Rexión Sueste do Brasil

(Redirección desde «Rexión Sueste, Brasil»)

A rexión Sueste do Brasil é unha das rexións definidas polo IBGE, composta polos estados de São Paulo, Minas Xerais, Río de Xaneiro e Espírito Santo. Esta rexión é unha terra de transición entre a rexión Nordeste e a rexión Sur. Para facer esta división tiráronse de criterios como semellanzas naturais, tales como relevo, clima, vexetación e solo, como tamén de afinidades socioculturais.

Modelo:Xeografía políticaRexión Sueste do Brasil
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 19°30′S 46°01′O / -19.5, -46.02Coordenadas: 19°30′S 46°01′O / -19.5, -46.02
EstadoBrasil Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Xeografía
Parte de
Superficie924.511,3 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con

Fai fronteiras coa rexión Nordeste polo norte, co océano Atlántico polo leste e o sur, coa rexión Sur polo suroeste e coa rexión Centro-Oeste polo oeste e o noroeste. A Rexión Sueste non é moi extensa, ocupando un 11% do territorio brasileiro. Posúe menos dun millón de quilómetros cadrados de área total.

Cunha poboación de aproximadamente 80.353.724 habitantes no censo de 2010,[1] o Sueste abriga o 42,1 % dos brasileiros, e reúne os tres principais estados do país por habitantes. A densidade demográfica brasileira é grande (22 hab./km²), mais a Rexión Sueste ten unha densidade de 84,21 hab./km².

É a rexión máis habitada e rica do Brasil. Altamente urbanizada (90,5%),[2] abriga as tres metrópoles máis importantes do país, as cidades de São Paulo, Río de Xaneiro e Belo Horizonte, alén de ser o maior colexio electoral do Brasil. A rexión Sueste tamén presenta índices socias elevados: posúe o segundo maior IDH do Brasil, 0,824, tras a rexión Sur, e o maior PIB per cápita do país, R$ 21.182,68.

Historia editar

 
Estatua de Antônio Raposo Tavares, un dos máis famosos bandeirantes, no Museu Paulista, en São Paulo.

Os primeiros habitantes da Rexión Sueste do Brasil foron os indios. Máis tarde chegaron os portugueses, fixeron expedicións para coñecer a rexión e comezaron a explorar o pau brasil, madeira abundante nas matas do litoral.

Os portugueses fundaron as primeiras vilas no litoral. A primeira vila fundada foi São Vicente. Aí tivo inicio a plantación da cana de azucre, axudando a que despois naceran outras vilas. A poboación do interior comezou coa fundación da vila de São Paulo de Piratininga.

Os moradores da vila de São Paulo entraron no interior na procura de indios para escravizar. Organizaron as entradas e bandeiras. Nas súas camiñadas, os bandeirantes paulistas descubriron minas de ouro nas terras do actual estado de Minas Gerais.

A poboación tamén aumentou co comercio de gado. Os comerciantes levaban os animais do sur do Brasil para seren vendidos na rexión das minas. No camiño por onde pasaban os fatados de animais apareceron ranchos e pousadas, que deron orixe a moitas poboacións.

Novas facendas de plantación de cana de azucre xurdiron nos antigos camiños por onde seguían as entradas e bandeiras. Esas facendas deron orixe tamén a varias poboacións. Máis tarde, co cultivo do café, aparecerían outras localidades.

O poboamento aumentou moito coa chegada dos inmigrantes e do ferrocarril. A instalación de industrias tamén contribuíu para que moitas persoas doutros estados e países fosen morar na Rexión Sueste.

Período precabralino editar

Os primeiros habitantes coñecidos da rexión foron os indíxenas pertencentes aos grupos macro-jê e tupí. A partir de 1500, comezan a chegar os colonizadores portugueses.

Inicio da colonización portuguesa editar

 
Paraty, cidade colonial fluminense do século XVI.

O poboamento europeo do Sueste brasileiro comezou en 1532, coa fundación da vila de São Vicente polos xesuítas portugueses, apoiada na produción de cana de azucre. A partir do século XVII, na rexión de São Paulo, iniciouse o fenómeno das bandeiras, que eran expedicións polo interior do Brasil á procura de novas riquezas e de indíxenas para seren escravizados.

Ciclo do ouro editar

 
Igrexas de estilo barroco en Mariana, cidade mineira erguida durante o ciclo do ouro, no século XVIII.

No final do século XVII, os bandeirantes paulistas encontraron pedras preciosas na rexión de Minas Gerais, dando inicio ao ciclo do ouro.

Coa minería, as atencións da Coroa Portuguesa centráronse na rexión Sueste, tendo en conta que as plantacións de cana de azucre no Nordeste estaban en plena decadencia. Ocorreu logo un gran movemento de persoas para a rexión das Minas, desembocando na Guerra dos Emboabas.

A capital da colonia é transferida de Salvador para o Río de Xaneiro en 1763. No final do século XVIII a exploración do ouro entrou en decadencia debido ao esgotamento das minas, porén a Coroa Portuguesa continuaba a cobrar altas taxas tributarias, facendo xurdir a Inconfidência Mineira, movemento separatista sen éxito.

Corte no Brasil editar

 
Pazo Imperial, palacio do século XVIII que serviu como sede para o goberno colonial, o Rei João IV de Portugal e os dous emperadores do Brasil.

En 1808, fuxindo da invasión napoleónica, a Familia real portuguesa instalouse no Río de Xaneiro. A época foi marcada por diversas mudanzas económicas na rexión, coa apertura dos portos para as nacións amigas en 1810 e a transformación do Brasil no Reino Unido de Portugal, Brasil e Algarves o 16 de decembro de 1815. En 1821, o Rei Xoán VI retorna para Portugal, deixando o seu primoxénito, Pedro de Alcântara, como Príncipe-Rexente do Brasil.

Independencia editar

 
Monumento á independencia no Parque da Independência, situado no local onde foi proclamada a independencia do Brasil.

A través da Revolución do Porto, os portugueses tentan devolver o Brasil á condición de colonia. O fillo do Rei de Portugal desobedece as ordes da Coroa e proclama a Independencia do Brasil a 7 de setembro de 1822, nas marxes do Riacho Ipiranga, en São Paulo, tornándose en Pedro I, emperador do Brasil.

Imperio editar

Coa independencia do Brasil en 1822, a rexión Sueste tornouse o centro financeiro do país. Apoiado pola elite rural do Sueste, D. Pedro I tornouse o primeiro emperador do Brasil, abdicando o trono a favor de seu fillo, D. Pedro II en 1830 quen, despois dun turbulento período de rexencia, asumiu o trono en 1841.

Ciclo do café editar

 
Café sendo embarcado no porto de Santos en 1880, por Marc Ferrez.

A partir da década de 1840, as plantacións de café espalláronse por toda a rexión, principalmente no Val do Paraíba e no Oeste Paulista, volvéndose a base da economía brasileira. Usouse, inicialmente, do traballo escravo mais, coa abolición da escravitude en 1888, a falta de man de obra foi resolveuse coa vinda dunha gran masa de inmigrantes europeos, principalmente italianos.

República editar

En 1889 a monarquía é derrubada e é proclamada a República, dando inicio á política do café con leite, cando as oligarquías de São Paulo e Minas Xerais alternan no poder.

Na década de 1920, coa quebra da Bolsa de Valores de Nova York, o prezo do café caeu no mercado internacional. O presidente Getúlio Vargas iniciou un proceso de industrialización en São Paulo que, posteriormente, se espallou polos outros estados do Sueste.

Notas editar

  1. IBGE
  2. Clarice Spitz (25 de maio de 2007). "População urbana vai de 31% para 81% em 60 anos, aponta IBGE". Folha de São Paulo (en portugués). Consultado o 13 de maio de 2011.