Amarildo

futbolista brasileiro

Amarildo Tavares da Silveira, coñecido simplemente como Amarildo, nado en Campos dos Goytacazes, Río de Xaneiro, o 29 de xullo de 1939, é un exfutbolista brasileiro que xogaba como dianteiro. Destacou no Botafogo do Río de Xaneiro, antes de dar o salto ao fútbol italiano, onde vestiu as camisolas do Milan, a Fiorentina e a Roma. Internacional coa selección brasileira, foi o encargado de substituír a Pelé cando este se lesionou no Mundial de 1962 en Chile e tivo unha destacada actuación no torneo, marcando tres goles, un deles na final contra Checoslovaquia na que o Brasil conseguiu o seu segundo título mundial.

Modelo:BiografíaAmarildo

(1965) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de xullo de 1939 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Campos dos Goytacazes, Brasil (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura169 cm Editar o valor en Wikidata
Peso66 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1958 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaBrasil Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1958–1958   Clube de Regatas do Flamengo
1959–1963 Botafogo de Futebol e Regatas
1963–1967   A.C. Milan 107(32)
1967–1971   ACF Fiorentina 62(16)
1971–1972   AS Roma 32(10)
1973–1974 Club de Regatas Vasco da Gama 7(0)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1961–1966   Brasil 20(7)
Participou en
1962Mundial de Fútbol Chile 1962 Editar o valor en Wikidata

FIFA: 63873 UEFA: 75558 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Comezos no Río de Xaneiro

editar

Comezou a súa carreira nos equipos xuvenís do Goytacaz, sendo considerado o mellor xogador que deu o club na súa historia.[1] En 1958 pasou brevemente polo Flamengo, co que disputou seis partidos no Torneio Extra, marcando un gol.[2] Ese mesmo ano fichou polo Botafogo, co que xogou durante os seguintes cinco anos marcando 136 goles en 201 partidos. No Botafogo compartiu dianteira con xogadores como Garrincha, Didi, Quarentinha ou Zagallo e gañou dúas veces o Campionato Carioca, nas tempadas 1961 e 1962, sendo o máximo goleador na edición de 1961, con 18 dianas. Conquistou tamén o Torneo Río - São Paulo e foi subcampión do Campionato Brasileiro en 1962, despois de marcar dous goles na final pero perdela contra o Santos de Pelé.

No fútbol italiano

editar

En 1963 deixou o Brasil e desembarcou no fútbol europeo. O presidente do Everton, John Moores, estaba disposto a pagar 200.000 libras esterlinas polo seu traspaso, pero as restricións da Liga inglesa á fichaxe de xogadores estranxeiros fixeron que a operación fracasase.[3] Amarildo fichou finalmente polo Milan italiano, co que marcou 16 goles na súa primeira tempada, dous deles na Copa Intercontinental que o seu equipo perdeu contra o Santos. Xogou no equipo lombardo ata 1967 e no seu último encontro marcou o único gol da final da Copa de Italia contra o Padova, que significou o primeiro título de Copa na historia do Milan. Ao longo das súas catro tempadas no Milan, Amarildo acumulou 131 partidos e 39 goles.

En 1967 fichou pola Fiorentina, coa que xogou tres tempadas, gañando a Serie A na 1968/69. A continuación pasou pola Roma, antes de regresar ao seu país para retirarse tras dúas campañas no Vasco da Gama, co que conquistou o Campionato Brasileiro de 1974.

Selección brasileira

editar

Foi 22 veces internacional coa selección brasileira, coa que debutou en 1961, despois de que as súas actuacións co Botafogo chamasen a atención do seleccionador Aymoré Moreira.[4]

Participou no Mundial de 1962 en Chile e tivo a súa grande oportunidade cando Pelé se lesionou xogando contra Checoslovaquia. Amarildo foi entón elixido por Moreira para substituílo e fixo o seu debut no torneo marcando dous goles contra España, cos que o Brasil asegurou a súa clasificación para a fase eliminatoria. Foi titular nos cuartos de final, nas semifinais e na final, formando dianteira xunto con Vavá, Zagallo e Garrincha. O día da final contra Checoslovaquia, Amarildo marcou o primeiro gol brasileiro no minuto 17, igualando o tanto inicial que anotara dous minutos antes Josef Masopust. No minuto 69 deulle a asistencia a Zito para o 2-1, antes de que Vavá selase a vitoria a falta de doce minutos para o final, confirmando ao Brasil como gañador da Copa do Mundo por segunda vez.[5]

Como adestrador

editar

Trala súa retirada regresou a Italia, onde adestrou aos equipos xuvenís da Fiorentina de 1974 a 1978. En 1978, volveu a outro dos seus antigos clubs, o Botafogo, onde dirixiu aos equipos xuvenís ata 1981, cando foi nomeado adestrador do Sorso italiano, ao que dirixiu durante dous anos. Entre 1984 e 1987 estivo en Tunisia, como adestrador do Espérance de Tunis, e a continuación pasou polo Rondinella e o Turris, antes de regresar á Fiorentina como segundo adestrador do seu compatriota Sebastião Lazaroni. De 1991 a 1992 adestrou brevemente o Pontedera.[6]

O 24 de xaneiro de 2008 foi contratado como adestrador do America.[7] No seu primeiro partido sufriu unha derrota por 4-2 ante o Volta Redonda e foi despedido despois de dirixir o equipo durante só unha semana.[8][9]

Palmarés

editar
Botafogo
Milán
Fiorentina
Vasco da Gama
 
Amarildo coa Fiorentina a finais dos anos 60.
  1. "De Odvan a Amarildo: dupla Goyta e Cano já revelou até campeão do mundo; lista" (en portugués). 5 de xullo de 2017. Consultado o 6 de abril de 2022. 
  2. "Amarildo Tavares da Silveira". flaestatistica.com.br (en portugués). Consultado o 6 de abril de 2022. 
  3. "Back in 1963 Everton president John Moores was willing to pay big money to sign Brazilian striker Amarildo, however strict foreigner rules impeded him. Milan got him soon after and he had a glittering career in Serie A.". Twitter (en inglés). 9 de decembro de 2021. Consultado o 6 de abril de 2022. 
  4. "Amarildo". botafogo.com (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2022. Consultado o 6 de abril de 2022. 
  5. Thacker, Gary (25 de marzo de 2021). "Amarildo Tavares da Silveira: The man who replaced Pelé, and no one noticed" (en inglés). Consultado o 6 de abril de 2022. 
  6. "AMARILDO Tavares de Silveira". treccani.it (en italiano). Consultado o 6 de abril de 2022. 
  7. "América-RJ anuncia seu novo treinador". gazetaesportiva.net (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2008. Consultado o 6 de abril de 2022. 
  8. "América-RJ perde do Volta Redonda e se complica". ultimosegundo.ig.com (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2008. Consultado o 6 de abril de 2022. 
  9. "Amarildo não é mais o técnico do América" (en portugués). 30 de xaneiro de 2008. Consultado o 6 de abril de 2022.