O sertão do nordeste ou nordestino, tamén coñecido como sertão, é unha das catro subrexións da Rexión Nordeste do Brasil, a maior das cales en termos de área territorial. Esténdese polos estados de Alagoas, Baía, Ceará, Paraíba, Pernambuco, Piauí, Rio Grande do Norte e Sergipe.

Modelo:Xeografía políticaSertão
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 8°45′50″S 38°57′00″O / -8.764, -38.95Coordenadas: 8°45′50″S 38°57′00″O / -8.764, -38.95
Xeografía
Comparte fronteira con
Agreste (pt) Traducir
Meio-Norte (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

 2  Sertão, en cor marrón. As outras subrexións do nordeste:  1  Meio norte  3  Agreste  4  Zona de madeira

Climatoloxía editar

A diferenza doutros semidesertos do mundo, o sertão non bordea un gran deserto, senón zonas húmidas. Isto explica as súas peculiaridades biomáticas e a súa atipicidade demográfica.[1] Comprende áreas dominadas por un clima tropical semiárido (cálido e seco),[2] que presenta altas temperaturas medias, entre os 25 ºC e 30 °C (superior a 42 ºC nos días máis calorosos só no Raso da Catarina en Baía e no centro-sur de Piauí) e dúas estacións ben definidas: unha chuviosa e outra seca. As choivas concéntranse en só tres ou catro meses ao ano, e no Sertão as precipitacións alcanzan unha media de 750 milímetros anuais, con algunhas zonas con menos de 500 milímetros anuais.[2]

Etimoloxía editar

Hai dúas versións para explicar a orixe da palabra Sertão durante a colonización do Brasil polos portugueses. O primeiro argumenta que cando abandonaron a costa brasileira e se desprazaron cara ao interior, notaron unha gran diferenza climática nesta rexión semiárida. Por iso lle chamaban “deserto” ou "desertão", provocado polo clima cálido e seco. Logo, este nome sería entendido como "de sertão", quedando só a palabra Sertão. A segunda versión, máis fiábel, describe a palabra como derivada da palabra latina sertanus, que significa zona deserta ou deshabitada, que á súa vez deriva de sertum, que significa bosque. [Cómpre referencia]

Galegos no Sertão editar

A maioría de galegos emigraron ás cidades de Río de Xaneiro e São Paulo no século XIX, sendo un dos fluxos migratorios máis importantes da historia do país.[3] Mesmo sendo minoritaria no conxunto do Brasil, tamén houbo migración galega a zonas rurais e do Sertão. Porén, no propio Sertão houbo un éxodo interno, provocado polas condicións climatolóxicas semiáridas. Sinaláronse coincidencias na música e a literatura dese sentimento de saudade, con referencias á terra de orixe, e outras coincidencias como a tradición dos repentistas e regueifeiros en ambas tradicións culturais, ou versións de danzas estendidas por moitos países do mundo, como as polcas schottische que deron lugar ao forró.[4]

No nordeste, a xente de cabelo claro é chamada galega,[5][6][7] mesmo sen ser descendentes reais, xa que un gran número de galegos se asentou nesa rexión a comezos do século XX.

O Nadal no Sertão editar

Na comarca do Grande Sertão Veredas existe unha forte tradición da Folia dos Três Reis Magos, que ten lugar todos os anos a principios de ano: os festeiros van de casa en casa e sérvenlles pan de queixo feito ao forno do país, pinga e café. Unha gran festa na casa dun dos festeiros ou devotos conclúe a celebración.[1]

Notas

  1. 1,0 1,1 "Brazil; where". unicef.org. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2016. Consultado o 27 de setembro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 I. BOLIGIAN, Levon; II. MARTINEZ, Rogério; III. GARCIA, Wanessa; IV. Alves, Andressa; Geografia, Espaço e Vivência, 6ª série, cap.10, páx. 85, "O Agreste e o Sertão", 2005.
  3. "Galegos no Brasil". La Voz de Galicia. 16 de xuño de 2019. Consultado o 4 de abril de 2022. 
  4. Vicente, Denis (2014-12-17). "Galícia e Nordeste: Uma comparação de identidade através da música". Quilombo Noroeste (en portugués). Consultado o 2023-09-27. 
  5. aulete.com.br (ed.). "Galego no dicionario en liña Aulete". Consultado o 4 de maio de 2022. 
  6. dicionario.priberam.org (ed.). "Galego no dicionario en liña Priberam". Consultado o 4 de maio de 2022. 
  7. michaelis.uol.com.br (ed.). "Galego no dicionario en liña Michaelis". Consultado o 4 de maio de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.