Galegos no Brasil

Os galegos no Brasil son os inmigrantes galegos, e os seus descendentes, que se asentaron no Brasil. No ano 2016, eran 47 753 habitantes,[1] concentrados principalmente nas cidades de Río de Xaneiro e São Paulo.[2]

Pasajes gratuitos para el Imperio del Brasil. Anuncio publicado en El Danzante (A Coruña) en 1889.

Descrición editar

A inmigración galega no Brasil foi un dos fluxos migratorios máis importantes da historia do país, constituíndo a maioría dos inmigrantes españois nese país.[2] Os galegos emigraron entre os séculos XIX e XX, fuxindo da fame, a falta de traballo, as presións políticas e na procura de progreso social, sendo a segunda maior comunidade de galegos no estranxeiro, só por detrás da Arxentina.

América do Sur ten o meirande número de descendentes de galegos fóra de España. Varios millóns de persoas en América do Sur son descendentes de inmigrantes galegos, a maioría na Arxentina, Venezuela e o Brasil. No Brasil, especialmente no nordeste, a xente cunha complexión delgada, de ollos azuis ou claros e de pelo claro son chamados galegos,[3][4][5] mesmo sen ser descendentes reais, xa que un gran número de galegos se asentou nesa rexión a comezos do século XX.

Censo electoral de galegos residentes no Brasil
por provincia de inscrición, a 1/9/2023 [6]
Provincia da Coruña 10.001
Provincia de Lugo 1.958
Provincia de Ourense 10.396
Provincia de Pontevedra 22.683
Total de galegos no Brasil 45.038

Notas editar

  1. Míguez, Marcos (15 de marzo de 2017). "Unos 8.000 gallegos emigraron en el 2016". Consultado o 15 de marzo de 2017. 
  2. 2,0 2,1 "Galegos no Brasil". La Voz de Galicia. 16 de xuño de 2019. Consultado o 4 de abril de 2022. 
  3. aulete.com.br (ed.). "Galego no dicionario en liña Aulete". Consultado o 4 de maio de 2022. 
  4. dicionario.priberam.org (ed.). "Galego no dicionario en liña Priberam". Consultado o 4 de maio de 2022. 
  5. michaelis.uol.com.br (ed.). "Galego no dicionario en liña Michaelis". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2021. Consultado o 4 de maio de 2022. 
  6. Instituto Nacional de Estadística

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Leal Braga, Celia (1992). "La presencia gallega en Brasil". Galicia & América, cinco siglos de historia (en castelán). Consello da Cultura Galega. Xunta de Galicia. pp. 178–184. ISBN 84-87172-70-9.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar