Paraíba
A Paraíba é un estado brasileiro situado a leste da Rexión Nordeste. Limita ao norte co Rio Grande do Norte, ao leste co océano Atlántico, ao sur con Pernambuco, e ao oeste con Ceará. Ten unha superficie de 56.439,8 km².
Paraíba | |||
---|---|---|---|
| |||
Himno: Hino da Paraíba | |||
Estado | ![]() | ||
Capital | João Pessoa | ||
• Poboación | 742.478 (2012) | ||
Lingua oficial | Portugués | ||
Forma de goberno | Estado | ||
Gobernador | Ricardo Coutinho (PSB) | ||
Fundación | 1889 | ||
Superficie | Posto 3º | ||
• Total | 1.247.689 km² | ||
• % auga | n/d | ||
Fronteiras | n/d km | ||
Costas | 562 km | ||
Poboación | Posto 13º | ||
• Total | 3.815.171 (2012) hab. | ||
• Densidade | 67 hab./km² | ||
Xentilicio | Paraibano | ||
Fuso horario | BRT (UTC-3) | ||
• Horario de verán | BRST (UTC-2) | ||
Dominio de Internet | .br | ||
Código ISO | BR-PB | ||
Estados do Brasil | |||
A capital é a cidade de João Pessoa. Outras cidades importantes son Campina Grande, Santa Rita, Patos e Souza.
XeografíaEditar
Uns 66% do territorio do estado encóntranse entre os 300 e os 900 metros de altitude. O punto máis alto do estado é o Pico do Jabre, que ten unha altitude de 1.197 msnm.
RelevoEditar
Grande parte do territorio do estado é constituída por rochas resistentes e moi antigas, do Precámbrico, con máis de 2,5 mil millóns de anos. Elas forman un complexo cristalino que favorece a ocorrencia de minerais metálicos, non metálicos e xemas. Os sitios arqueolóxicos e paleontolóxicos tamén resultan da grande idade xeolóxica destes terreos.
- no litoral, temos a planicie costeira, formada por praias e terras areosas.
- no Agreste temos depresións de relevo e tamén o Planalto de Borborema, con algunhas serras.
- no sertão temos depresións de relevo.
RíosEditar
Os ríos do estado corren en dúas direccións:
- os ríos litoráneos nacen no Planalto da Borborema e seguen para o leste ata o océano Atlántico. Os principais son o Paraíba (co 360 km de extensión, é o maior do estado), o Curimataú e o Mamanguape. Son ríos perennes, que non desaparecen durante os meses secos.
- os ríos sertanexos seguen para o estado do Rio Grande do Norte. O principal é o Río Piranhas. Son en xeral ríos temporáneos, que desaparecen na estación seca.
ClimaEditar
Tropical húmido no litoral, con chuvias máis abundantes. Despois do Planalto da Borborema (que funciona como unha barreira aos ventos húmidos) o clima tornase semi-árido, con secas que poden durar case un ano.
VexetaciónEditar
O estado presenta apenas uns pequenos remanecentes da foresta tropical orixinal, que existía cando os portugueses arribaron. Outro ecosistema moi modificado é o mangleiral costeiro, que nalgunhas zonas foi aterrado para a ocupación humana.
A vexetación nativa do Planalto da Borborema e do sertão é a caatinga, formada por árbores e arbustos resistentes ás secas prolongadas, que perden as follas para conservar a humidade.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Paraíba |