Cuiabá

Cuiabá
Bandeira de Cuiabá.svg Brasão de Cuiabá.jpg
Estado Mato Grosso
Superficie 3.538,2 km²
Poboación
Densidade
575 480 (2014)
148,9 hab./km²
Latitude 15° 35' S
Lonxitude 56º 06' O
Altitude 165 m sobre o nivel do mar
Distancia de Brasilia 1133 Km
Código postal (CEP) 78000-000
Administración local: Prefeitura Municipal de Cuiabá - Palácio Alencastro, 7 andar - Centro
Internet: http://www.cuiaba.mt.gov.br
Alcalde (Prefeito) Mauro Mendes
Localización no Brasil
Cuiaba in Brazil.png

Cuiabá é a capital do Estado brasileiro de Mato Grosso. Forma unha conurbación co veciño municipio de Várzea Grande. Está localizada a 1133 km de Brasilia e 1462 km de Porto Velho, sendo importante punto de pasaxe entre o sueste do Brasil e a rexión Amazónica.

A orixe do seu nome é a palabra indíxena Ikuiapá. Ikuia significa "arpón"; significa "lugar". Ou sexa, o lugar dende o que se pesca con arpón.

RelevoEditar

O cadro xeomorfoloxico do municipio está, en gran parte, representado pola Chapada dos Guimarães, unha gran meseta non moi distante (uns 60 km) do centro da cidade. Pero tamén aparecen no relevo o Planalto da Casca e a Depresión Cuiabana. Predominan as pequenas altitudes e o relevo case plano. Na cidade, as altitudes varían entre os 146 e os 250 metros.

ClimaEditar

O clima é tropical quente e subhúmido. A media anual chuvias é de 1.750 mm, con intensidade máxima en decembro, xaneiro e febreiro. A temperatura máxima, nos meses mais quentes, fica próximo ós 43oC. A mínima varía entre 12 e 14 °C. A temperatura media é de 24 °C. A temperatura mínima rexistrada chegou ó 0 °C.

Localización estratéxicaEditar

Cuiabá é cercada por tres grandes ecosistemas do mundo: a Amazonia, o Cerrado Brasileiro e o Pantanal. Cun clima moi quente, o lugar está ao norte do Pantanal, ao lado da Chapada dos Guimarães e tamén é considerada a porta de entrada da Foresta Amazónica.

Cuiabá está localizada no Centro Xeodésico da América do Sur. A Gran Cuiabá, formada coa veciña cidade de Várzea Grande, é o portón de entrada non só do Pantanal, pero tamén para Águas Quentes, Chapada dos Guimarães, Vila Bela da Santíssima Trindade e moitas outras rexións do estado. Cuiabá e Várzea Grande son cidades-irmás, unidas polo río Cuiabá.

EconomíaEditar

 
Catedral

A economía de Cuiabá, hoxe, está centralizada no comercio e na industria. O sector industrial é representado, basicamente, pola agroindustria. Cun distrito industrial que ten infra-estrutura necesaria, a capital atraeu empresarios de varias rexións do país.

Na agricultura cultívanse lavouras de subsistencia e hortifrutigranxeiros. Nos servizos, destaca o sempre crecente mercado do turismo. A rexión da Chapada dos Guimarães, por exemplo, está a 60 km do centro da cidade.

Véxase taménEditar