Sal mariño
O sal mariño é o sal extraído da auga mariña mediante evaporación en lugares denominados salinas, fronte ó sal mineral procedente da extracción de minas. As salinas son os centros por excelencia de produción do sal mariño.
Composición
editarO sal mariño posúe diferentes composicións dependendo da procedencia da salina, por regra xeral ten un 86% de cloruro sódico (NaCl) e outros oligoelementos como poden ser calcio, magnesio e manganeso.
O sal mariño é obtido por un método apropiado de salinas en lugares cálidos, mentres que os lugares máis fríos necesitan empregar para a evaporación outros medios.
Usos
editarO sal mariño emprégase frecuentemente na elaboración de salgaduras de peixes, como pode ser o bacallau, os bocartes, as sardiñas etc. aínda que tamén de carnes.