Club América

club de fútbol mexicano

O Club América é unha entidade deportiva de México cuxo equipo profesional de fútbol compite na Primeira División de México. Fundado o 12 de outubro de 1916 en Cidade de México, é un dos 2 únicos equipos que nunca descendeu de categoría no campionato ligueiro mexicano dende a creación deste torneo en 1943. Segundo varias enquisas levadas a cabo en México, o Club América é o club de fútbol mais popular do país.

Club América
NomeClub América
Alcume(s)Águilas
Fundación12 de outubro de 1916
EstadioEstadio Azteca, México DF
Inauguración29 de maio de 1966
Capacidade105.064
PresidenteFlag of Mexico.svg Ricardo Peláez
AdestradorFlag of Mexico.svg Miguel Herrera
LigaPrimeira División
Apertura 201117º
VestimentaNike
PatrocinadorCoca-Cola, AT&T
Páxina webPáxina web
Na casa
Fóra
Terceira

PalmarésEditar

Os mellores anos do club foron os transcorridos entre 1983 e 1992, unha década na cal o club gañou 5 ligas mexicanas e 3 ligas de campións entre outros títulos.

Títulos nacionaisEditar

Con 10 títulos de liga, o América é o 2º equipo máis laureado do campionato, e está a un só título do CD Guadalajara, que ten 11. Con 10 tamén está o Cruz Azul.

  • Primeira División de México (10) = 1965-66, 1970-71, 1975-76, 1983-84, 1984-85, PRODE 1985, 1987-88, 1988-89, Verán 2002, Clausura 2005
  • Copa de México (6) = 1937-38, 1953-54, 1954-55, 1963-64, 1964-65, 1973-74
  • Campión de Campións (5) = 1954-55, 1975-76, 1987-88, 1988-1989, 2005

Títulos continentaisEditar

Os 5 títulos continentais do América na máxima competición fan deste equipo o máis laureado de Norteamérica.

EstadioEditar

O Club América xoga os seus encontros como local no Estadio Azteca de Cidade de México dende 1966. O recinto é propiedade da empresa de telecomunicacións Grupo Televisa, igual que o club. Cunha capacidade para 105.064 seareiros, é o estadio mais grande de América, e o 3º mais grande do mundo. Nel xogáronse a finais dos mundiais de fútbol de 1970 e 1986, así como o encontro de 1970 alcumado O partido do século que enfrontou a Alemaña e a Italia nas semifinais do mundial e que rematou cun 4-3 na prórroga, ou como o encontro de 1986 entre Inglaterra e Arxentina no cal Maradona marcou o chamado gol do século e a chamada man de Deus; entre outros moitos eventos, como a final olímpica de fútbol de 1968.

XogadoresEditar

Actualizado a 5 de xaneiro de 2018.[1][2]

Posto País Xogador
1 PO   Agustín Marchesín
2 DF   Carlos Vargas
4 DF   Edson Álvarez
5 CE   Guido Rodríguez
6 DF   Emanuel Aguilera
7 CE   William da Silva
8 CE   Mateus Uribe
9 DI   Silvio Romero
10 CE   Cecilio Domínguez
11 DI   Andrés Ibargüen
13 PO   Luis Pineda
14 CE   Joe Corona (cedido polo Tijuana)
15 CE   Pedro Arce
16 DF   Emilio Orrantía (cedido polo Santos Laguna)
Posto País Xogador
17 DI   Ricardo Marín
18 DF   Bruno Valdez
19 DI   Alejandro Díaz
20 DI   Jeremy Menez
21 DI   Henry Martín
22 DF   Paul Aguilar
24 DI   Oribe Peralta (capitán)[3]
25 CE   Cristian Paredes
27 PO   Óscar Jiménez
30 CE   Renato Ibarra
31 DI   Darwin Quintero
32 DF   Enrique Cedillo
34 CE   Diego Lainez

Ó longo da historia do club, pasaron polas súas ringleiras xogadores como Hugo Sánchez, Carlos Hermosillo, Djalminha, Claudio López, Cuauhtémoc Blanco, Vavá ou Iván Zamorano.

NotasEditar

  1. "Cadro de xogadores". Club América – Sitio oficial. 
  2. "Squad". Liga MX.net. 
  3. "Oribe Peralta, nuevo capitán de América". Diario Récord. Consultado o 10 January 2017. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar