Oscar dos Santos Emboaba Júnior
Oscar dos Santos Emboaba Júnior, máis coñecido como Oscar, nado en Santa Bárbara d'Oeste, São Paulo, o 9 de setembro de 1991, é un futbolista internacional brasileiro que xoga como mediapunta ou extremo para o Chelsea da Premier League.
Oscar | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome completo | Oscar dos Santos Emboaba Júnior | ||
Nacemento | 9 de setembro de 1991 (28 anos) | ||
Americana | |||
Nacionalidade | Brasil | ||
Altura | 1,80 m | ||
Posición | Mediapunta / Extremo | ||
Información de club | |||
Club actual | Shanghai SIPG FC | ||
Número | 8 | ||
Carreira xuvenil | |||
1998–2004 | União Barbarense | ||
2004–2009 | São Paulo | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs† | (Gls)† |
2008–2010 | São Paulo | 11 | (0) |
2010–2012 | Internacional | 36 | (11) |
2012– | Chelsea | 67 | (12) |
Selección nacional | |||
2009–2011 | Brasil Sub-20 | 25 | (6) |
2012 | Brasil Sub-23 | 6 | (1) |
2011– | Brasil | 35 | (10) |
* Partidos e goles só en liga doméstica. |
TraxectoriaEditar
Iniciou a súa carreira no São Paulo, onde conquistou o Campionato Brasileiro de 2008. En 2009, foi ao tribunal contra o club debido a irregularidades no seu contrato. Após unha serie de controversias, deixou o club e foi para o Internacional, onde pasou os seguintes tres anos da súa carreira. Olladores do Chelsea levárono para o club inglés en 2012. O seu estilo de xogo e habilidade fan que teña sido comparado co seu compañeiro de selección Kaká[1][2][3] e o alemán Mesut Özil.[4]
A nivel internacional actuou coa selección olímpica do Brasil, nas Olimpíadas de Londres de 2012 ademais de na selección absoluta. O 20 de agosto de 2011, marcou tres goles na final da Copa do Mundo sub-20 contra Portugal, na vitoria con remontada por 3 a 2,[5] converténdose no primeiro xogador en marcar un hat-trick na final desta competición.[6] Máis tarde, describiría as súas actuacións no torneo como unha porta de entrada para o equipo senior.[7] Foi convocado por primeira vez para equipo absoluto contra Arxentina. O seu primeiro gol tamén foi contra a albiceleste, nunha derrota por 4 a 3 en xuño de 2012. Ese mesmo ano foi elixido no posto 37º dos 100 mellores futbolistas do mundo polo xornal The Guardian.[8]
NotasEditar
- ↑ goal.com (ed.). "Chelsea target Oscar is living up to Kaka comparisons". Consultado o 30 de setembro de 2012.
- ↑ Mirror (ed.). "The new Kaka? What Premier League fans can expect from Oscar by South American football expert Ed Malyon". Consultado o 25 de xullo de 2012.
- ↑ Here is the City (ed.). "Chelsea’s Oscar – ‘the new Kaka’?". Consultado o 20 de setembro de 2012.
- ↑ The Telegraph (ed.). "Oscar represents a new emphasis on youth from Chelsea and is tipped to be their Mesut Ozil". Consultado o 30 de marzo de 2012.
- ↑ FIFA.com (ed.). "Brazil 3 - 2 Portugal". Consultado o 21 de agosto de 2011.
- ↑ FIFA.com (ed.). "Vem a hora, a vem o Oscar". Consultado o 22 de agosto de 2011.
- ↑ "Oscar extols Colombia springboard". Consultado o 22 de outubro de 2012.
- ↑ The Guardian (ed.). "The world's best footballers: the top 100 list". Consultado o 22 de outubro de 2012.