Xabi Alonso

futbolista español

Xabier Alonso Olano, máis coñecido como Xabi Alonso, nado en Tolosa (Guipúscoa) o 25 de novembro de 1981, é un exfutbolista e adestrador vasco. Dende outubro de 2022 adestra o Bayer Leverkusen da Bundesliga. Xogaba na posición de centrocampista e foi 114 veces internacional coa selección española, coa que gañou a Copa do Mundo en 2010 e as Eurocopas de 2008 e 2012, un triplete inédito na historia do fútbol.[1]

Xabi Alonso
Información persoal
Nome Xabier Alonso Olano
Nacemento 25 de novembro de 1981
Lugar de nacemento Tolosa
Altura 1,82
Posición Centrocampista
Na rede
IMDB: nm2703573 Facebook: XabiAlonso Twitter: XabiAlonso Instagram: xabialonso FIFA: 207528 UEFA: 54091 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Alonso comezou a súa carreira na Real Sociedad, de onde foi cedido brevemente ao SD Eibar. John Toshack apostou por Alonso como capitán txuri urdin e o xogador logrou triunfar no seu novo rol, conseguindo levar a Real Sociedad ao subcampionato na tempada 2002-03 que acabou gañando o Real Madrid. O mediocentro tolosarra foi traspasado ao final desa mesma tempada ao Liverpool FC por 10,5 millóns de libras. Con este conxunto conquistou unha Liga de Campións da UEFA na súa primeira tempada nas illas británicas. Na súa segunda campaña en Anfield gañou a FA Cup e a FA Community Shield. Tras cinco tempadas no Liverpool, Alonso fichou polo Real Madrid o 4 de agosto de 2009 a cambio de 30 millóns de libras (máis de 35 millóns de euros).

Clubs editar

Club País Ano
Antiguoko España 1997-1999
Real Sociedad España 1996-2000
SD Eibar España 2000
Real Sociedad España 2001-2004
Liverpool FC Inglaterra 2004-2009
Real Madrid España 2009-2014
Bayern Munich Alemaña 2014-2017

Selección nacional de España editar

 
Xabi Alonso xogando coa selección española.

O seu debut produciuse o 30 de abril de 2003 en Madrid, nun partido amigable no que a Selección de fútbol de España gañou 4-0 a Ecuador.

Participou nas fases finais da Eurocopa 2004 e do Mundial de Alemaña 2006. Neste Mundial marcou o primeiro gol de España na competición, no partido contra Ucraína, que terminaría 4-0 a favor do combinado español.

O 29 de xuño de 2008, Alonso proclamouse xunto ao seu equipo, campión da Eurocopa 2008. Alonso debutou no terceiro partido da fase de clasificación ante Grecia, encontro no que foi elixido mellor xogador.[2] Tamén xogou nas roldas eliminatorias do torneo como suplente.

No 2009, disputou a Copa Confederacións con España, onde no partido de consolación polo terceiro posto contra Suráfrica marcou un gol de libre directo na prórroga, gol decisivo para a vitoria de España por 3-2.

O 11 de xullo de 2010 proclamouse campión da Copa Mundial de Fútbol coa selección española en Suráfrica.

Alonso disputou tamén partidos internacionais amigables coa selección de Euskadi.[3]

Palmarés editar

Campionatos nacionais editar

Título Club País Ano
FA Cup Liverpool FC Inglaterra 2006
Community Shield Liverpool FC Inglaterra 2006

Copas internacionais editar

Título Equipo (*) País Ano
Liga de Campións Liverpool FC Inglaterra 2005
Supercopa de Europa Liverpool FC Inglaterra 2005
Eurocopa Selección de España España 2008
Copa Mundial de Fútbol Selección de España España 2010

Distincións individuais editar

  • Mellor xogador do partido contra Grecia na fase clasificatoria da Eurocopa 2008.
  • Mellor xogador do partido polo terceiro posto na Copa Confederacións 2009 convertendo o gol da vitoria.
  • Elixido entre os 30 mellores xogadores da FIFA na tempada 2004-05.

Notas editar

  1. Marca, ed. (1 de xullo de 2012). "España reescribe a historia". 
  2. UEFA Euro 2008. "Gañadores do xogador do partido". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2008. Consultado o 29 de xuño de 2008. 
  3. Lerena, Ángela (8 de agosto de 2009). "A personalidade vasca de Xabi Alonso". Crítica de la Argentina. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2010. Consultado o 31 de xaneiro de 2010. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar