Río Grande do Norte

estado federado do Brasil
(Redirección desde «Rio Grande do Norte»)

Río Grande do Norte é un estado brasileiro localizado na Rexión Nordeste. Limita ao norte e leste con Océano Atlántico, ao sur con Paraíba e ao oeste con Ceará. Ocupa unha superficie de 53.306,80 km². A súa capital é Natal. A súa superficie total é un pouco maior que as da Costa Rica e da Croacia.

Río Grande do Norte
Rio Grande do Norte
Bandeira do Río Grande do Norte
Escudo do Río Grande do Norte
BandeiraEscudo
Rio Grande do Norte in Brazil.svg
Himno: Hino do Rio Grande do Norte
EstadoFlag of Brazil.svg Brasil
CapitalNatal
 • Poboación817 590 (2011)
Lingua oficialPortugués
Forma de gobernoEstado
Gobernador
Rosalba Ciarlini (DEM)
Fundación17 de novembro de 1889
SuperficiePosto 22º
 • Total52 796 km²
 • % augan/d
Fronteirasn/d km
Costas410 km
PoboaciónPosto 10º
 • Total3.228.198 (2012) hab.
 • Densidade71 hab./km²
XentilicioPotiguar
Fuso horarioBRT (UTC-3)
 • Horario de veránBRST (UTC-2)
Dominio de Internet.br
Código ISOBR-RN
Estados do Brasil

XeografíaEditar

Máis de 80% do seu territorio presenta unha altitude menor que 300 metros. O seu clima é tropical, pero cunha distinción: na franxa litoral leste é máis chuvioso, e no interior, despois do Planalto da Borborema, é semiárido. Moitos ríos do estado non son perennes, e desaparecen cando dos meses máis secos. Os ríos principais do estado son: Mossoró, Apodi, Assu, Piranhas e Potengi. A capital do estado, Natal, está situada xunto á foz do río Potengi.

EconomíaEditar

Os principais produtos do estado son o petróleo (é o segundo estado brasileiro en produción total) e o sal mariño. Na agropecuaria, destácase a fruticultura irrigada na rexión da Chapada do Apodi, principalmente para exportación. Xa a gandería abastece parcialmente o consumo local.

Na industria, destácase o parque téxtil e a extracción de petróleo cru e gas natural (o estado non ten refinerías). Ata recentemente, pola súa proximidade coa Liña do Ecuador, o estado ten sido peza importante no Programa Espacial Brasileiro. Alí está a base de lanzamento de foguetes meteorolóxicos da Barreira do Inferno, que xa lanzou máis de 2 mil foguetes e globos sonda dende 1965.

TurismoEditar

O turismo é unha fonte de renda importante principalmente para a capital do estado, pero tamén para outros municipios do litoral, como São Miguel do Gostoso. O bo tempo atrae turistas brasileiros e estranxeiros ás súas praias. Os paseos de bugre (un automóbil feito co chasis e motor do VW escarabello, rodas largas e sen teito) nas dunas de Genipabú xa son coñecidos ata mesmo fóra do Brasil.

Pero todo isto non é suficiente para garantir a mellora da renda nos municipios máis pobres do interior do estado, que sofren coas secas periódicas, que duran meses seguidos e provocan éxodo rural.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar