Liga de Campións da CAF
A Liga de Campións da CAF é a máxima competición continental de fútbol a nivel de clubs en África. O torneo é organizado pola CAF dende 1964, e o campión de cada edición acada o dereito a disputar a Copa Mundial de Clubs da FIFA. O actual campión é o equipo exipcio do Al-Ahly, que tamén é o equipo máis laureado do torneo, con 7 títulos.
Formato
editarA competición ten 6 roldas, que teñen lugar entre xaneiro e novembro:
- Rolda preliminar
Nesta rolda enfróntanse os equipos con peor clasificación nunha eliminatoria a ida e volta. O número de equipos que disputan esta rolda varía dun ano a outro. Os gañadores clasifícanse para a Primeira Rolda.
- Primeira rolda
Esta rolda é a de dezaseisavos de final, e nela enfróntanse 32 equipos nunha eliminatoria a ida e volta. Os gañadores clasifícanse para a Segunda Rolda.
- Segunda rolda
Nestes oitavos de final enfróntanse de novo a ida e volta os 16 gañadores da anterior eliminatoria. Os 8 equipos que superan esta rolda clasifícanse para a Fase de Grupos.
- Fase de grupos
Os 8 equipos que superan a 2ª rolda divídense en 2 grupos. Cada grupo está formado por 4 equipos que disputan unha liga de 6 xornadas, na que cada equipo xoga fronte ós outros 3 equipos na casa e fora da casa. Os 2 mellores equipos de cada grupo clasifícanse para as Semifinais.
- Semifinais
As semifinais consisten nunha eliminatoria a ida e volta na que o primeiro equipo de cada grupo enfróntase co segundo equipo do outro grupo. Os gañadores desta eliminatoria son os finalistas.
- Final
A final da Liga de Campións da CAF é a dobre encontro, de xeito que o equipo local no encontro de volta sexa o mellor dos dous na fase de grupos.
Posto acadado | Recompensas económicas | |
---|---|---|
Para os Clubs | Para as Federacións | |
Campión | 1 425 000 $ | 75 000 $ |
Finalista | 950 000 $ | 50 000 $ |
Semifinalistas | 665 000 $ | 35 000 $ |
3º de grupo | 475 000 $ | 25 000 $ |
4º de grupo | 380 000 $ | 20 000 $ |
Palmarés
editarData Ida | 2 de novembro | ||
Data Volta | 10 de novembro | ||
Campión | Al-Ahly | ||
Finalista | Orlando Pirates | ||
Resultado | 1-1 e 2-0 | ||
|
Os equipos exipcios Al-Ahly e Zamalek SC son os clubs máis laureaddos de África, con 8 e 5 títulos continentais. Séguelles o club congolés TP Mazembe con 4 títulos. Os campionatos nacionais de liga de Exipto, Camerún, Marrocos, Alxeria e Tunicia teñen 3 equipos campións cada un.
- Con 8 títulos: Al-Ahly
- Con 5 títulos: Zamalek SC
- Con 4 títulos: TP Mazembe
- Con 3 títulos: Raja CA, Canon Yaoundé e Hafia FC
- Con 2 títulos: Asante Kotoko FC, Enyimba FC, JS Kabylie e Espérance ST
- Con 1 títulos: Étoile du Sahel, Hearts of Oak, ASEC Mimosas, Orlando Pirates FC, Wydad AC, Club Africain, ES Sétif, FAR Rabat, Union Douala, MC Alger, CARA Brazzaville, AS Vita Club, Ismaily SC, Stade d'Abidjan e Oryx Douala