Fortaleza, Ceará
Coordenadas: 3°46′25″S 38°34′29″O / -3.7737, -38.5748
Fortaleza é un municipio do nordeste do Brasil e cidade capital do estado de Ceará. É un importante centro turístico, moi visitado por europeos e por brasileiros por mor das súas praias[Cómpre referencia], como a Praia do Futuro, no leste da cidade. Tiña unha poboación duns 2 141 402 habitantes segundo o censo de 2000. A súa área total é 336 km2. A súa rexión metropolitana tiña 3,1 millóns de habitantes en 2000.
Fortaleza, Ceará | |||
---|---|---|---|
Localización | |||
País | ![]() | ||
Estado | Ceará | ||
Xeografía | |||
Altitude | 21 msnm | ||
Superficie | 313 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 2.447.409 hab. (2010) | ||
Densidade | 7,815.7 hab/km² | ||
Xentilicio | fortalezense | ||
Outros datos | |||
Código postal | 60000-000 - 60999-999 | ||
Alcalde | Roberto Cláudio Rodrigues Bezerra (PSB) (2013 - 2017) | ||
Páxina oficial |
Historia e característicasEditar
Fortaleza é tamén un centro comercial, cultural e universitario importante, e aínda ten na súa proximidade o porto de Pecém. Foi fundada polos holandeses en 1649, baixo o nome de Schoonenborch. En 1654, os holandeses se retiraron e os portugueses tomaron a cidade.
Lugares de intereseEditar
O Museu da Imaxen e do Som, a Casa José de Alencar e o Centro Cultural Dragão do Mar, este derradeiro inaugurado en 1998, próximo á praia de Iracema.
Cómpre salientar o interese da danza rexional, chamada "forró".
Galería de imaxesEditar
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fortaleza, Ceará |
Ligazóns externasEditar
- Prefectura da Cidade de Fortaleza. Consellería municipal. Fala tamén de turismo na cidade. (en portugués)