Mesut Özil
Mesut Özil, nado en Gelsenkirchen o 15 de outubro de 1988, é un ex-futbolista alemán que xogaba de centrocampista.
Mesut Özil | |||
---|---|---|---|
![]() Özil en 2019. | |||
Información persoal | |||
Nome | Mesut Özil | ||
Nacemento | 15 de outubro de 1988 (35 anos) | ||
Lugar de nacemento | Gelsenkirchen | ||
Altura | 1,83 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira xuvenil | |||
1995–1998 | Westfalia 04 Gelsenkirchen | ||
1998–1999 | Teutonia Schalke-Nord | ||
1999–2000 | Falke Gelsenkirchen | ||
2000–2005 | Rot-Weiss Essen | ||
2005–2006 | Schalke 04 | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2006–2008 | Schalke 04 | 30 | (0) |
2008–2010 | Werder Bremen | 71 | (13) |
2010–2013 | Real Madrid | 104 | (19) |
2013–2021 | Arsenal | 85 | (16) |
2021–2022 | Fenerbahçe | 32 | (8) |
2022–2023 | İstanbul Başakşehir | 4 | (0) |
Selección nacional | |||
2006–2007 | Alemaña sub-19 | 11 | (4) |
2007–2009 | Alemaña sub-21 | 16 | (5) |
2009–2019 | Alemaña | 79 | (20) |
Na rede | |||
http://www.mesutoezil.com/ | |||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria editar
En 2005 incorporou ás categorías inferiores do Schalke 04. Na súa primeira tempada, co equipo xuvenil A do Schalke, Özil marcou 10 goles e gañou a Bundesliga sub-19. O 12 de agosto de 2006 disputou o seu primeiro partido da Bundesliga contra o Eintracht de Frankfurt. En xaneiro de 2008, o equipo renano anunciou que desestimaba prolongar o contrato de Özil, que terminaba en 2009.
O 31 de xaneiro de 2008, Özil fichou polo Werder Bremen, nunha operación na que o equipo verdibranco desembolsou 4,3 millóns de euros. O 26 de abril anotou contra o Karlsruhe o seu primeiro gol na Bundesliga. Na tempada 2008/09 gañou a Copa de Alemaña co Werder, anotando o gol da vitoria do seu equipo na final fronte ao Bayer Leverkusen. O 1 de maio de 2010 disputou o seu partido número 100 en primeira división.
Mesut Özil, que tiña contrato co Werder Bremen ata o 30 de xuño de 2011, foi contratado polo Real Madrid CF o 17 de agosto de 2010. O montante da operación ascendeu a 15 millóns de euros. O seu partido de debut co Real Madrid CF foi o 22 de agosto de 2010 contra o Hércules Club de Fútbol, partido que gañou o club madrileño por 3-1. Anotou o seu primeiro gol como merengue o 3 de outubro contra o Deportivo da Coruña, partido que terminou con marcador final de 6 a 1 a favor do equipo madrileño. No partido contra o AC Milan do 20 de outubro de 2010 anotou o seu primeiro gol en Champions League, no minuto 14, tras un pase de Cristiano Ronaldo.
O 2 de setembro de 2013, día límite de traspasos, Özil fichou polo Arsenal FC, a cambio duns 45 millóns de euros, e asinou un acordo de cinco anos co club inglés.[1]
Palmarés editar
Campionatos nacionais editar
Título | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Subcampión da 1. Bundesliga | Schalke 04 | Alemaña | 2007 |
Subcampión da 1. Bundesliga | Werder Bremen | Alemaña | 2008 |
Copa de Alemaña | Werder Bremen | Alemaña | 2009 |
Subcampión da Copa de Alemaña | Werder Bremen | Alemaña | 2010 |
Primeira División | Real Madrid | España | 2011/12 |
Copa do Rei | Real Madrid | España | 2010/11 |
Supercopa de España | Real Madrid | España | 2012 |
Copas internacionais editar
Título | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Eurocopa Sub-21 | Selección de Alemaña | Suecia | 2009 |
Subcampión da Copa da UEFA | Werder Bremen | Turquía | 2009 |
Terceiro porso na Copa do Mundo de Fútbol | Selección de Alemaña | Suráfrica | 2010 |
Distincións individuais editar
Distinción | Ano |
---|---|
Futbolista do mes na Bundesliga | setembro de 2008 |
Mellor xogador da primeira volta da Bundesliga | 2009 |
Futbolista do mes na Bundesliga | novembro de 2009 |
Nomeado ao Balón de Ouro no Mundial 2010 | 2010 |
Terceiro mellor gol no Mundial 2010 | 2010 |
Notas editar
- ↑ "Özil ya es un nuevo jugador del Arsenal". Marca. 2 de setembro de 2013. Consultado o 2 de setembro de 2013.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mesut Özil |