Estadio Gran Parque Central

(Redirección desde «Estadio Parque Central»)

Coordenadas: 34°53′04″S 56°09′32″O / -34.8845, -56.159

O Estadio Gran Parque Central, popularmente coñecido como Parque Central, é o estadio do Club Nacional de Football. Sitúase en Montevideo, Uruguai, detrás da sede do club (rúa por medio), entre as rúas Carlos Anaya, Jaime Cibils, General Urquiza e Comandante Braga, no barrio La Blanqueada. É o estadio no que Nacional xoga os seus partidos como local.

Gran Parque Central
Uruguai Parque Central
Datos
LocalizaciónMontevideo, Uruguai
Construción
Inauguración25 de maio de 1900
Renovación2005
Custo$ 1 000 000
Estadio
SuperficieCéspede
Dimensións105 x 68
Capacidade34.000
PropietarioClub Nacional
LocalíaClub Nacional
Eventos

O predio conta en total con 43.000 metros cadrados. Alí sitúase o estadio con capacidade para 24.000 espectadores sentados e instalacións completas para dúas concentracións, dous ximnasios, dúas canchas de paddle, dúas canchas de baloncesto, sala de musculación, sanidade, lavadoiro, salas de reunións, dormitorios, baños, comedor, cociña, depósitos etc.

Historia editar

Foi sede da Copa Mundial de Fútbol de 1930 e é o estadio no que se disputou o primeiro partido na historia dos mundiais de fútbol (feito lembrado pola FIFA con placas conmemorativas na propia cancha nos anos 1987 e 2005), cando polo Grupo D os Estados Unidos derrotaron a Bélxica por 3 tantos a 0 o día 13 de xullo de 1930.[1]

Descrición editar

O estadio está conformado por catro tribunas: Tribuna José María Delgado (Norte), Tribuna Atilio García (Sur), Tribuna Abdón Porte (Oeste), Noiro Héctor Scarone (Este), que deben os seus nomes a famosos xogadores de Nacional (como Atilio García, Abdón Porte e Héctor Scarone) e a un dirixente da institución (José María Delgado). O estadio leva varios alcumes, sendo o máis popular chamalo simplemente "O Parque", ademais coñécello tamén como "O Templo Tricolor", "A Casabranca" ou "A Quinta da Paraguaia".

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar