Espírito Santo, Brasil

estado federado do Brasil

Espírito Santo é un estado brasileiro ao leste da Rexión Sueste. Limita ao leste co océano Atlántico, ao norte cos estados de Baía e Minas Xerais, ao oeste con Minas Xerais, e ao sur co estado do Río de Xaneiro. A súa capital é Vitória.

Modelo:Xeografía políticaEspírito Santo, Brasil
Espírito Santo (pt) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

HimnoHino do Espírito Santo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Nomeado en referencia aEspírito Santo Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 19°41′S 40°28′O / -19.68, -40.47Coordenadas: 19°41′S 40°28′O / -19.68, -40.47
EstadoBrasil Editar o valor em Wikidata
CapitalVitória Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Afonso Cláudio (pt) Traducir
Alegre (pt) Traducir
Alfredo Chaves (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata../... 78+
Poboación
Poboación4.108.508 (2021) Editar o valor em Wikidata (89,17 hab./km²)
Lingua usadaLíngua puri (pt) Traducir
Dialeto mbiá (pt) Traducir
Língua koropó (pt) Traducir
Lingua baixo alemá
Lingua tupiniquim Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie46.077,5 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude756 m Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoPico da Bandeira (pt) Traducir (2.891,32 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1889 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Órgano executivosecretariado do governo do Espírito Santo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Governador (pt) Traducir Editar o valor em WikidataMax Freitas Mauro (pt) Traducir (1987–1991)
Albuíno Cunha de Azeredo (pt) Traducir (1991–1995)
Vitor Buaiz (pt) Traducir (1995–1999)
José Ignácio Ferreira (pt) Traducir (1999–2003)
Paulo Hartung (pt) Traducir (2003–2011)
Renato Casagrande (pt) Traducir (2011–2015)
Paulo Hartung (pt) Traducir (2015–2019)
Renato Casagrande (pt) Traducir (2019–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoAssembleia Legislativa do Espírito Santo (pt) Traducir Circunscrición: 0, (Escano: 30) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2BR-ES Editar o valor em Wikidata

Páxina webes.gov.br Editar o valor em Wikidata

Xeografía editar

A súa superficie de 45.597 km² é semellante en tamaño á de Estonia. Presenta unha variedade de hábitats, incluíndose a planicie costeira, lagos, unha variedade de formacións de montañas, bosques de montaña, mangleiral e moitos outros.

Topografía editar

O estado pode ser dividido en dúas áreas: a planicie costeira e as montañas interiores, que forman a serra. A parte máis alta da serra chámase Serra do Caparaó (cuxo punto máis alto -Pico da Bandeira- atinxe a 2.890 m de altitude).

Clima editar

O clima do Espírito Santo é seco en xeral, e quente ao norte do río Doce. O clima de montaña é máis frío chegando ao clima tropical de altitude nas rexións máis altas, como o oeste e o suroeste. O clima predominante nas planicies costeiras é o tropical, tendendo a tropical seco no norte. En xeral o verán é chuvoso e o inverno é seco.

Ríos e lagos editar

O principal río do estado é o río Doce, que nace no veciño estado de Minas Xerais. Outro importante río é o Santa María, que desemboca próximo á illa onde se sitúa a capital, Vitória.

O estado ten unhas 26 lagoas, próximas ás marxes do río Doce. A máis importante delas é a Lagoa Juparanã.

Economía editar

Os cultivos máis importantes no estado son o arroz, o café (un dos máis importantes produtos de exportación agrícolas do Brasil), o cacao, a cana de azucre, o feixón, as froitas, (principalmente a banana e a papaia), e o millo.

Da cría de animais para fins comerciais, a máis importante é de gando, que é criado tanto para produción de carne como de leite. Destaca tamén a avicultura, que vende en todo Brasil e tamén exporta. As industrias de enlatados, produtos forestais, téxtiles, o aceiro e a minería de ferro son tamén grandes importantes. O estado acolle a maior fábrica de aproveitamento das minas de ferro do mundo (Val do Rio Doce), e unha das maiores industrias de produción de papel e celulosa do mundo, a Aracruz.

Os portos de Vitória e Tubarão son importantes para a exportación do mineral de ferro e do aceiro, e ademais na costa da rexión de São Mateus atopouse recentemente petróleo, o que impulsou a economía estatal, estando en vigor acordos comerciais para a súa explotación.

O turismo vén crecendo en importancia na economía de estado pero a maioría dos viaxeiros son de estados veciños, e non doutros países, así que os beneficios do turismo aínda son pequenos, en comparación con outros estados. Destinos turísticos coñecidos inclúen a zona costeira con cidades como Guarapari, Jacaraípe e Manguinhos. Pero cada vez máis os destinos de montaña gañan popularidade, como Domingos Martins e Castelo.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar