Fuleco é a mascota do Mundial de Fútbol 2014 que se celebrou no Brasil. É un armadillo da especie Tolypeutes tricinctus nativa do nordés do Brasil e clasificada como especie vulnerable.

Adopción editar

A FIFA elixiu, entre 47 proxectos presentados por seis axencias de publicidade, a mascota en setembro de 2012.[1] O nome escolleuse por votación en internet, divulgándose os resultados no programa "Fantástico" da TV Globo o 26 de novembro de 2012. Votaron 1 700 000 persoas tanto no Brasil coma fóra e o nome gañador co 48% dos votos foi Fuleco (anagrama de fútbol e ecoloxía)[2] fronte a Zuzeco (31%) e Amijubi (21%).

Personaxe editar

Nado o 1 de xaneiro de 2000, Fuleco ten unha personalidade extravertida e alegre, cun carácter curioso que fai que lle guste a aventura, tamén é bromista e ás veces confunde aos seus amigos pechándose na súa propia coiraza asemellándose a unha pelota. Orgulloso de ser brasileiro apoia a conservación do medio ambiente e fomenta a cultura do deporte.

Notas editar

Véxase tamén editar