Confederación Africana de Fútbol

A Confederación Africana de Fútbol é o organismo internacional que reúne ás asociacións nacionais de fútbol do continente africano, encárgase de administrar e controlar as diferentes competicións de selección e de clubs que teñen lugar no continente. Tamén é coñecida co seu acrónimo CAF.

Confederación Africana de Fútbol

Nome curtoCAF, 非洲足協, 非洲足联, 非洲足联, الْكَاف‎, ΚΑΦ, КАФ, КАФ, کاف e کاف Editar o valor en Wikidata
Tipofederación deportiva internacional, federación de fútbol e organización sen ánimo de lucro Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua inglesa, lingua árabe, lingua francesa e lingua portuguesa Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Personalidades
Presidente/aPatrice Motsepe (pt) Traducir 12 de marzo de 2021 Editar o valor en Wikidata
Entidades
MatrizFIFA Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación8 de febreiro de 1957 Editar o valor en Wikidata
Localización
PaísExipto Editar o valor en Wikidata
Sede6th of October City (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Área de operaciónÁfrica Editar o valor en Wikidata
Lugar de formaciónKhartún Editar o valor en Wikidata
Composto por
Contacto
Páxina WEBcafonline.com Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: ConfederationofAfricanFootball Twitter: CAF_Online Instagram: caf_online TikTok: caf_online Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Historia e características

editar

A CAF é unha das 6 confederacións que compoñen a FIFA. As características do continente (o seu forte empobrecemento, falta de recursos económicos e infraestruras etc.) foron unha grande eiva para o desenvolvemento do fútbol na rexión que enlixou en parte a imaxe desta confederación ao longo dos anos, a pesar dos grandes xogadores e seleccións que teñen saído do continente africano. Porén esta imaxe está a mudar nos últimos anos, tamén en parte grazas ao apoio da propia FIFA, ao aumentar o número de prazas que esta confederación ten nos Mundiais de Fútbol, subindo a 5 na edición de 1998 e a 6 na de 2010. Precisamente esta última edición do mundial, a desenvolver en 2010 será unha grande proba para o continente xa que por primeira vez na historia será un país africano, a República Surafricana, a encargada de organizar o evento.

A confederación foi fundada o 8 de febreiro de 1957, no Khartún, o Sudán, polas federacións nacionais de Exipto, Etiopía, Suráfrica e o Sudán. A súa sede permaneceu uns poucos meses en Khartún, até que un incendio afectou ao edificio, obrigando ao traslado á cidade do Cairo. O primeiro Secretario Xeral foi Youssef Mohammad e o presidente foi Abdallah Salem. Na actualidade a confederación está composta de 55, 53 coma membros de pleno dereito e a Illa de Reunión e Zanzíbar coma asociados. O actual presidente da Caf é Issa Hayatou.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar