Abrir o menú principal

Olinda é unha cidade do estado brasileiro de Pernambuco. A súa poboación estimada o 2007 era 391 433 habitantes. A súa superficie total é 40,83 km².

Olinda
Bandeira de Olinda.png
Brasão de Olinda PE.png
Where is Recife Brasil.PNG
Mapa da cidade en Brasil
Localización
08°00′32″S 34°51′18″O / -8.00889, -34.85500
PaísFlag of Brazil.svg Brasil
EstadoPernambuco
MesorregiãoMetropolitana do Recife
Xeografía
Altitude16 m. msnm
Superficie41´681 km²
Demografía
Poboación390.711 estimativa IBGE/2017[1]
Densidade9.375´28 hab./km²
XentilicioOlindense
Outros datos
Fundación12 de marzo de 1535
Código postal53100-xxx
AlcaldeLupércio Carlos do Nascimento (SD) (2017 – 2020)
www.olinda.pe.gov.br, www.camaraolinda.pe.gov.br

O nome da cidade de Olinda, segundo se cre, derivou da frase Ó linda localización para construír unha cidade, por causa da beleza da paisaxe que se enxerga desde o outeiro onde se fundou no ano 1535 por Duarte Coelho Pereira. Foi elevada a vila o 12 de marzo de 1537. Olinda era sede da Capitanía de Pernambuco, pero foi incendiada no século XVII polos holandeses, que mudaron a sede para a cidade do Recife. Cando os holandeses foron expulsados o 1654, volveu ser capital. O 1837, perdeu o título de capital de Pernambuco novamente para Recife.

Olinda. Ao fondo, Recife.
Olinda.

Olinda fai parte da Rexión Metropolitana do Recife, e localízase a 7 Km desta. Limita ao norte coa cidade de Paulista, ao sur e oeste co Recife, e a este co Océano Atlántico.

Destacase pola súa beleza natural, e tamén é un dos máis importantes centros culturais e históricos do Brasil, conservando casas e igrexas do período colonial. Foi declarada, en 1982, Patrimonio Histórico e Cultural da Humanidade pola UNESCO.

Centro histórico da cidade de Olinda
Centro Histórico de Olinda - Pernambuco.jpg
Vista de Olinda.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísFlag of Brazil.svg Brasil
Localización8°00′32″S 34°51′18″O / -8.00889, -34.85500
TipoCultural
CriteriosII, IV
Inscrición1982 (6ª sesión)
Rexión da UNESCOLatino América e o Caribe
Identificador189

O seu Carnaval tamén é coñecido en todo o Brasil e no exterior. Diferente do sur do Brasil onde predomina o samba, os bailes carnavalescos son animados polo ritmo acelerado e a danza do frevo, co seus pasos acrobáticos. Hai tamén o desfile dos maracatus, manifestación folclórica que mestura elementos africanos, indíxenas e europeos na danza, na percusión e nas vestimentas dos participantes.

NotasEditar

  1. "Estimativas da população 2017". 30 de agosto de 2017.  Parámetro descoñecido |acessodata= ignorado (Axuda); Parámetro descoñecido |publicado= ignorado (suxírese |publicación=) (Axuda)

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar