Abrir o menú principal

Distrito Federal, Brasil

(Redirixido desde "Distrito Federal do Brasil")

O Distrito Federal é unha das vinte e sete unidades federativas do Brasil. Está situado na Rexión Centro Oeste e limita co estado de Goiás ao sur, oeste, norte e leste e Minas Xerais a sueste. Está dividido en 31 rexións administrativas e súa área total é de 5.801,937 km², sendo así a menor unidade federativa brasileira. No seu territorio, está localizada a capital federal do Brasil, Brasilia, que é tamén a sede de goberno do Distrito Federal.

Distrito Federal
Bandeira do Distrito Federal
Escudo do Distrito Federal
BandeiraEscudo
Distrito Federal in Brazil.svg
Himno: Hino do Distrito Federal
EstadoFlag of Brazil.svg Brasil
CapitalBrasilia
 • Poboación2 609 997 (2011)
Lingua oficialPortugués
Forma de gobernoDistrito Federal
Gobernador (Governador)
Agnelo Queiroz (PT)
Fundación1955
SuperficiePosto 27º
 • Total5.801 km²
Costas0 km
PoboaciónPosto 20º
 • Total2 648 532 (2012 est.) hab.
 • Densidade460 hab./km²
XentilicioBrasiliano, brasiliana
Fuso horarioBRT (UTC-3)
 • Horario de veránBRST (UTC-2)
Dominio de Internet.br
Código ISOBR-DF
Estados do Brasil

O actual Distrito Federal foi ideado a través dun proxecto do entón presidente Juscelino Kubitschek de mudar a capital nacional de Río de Xaneiro cara o centro do país. Até a creación de Brasilia, antes de Río de Xaneiro, a capital era Salvador.[1] No período colonial brasileiro (1500-1815), a área formaba parte da Capitania de San Xurxo dos Ilhéus, baixo a rexencia de Jorge de Figueiredo Correia. Porén, co fin das capitanías no Brasil, xurdiron diversas cidades na rexión, incluíndo Ilhéus e, máis tarde, a propia Brasilia, construída por iniciativa do presidente brasileiro Juscelino Kubitschek.[2]

NotasEditar

  1. Guía do Turista (2010). "Distrito Federal - Presentación". Guía do Turista (en portugués). Consultado o 4 de febreiro de 2012. 
  2. "HJO Brasil". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 04 de setembro de 2018. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar