Abrir o menú principal

Copa Ouro da CONCACAF

(Redirixido desde "Copa de Ouro da CONCACAF")

A Copa Ouro da CONCACAF é a principal competición masculina de seleccións de fútbol organizada pola CONCACAF. Nas súas 24 edicións só sete países conseguiron gañar o título. México é a selección dominadora do torneo con 10 títulos conseguidos e o vixente campión, os Estados Unidos, é o seu máis inmediato perseguidor con seis títulos, seguido de Costa Rica con tres. Canadá conseguiu dous títulos e Honduras, Haití e Guatemala teñen un só campionato.

Copa de Ouro da Concacaf
CONCACAF - Gold Cup.svg
Fundación23 de marzo de 1963 (O Salvador 1963)
RexiónAmérica do Norte, Centroamérica e Caribe (máis Güiana e Suriname)
ConfederaciónConcacaf
Equipos16
Máis laureadoFlag of Mexico.svg México (10 títulos)
Sitio webwww.goldcup.org
Actual Copa de Ouro 2019

HistoriaEditar

Antes de que a CONCACAF se conformara en 1961 o fútbol na rexión estaba dividido en asociacións rexionais máis pequenas. Entre estas destacaban dúas: a Confederación Centroamericana e do Caribe de Fútbol (CCCF) fundada en 1938 e a North American Football Confederation (NAFC) fundada en 1946 (EUA, México, Canadá e Cuba). Cada confederación mantiña o seu propio torneo, a CCCF organizou dez edicións da Copa da CCCF entre 1941 e 1961 (dos que Costa Rica gañou sete e El Salvador, Panamá e Haití un cada un) e a NAFC dúas edicións da súa Copa da NAFC gañadas por México en 1947 e 1949.

Desde a conformación da CONCACAF aínda pasaron dous anos até a organización dun campionato de seleccións no que competisen todas as federacións nacionais, O primeiro campionato celebrado en El Salvador en 1963 levou por nome Campionato de nacións da CONCACAF e celebrouse a partir de aí cada dous anos até 1971.

A partir de entón non houbo formalmente ningún campionato que establecese que selección era a dominadora do continente. Aquel equipo que conseguía o mellor posto nas clasificación para o mundial de fútbol pasaba a ser considerado coma o mellor da Confederación.

En 1990 a CONCACAF decidiu crear novamente un torneo como principal evento da Confederación para coroar á mellor das súas seleccións nacionais. Nacía a Copa Ouro da CONCACAF cuxa primeira edición tivo lugar nos Estados Unidos en 1991. O torneo, no que participaban oito equipos, foi gañado polos anfitrións. México converteuse nos anos 90 no dominador do torneo con tres títulos consecutivos en 1993, 1996 e 1998. Na edición de 1996 a Copa Ouro convidou a participar por primeira vez a un equipo doutra Confederación, os naquel intre vixentes campións do mundo, Brasil.

Coa edición de 2000 o torneo pasou a estar disputado por doce equipos e Canadá conseguiu o seu único título. Desde a creación do torneo o título foi gañado en catro ocasións por México e os Estados Unidos e só un equipo máis, Canadá, conseguiu gañar outro título.

ClasificaciónEditar

Zona de América do Norte

  • Clasifícanse automaticamente tres equipos.

Zona Centroamericana

Zona do Caribe

Play-off Zona do Caribe x Zona Centroamericana.

  • Compiten os equipos que quedaron na quinta posición na zona do Caribe e Centroamericana, e o gañador pasa á Copa Ouro da CONCACAF.

Resultados do torneoEditar

Campionato de nacións da CONCACAF
Ano Anfitrión Clasificación final
Gañador Finalista 3º posto 4º posto
1963
  O Salvador   Costa Rica   O Salvador   Antillas Neerlandesas   Honduras
1965
  Guatemala   México   Guatemala   Costa Rica   O Salvador
1967
  Honduras   Guatemala   México   Honduras   Trinidad e Tobago
1969
  Costa Rica   Costa Rica   Guatemala   Antillas Neerlandesas   México
1971
  Trinidad e Tobago   México   Haití   Costa Rica   Cuba
1973
(1)
  Haití   Haití   Trinidad e Tobago   México   Honduras
1977
(1)
  México   México   Haití   O Salvador   Canadá
1981
(1)
  Honduras   Honduras   O Salvador   México   Canadá
1985
(1)
Sen sé   Canadá   Honduras   Costa Rica   O Salvador
1989
(1)
Sen sé   Costa Rica   Estados Unidos   Trinidad e Tobago   Guatemala
Copa Ouro da CONCACAF
Ano Anfitrión Final Partido 3º-4º posto
Gañador Resultado Finalista 3ºposto Resultado 4º posto
1991
  Estados Unidos   Estados Unidos 0–0 Prórroga
(4-3 pen)
  Honduras   México 2–0   Costa Rica
1993
  Estados Unidos
&   México
  México 4–0   Estados Unidos   Costa Rica
  Xamaica
1-1
Prórroga(2)
1996
  Estados Unidos   México 2–0   Brasil   Estados Unidos 3–0   Guatemala
1998
  Estados Unidos   México 1-0   Estados Unidos   Brasil 1-0   Xamaica
2000
  Estados Unidos   Canadá 2–0   Colombia   Perú
  Trinidad e Tobago
n/a (3)
2002
  Estados Unidos   Estados Unidos 2–0   Costa Rica   Canadá 2–1   Corea do Sur
2003
  Estados Unidos
&   México
  México 1-0
gol de ouro
  Brasil   Estados Unidos 3–2   Costa Rica
2005
  Estados Unidos   Estados Unidos 0–0 Prórroga
(3-1 pen)
  Panamá   Colombia
  Honduras
n/a (3)
2007
  Estados Unidos   Estados Unidos 2–1   México   Canadá
  Guadalupe
n/a (3)
2009
  Estados Unidos

(Equipos convidados en cursiva)

1 Non se disputou formalmente torneo. O campión na clasificación para o Mundial era considerado o campión da CONCACAF.
2 Costa Rica e Xamaica remataron empatados a 1 logo da prórroga e compartiron a terceira praza.
3 Non houvo partido polo terceiro e cuarto posto polo que a cuarta praza foi compartida
  • pen - quenda de penaltis.

Resultados acumuladosEditar

A seguinte táboa compila os resultados obtidos polas diferentes seleccións nos torneos rexionais da Confederación. En itálico destácanse os títulos obtidos antes de ser establecida a Copa Ouro.

Seleccións Títulos Finalista 3º posto 4º posto
  México 10 (1965, 1971, 1977*, 1993*, 1996,

1998, 2003*, 2009, 2011, 2015)

2 (1967, 2007) 3 (1973, 1981, 1991, 2013, 2017) 1 (1969)
  Estados Unidos 4 (1991*, 2002*, 2005*, 2007*, 2013*, 2017*) 3 (1989, 1993*, 1998*, 2009*, 2011*) 2 (1996*, 2003*) 1 (2015*)
  Costa Rica 3 (1963, 1969*, 1989) 1 (2002) 4 (1965, 1971, 1985, 1993) 2 (1991, 2003, 2009, 2017)
  Canadá 2 (1985, 2000) - 2 (2002, 2007) 2 (1977, 1981)
  Honduras 1 (1981*) 2 (1985, 1991) 2 (1967*, 2005, 2009) 2 (1963, 1973, 2011, 2013)
  Guatemala 1 (1967) 2 (1965*, 1969) - 2 (1989, 1996)
  Haití 1 (1973*) 2 (1971, 1977) - -
  O Salvador - 2 (1963*, 1981) 1 (1977) 2 (1965, 1985)
  Brasil** - 2 (1996, 2003) 1 (1998) -
  Trinidad e Tobago - 1 (1973) 2 (1989, 2000) 1 (1967)
  Colombia** - 1 (2000) 1 (2005) -
  Panamá - 1 (2005, 2013) 2 (2011, 2015) -
  Antillas Neerlandesas - - 2 (1963, 1969) -
  Xamaica - 2 (2015, 2017) 1 (1993) 1 (1998)
  Guadalupe - - 1 (2007) -
  Perú** - - 1 (2000) -
  Corea do Sur** - - - 1 (2002)
  Cuba - - - 1 (1971)
  • * Anfitrións
  • ** Equipos convidados

Máximos goleadoresEditar

Participacións no torneoEditar

Participacións País Na Copa Ouro Noutros torneos
17   México 9 8
15   Guatemala 7 8
14   Costa Rica
  Honduras
8
8
6
6
13   Trinidad e Tobago 7 6
11   O Salvador
  Canadá
  Estados Unidos
5
8
9
6
3
2
10   Haití 3 7
8   Xamaica 6 2
7   Cuba 5 2
4   Panamá
  Antillas Neerlandesas
3
0
1
4
3   Francia  Martinica
  Brasil*
  Colombia*
3
3
3
0
0
0
2   Nicaragua
  Suriname
  Corea do Sur*
1
0
2
2
2
0
1   San Vicente e as Granadinas
  Perú*
  Ecuador*
  Suráfrica*
  Guadalupe
1
1
1
1
1
0
0
0
0
0
  • * Seleccións convidadas ao torneo.

NotasEditar

Véxase taménEditar