Abrir o menú principal

Valdir Pereira, Didi ou O Príncipe Etíope (así era chamado) é un futbolista, bicampión mundial pola Brasil nas copas do mundo de 1958 e 1962. Foi un dos medios máis técnicos da historia do Fútbol, e un dos "culpables" de que ao fútbol brasileiro se lle comezara a chamar "fútbol-samba". Canto aos clubs, foi un dos líderes do Clube Botafogo de Futebol e Regatas.

Didi
Waldir Pereira 1958.jpg
Información persoal
Nome completo Valdir Pereira
Nacemento 8 de outubro de 1928
  Campos dos Goytacazes
Falecemento 12 de maio de 2001
  Río de Xaneiro
Nacionalidade Brasil
Altura 174 centímetros
Posición Mediocentro, Mediocentro defensivo
Información de club
Club actual Falecido
editar datos en Wikidata ]

De entre o seu legado queda a "Folla seca", que consiste nun golpeo ao balón facendo que baixe de súpeto. Isto enganaba os porteiros, xa que daba a impresión de que os seus disparos ían por riba do longueiro, cando en vez diso caían facendo un estraño que remataba no fondo das mallas. Tamén foi o inventor da "paradiña" nos lanzamentos de penalti, xesto que Pelé remataría de perfeccionar.