Andrés Guardado
José Andrés Guardado Hernández, nado en Guadalaxara (Xalisco) o 28 de setembro de 1986, é un futbolista mexicano. Xoga de centrocampista pola esquerda e o seu equipo actual é o Real Betis Balompié.
(2015) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) José Andrés Guardado Hernández 28 de setembro de 1986 (37 anos) Guadalaxara, México | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | México España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 172 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 69 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 20 de agosto de 2005 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lingua | Lingua castelá | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | México | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Fußball-Bundesliga | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista e extremo esquerdo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 18 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2019 | Copa Ouro da CONCACAF de 2019 (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2018 | Mundial de Fútbol Rusia 2018 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2014 | Mundial de Fútbol Brasil 2014 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2010 | Mundial de Fútbol Suráfrica 2010 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2006 | Mundial de Fútbol Alemaña 2006 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Traxectoria
editarAtlas de Guadalajara
editarCon só 7 anos de idade, Andrés Guardado instalouse nas ringleiras de Académicos, nas categorías inferiores do club Atlas de Guadalajara, onde foi ascendendo de divisións até chegar á Primeira División de México.
A regra posta pola Femexfut (Federación Mexicana de Fútbol) de aliñar a menores de 20 anos e 10 meses durante 765 minutos durante o torneo, deulle a oportunidade de ser debutado polo nese tempo técnico do Atlas, Daniel Guzmán Castañeda; nun partido contra o Pachuca CF o 20 de agosto de 2005. Adquiriu un posto de titular tres xornadas despois, que xa non deixaría durante 24 partidos consecutivos, nos cales só foi substituído en dúas ocasións. Logrou o seu primeiro gol no máximo circuíto no Estadio Universitario de Nuevo León, contra Tigres de la UANL o 15 de outubro de 2005.
Rapidamente comezou a destacar, e xa sendo un dos xogadores máis queridos pola bancada, existiron algunhas ofertas de clubs europeos. O mes de agosto de 2006, pouco despois do Mundial de 2006, o Real Madrid CF solicitou á directiva do Atlas os servizos do xogador, para reforzar ao seu equipo filial, o Castilla. A oferta do conxunto español era levarse o xogador a préstamo por arredor de 200.000 euros. A directiva vermellonegra rexeitou a oferta, alegando que o xogador só sairía do club en venda definitiva, e a isto continuaron algúns ofrecementos de equipos italianos, españois e portugueses.
Un dos seus partidos máis recordados foi durante o Torneo Apertura 2006, enfrontándose ao América no Estadio Jalisco, partido no que marcou dous goles, ambos tirando de media distancia, que lle deron ao seu equipo unha vitoria de 2-0.
O seu último partido cos raposos do Atlas xogouno nun amigábel de despedida fronte ao club arxentino CA San Lorenzo, partido no que Andrés xogou só 15 minutos, como solicitara o seu novo club. Ao rematar o primeiro tempo, a directiva vermellonegra entregou ao Rapaz marabilla o trofeo de Mérito Deportivo do Club Deportivo Atlas, máximo galardón do Atlas para un atlista.
Andrés Guardado xogou 64 partidos co Atlas de Guadalajara na Primeira División de México, nos que anotou un total de 6 goles.
Deportivo da Coruña
editarDespois dunha oferta do club holandés PSV Eindhoven, que consistía en mercar o 75% da carta do xogador e pagar unha taxa de transferencia de 4,5 millóns de euros; o 10 de xullo de 2007, cando se realizaba a Copa América 2007, e case se aseguraba o traspaso de Guardado ao equipo holandés, o Atlas chegou sorprendentemente a un acordo polo traspaso do xogador ao Deportivo da Coruña, por unha suma oficial de 7 millóns de euros, (5,25 millóns de euros polo 75% da carta do xogador, e un pago posterior de 1,75 millóns a pagar a prazos polo 25% restante), firmando un contrato de 5 anos co club galego. Xa en Galicia, foi presentado ante case 4.000 afeccionados deportivistas no estadio municipal de Riazor, o 24 de xullo de 2007.
Guardado utiliza o dorsal co número 18, que tamén utiliza normalmente na selección mexicana.
O primeiro gol do principiño co Deportivo chegou na terceira xornada do campionato español, o 16 de setembro de 2007, enfrontándose ao Real Betis. Aproveitándose dunha indecisión da defensa do Betis, nun saque de banda para abrir o marcador, ao máis puro estilo de "patada de Karate", como el o definiría posteriormente nunha entrevista, e ao final ser o tanto que lle daba ao Dépor o seu primeiro triunfo da temporada.
O 2 de febreiro de 2008, nun partido contra o Betis, Guardado sufriu unha rotura fibrilar no bíceps da perna dereita, razón pola cal tivo que abandonar o terreo de xogo aos 12 minutos de iniciarse o partido. Esa lesión déixao fóra dos terreos de xogo durante 6 semanas, reaparecendo no partido contra o Real Madrid, entrando en substitución no minuto 80 por Ángel Lafita. Dúas xornadas despois da súa reaparición e pouco despois de xogar un partido amigábel coa súa selección en Londres, sufriu unha nova rotura fibrilar que o deixa sen actividade durante o resto da temporada. Isto levou a que Miguel Ángel Lotina, adestrador do Deportivo, criticara ao corpo técnico da selección mexicana por poñer a Andrés a xogar os 90 minutos do partido.
Ao longo da temporada, e a pesar da mala primeira metade do campionato que o equipo galego sufriu, Andrés Guardado foi un dos xogadores máis destacados do club, sendo xa un dos xogadores máis queridos pola bancada deportivista.
O 27 de novembro de 2008 Guardado marcou o seu primeiro gol na Copa da UEFA, nun partido da fase de grupos entre o Deportivo e o Feyenoord Rotterdam, facéndose presente no marcador no minuto 55. Ese encontro rematou con vitoria branquiazul (3–0).
Valencia
editarO 28 de maio de 2012, Guardado firmou un contrato por catro anos co Valencia CF.[1]
Selección nacional
editarGuardado foi internacional coa Selección de fútbol de México en 29 ocasións. Foi convocado por Ricardo Lavolpe de xeito regular desde un partido amigable contra Hungría o 14 de decembro de 2005, onde debutou entrando ao campo ao minuto 69 por José Antonio Olvera. O seu primeiro gol co Tricolor fíxoo nun partido amigable contra Venezuela, o 28 de febreiro de 2007.
Gardado marcou un total de 7 goles coa súa selección.
Copa Mundial de Fútbol de 2006
editarFormou parte dos 23 xogadores da selección mexicana que viaxaron á Copa Mundial de Fútbol de 2006 en Alemaña, onde participou co número 18.
Aínda que foi considerado por FIFA como un dos candidatos a ser o mellor futbolista novo da competencia, non viu actividade durante a primeira rolda. Xogou como titular no partido contra Arxentina nos oitavos de final, e pesar dunha actuación sobresaliente, tivo que saír de cambio por lesión aos 66 minutos xogo, cando o marcador atopábase empatado 1-1. México acabou perdendo o partido por un marcador de 2-1 en tempo extra.
Copa de Ouro da CONCACAF 2007
editarEn xuño de 2007, tras consolidarse como titular coa súa selección en partidos amigables, foi convocado polo seleccionador mexicano Hugo Sánchez para xogar a Copa de Ouro. Ingresou como titular en todos os partidos, e na final contra os Estados Unidos, anotou o gol que poría en vantaxe a México no minuto 43. Sorpresivamente, o equipo das barras e as estrelas remontou o marcador no segundo tempo, e cun tanto de Landon Donovan ao 66, e Benny Feilhaber ao 73, proclamouse campión do torneo. Esta derrota, ademais do mal desempeño que tivo a selección ao longo do torneo, provocaron unha dura crítica sobre o director técnico Hugo Sánchez.
Copa América 2007
editarO seu primeiro partido como titular foi contra Chile, partido que México empatou 0-0. Cabe sinalar que non xogou os primeiros dous partidos que México disputou nese torneo, debido á lesión sufrida na final de Cópaa Ouro.
Xa en cuartos de final, ante Paraguai, provocou o penalti do 5-0; o partido terminaría cun 6-0 a favor de México, vitoria que o situou en semifinais. Con todo, a pesar do bo desempeño que tivo durante o torneo, México foi vencido en semifinais por Arxentina por un marcador de 3-0.
Tres días despois, no partido polo terceiro lugar contra Uruguai, Gardado entrou ao campo ao minuto 64 substituíndo a Fausto Pinto; 12 minutos despois, marca o seu primeiro e único gol no torneo, cun potente tiro de media distancia que entra de campanazo. O seu tanto foi o 3-1 definitivo que lle deu a México o terceiro lugar do certame.
Estatísticas
editarCampionato | Ano | Participacións | Goles |
---|---|---|---|
Copa Mundial de Fútbol | 2006 | 1 | 0 |
Copa de Ouro | 2007 | 6 | 1 |
Copa América | 2007 | 4 | 1 |
Eliminatorias Copa Mundial de Fútbol | 2008 | 7 | 3 |
Amigables | 2005/2008 | 20 | 2 |
Participacións en Copas Internacionais
editarTorneo | Ano | Sede | Resultado | PX | Goles |
---|---|---|---|---|---|
Copa Mundial de Fútbol | 2006 | Alemaña | 8° de final | 1 | 0 |
Copa de Ouro | 2008 | Estados Unidos | 2° lugar | 6 | 1 |
Copa América | 2007 | Venezuela | 3° lugar | 2 | 1 |
Copa Intertoto da UEFA | 2008 | Europa | gañador | 2 | 0 |
Copa Mundial de Fútbol | 2010 | Suráfrica | 8° de final | 3 | 0 |
Estatísticas
editarClub | Tempada | Liga | Copa do Rei | Comp. Europea | Total | ||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Part. | Goles | Part. | Goles | Part. | Goles | Part. | Goles | ||
Valencia | 2012–13 | 19 | 0 | – | – | – | – | 19 | 0 |
Deportivo da Coruña | 2011–12 | 33 | 11 | 0 | 0 | – | – | 33 | 11 |
2010–11 | 20 | 2 | 0 | 0 | – | – | 20 | 2 | |
2009–10 | 26 | 3 | 1 | 1 | – | – | 27 | 4 | |
2008–09 | 29 | 2 | 1 | 0 | 6 | 1 | 36 | 3 | |
2007–08 | 26 | 5 | 1 | 0 | - | - | 27 | 5 | |
Atlas de Guadalajara | 2006–2007 | 38 | 5 | – | – | – | – | 38 | 5 |
2005–2006 | 26 | 1 | – | – | – | – | 26 | 1 |
Palmarés
editar- Deportivo
- Segunda División (1): 2011/12
- PSV
- Eredivisie (2): 2014/15, 2015/16.
- Johan Cruyff Shield (2): 2015, 2016.
- Betis
- Copa do Rei (1): 2021/22.
- Selección mexicana
- Copa Ouro da CONCACAF (3): 2011, 2015, 2019.
- Copa da CONCACAF (1): 2015.
- Individual
- Mellor novato da Primeira División de México: 2005
Notas
editar- ↑ ""Comunicado Oficial"". Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2012. Consultado o 29 de maio de 2012.