse bancadas provisionais que ampliaron a capacidade até os 42.086 asentos.

A arquitectura do estadio, inspirada nas dunas do Río Grande do Norte, foi proxectada pola empresa estadounidense Populous.[3]

NotasEditar