Goiás, Brasil
Goiás é un estado brasileiro situado case ó centro do país, na rexión Centro-Oeste. Ten como límites o estado de Tocantins ó norte, Baía e Minas Xerais ó leste, Minas Xerais ó sueste e sur, o Mato Groso do Sur ó suroeste, e Mato Groso ó oeste. O Distrito Federal está encravado ó leste do estado.
Goiás | |||
---|---|---|---|
| |||
| |||
![]() | |||
Lema: Terra querida, froito da vida | |||
Himno: Hino de Goiás | |||
Estado | ![]() | ||
Capital | Goiânia | ||
• Poboación | 1 333 767 (2012) | ||
Lingua oficial | Portugués | ||
Forma de goberno | Estado | ||
Gobernador | Marconi Perillo (PSDB) | ||
Fundación | 1889 | ||
Superficie | Posto 7º | ||
• Total | 340.086 km² | ||
• % auga | n/d | ||
Fronteiras | n/d km | ||
Costas | 0 km | ||
Poboación | Posto 12º | ||
• Total | 6 154 996 (2012) hab. | ||
• Densidade | 18,1 hab./km² | ||
Xentilicio | Goiano, goiana | ||
Fuso horario | BRT (UTC-3) | ||
Dominio de Internet | .br | ||
Código ISO | BR-GO | ||
Estados do Brasil | |||
A súa capital é Goiânia, inaugurada ó 1935 e que ten hoxe máis de 1,2 millón de habitantes. Outras cidades importantes son: Aparecida de Goiânia (453 mil habitantes), Anápolis, Itumbiara, Río Verde, Luziânia e Catalão.
Relevo editar
O relevo de Goiás e case todo de terras planas ó oeste e áreas máis montañosas ó leste, cuxas altitudes sitúanse entre os 200 e os 800 metros. Os ríos Paranaíba, Aporé, Araguaia, São Marcos, Corumbá, Aporé, Paranã e Maranhão son os principais do estado.
- Clima
O clima predominante no estado é o tropical co dúas estacións: unha mais chuviosa entre outubro e marzo, e outra máis seca entre abril e setembro. Nos meses máis secos, a humidade relativa do ar pode caer abaixo dos 20% tornándose desagradábel para as poboacións.
Economía editar
A economía baséase no comercio, na industria (mineira, alimenticia, roupas, móbiles, metalurxia, madeireira), na gandería (principalmente bois e búfalos) e na agricultura (soia, arroz, algodón, cana de azucre).
Principais concellos editar
(habitantes en xullo de 2006)
- Goiânia – 1 220 412
- Aparecida de Goiânia – 453.104
- Anápolis – 318.818
- Luziânia – 187.262
- Águas Lindas de Goiás – 168.919
- Rio Verde – 136.229
- Valparaiso de Goiás – 123.921
- Trindade – 102.430
- Planaltina - 98.441
- Novo Gama – 96.442
- Formosa – 92.331
- Itumbiara - 84.496
- Jataí – 84.922
- Santo Antônio do Descoberto – 78.995
- Senador Canedo – 74.687
- Catalão – 71.680
- Caldas Novas – 68.508
- Goianésia – 53.317
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Goiás |