Gol
método de puntuación de moitos deportes
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Gol (homónimos).
Gol (do inglés goal) ou tanto, é meter o balón dentro da portería, que é o obxectivo do xogo de varios deportes. O equipo que marca máis goles nun período determinado, é o gañador do partido. O regulamento esixe que o balón estea completamente dentro da portería sen ningunha das súas partes sobre a liña branca. Por extensión, emprégase tamén cando se produce un incidente inesperado e desagradable: "Metéronche un gol".