Héctor Scarone

futbolista uruguaio

Héctor Pedro Scarone, coñecido como El mago, nado o 26 de novembro de 1898 en Montevideo e finado o 4 de abril de 1967 na mesma cidade, foi un futbolista uruguaio. Xogaba na posición de extremo (dianteiro) e foi internacional coa selección uruguaia. Militou durante a maior parte da súa carreira no Nacional, club co que marcou 301 goles en 369 partidos, sendo o segundo máximo goleador da súa historia e o terceiro de toda a Primeira División do Uruguai.

Modelo:BiografíaHéctor Scarone

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de novembro de 1898 Editar o valor en Wikidata
Montevideo, Uruguai Editar o valor en Wikidata
Morte4 de abril de 1967 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Montevideo, Uruguai Editar o valor en Wikidata
Altura173 cm Editar o valor en Wikidata
Peso74 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1916 Editar o valor en Wikidata - 1939 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaUruguai Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1917–1926   Club Nacional 115(108)
1926–1926   FC Barcelona
1926–1927   FC Barcelona 18(17)
1927–1931   Club Nacional 45(39)
1931–1932   Inter de Milán 14(7)
1932–1934 Palermo Football Club 54(13)
1934–1939   Club Nacional 31(16)
1937–1938 Montevideo Wanderers Fútbol Club
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1917–1930   Uruguai 52(31)
Participou en
xullo de 1930Mundial de Fútbol Uruguai 1930
1928Xogos Olímpicos de 1928
1924Xogos Olímpicos de 1924 Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsCarlos Scarone Editar o valor en Wikidata

FIFA: 57652 Editar o valor en Wikidata

Foi considerado o "mellor xogador do mundo" nos anos 20 e é unha das grandes figuras da historia do fútbol suramericano. Foi un dos membros da selección uruguaia que conquistou a primeira edición da Copa do Mundo en 1930, e gañou tamén catro veces a Copa América e dúas medallas de ouro nos Xogos Olímpicos. Os seus 31 goles coa selección valéronlle para manterse como o máximo goleador do combinado durante máis de oito décadas, ata que foi superado en 2011 por Diego Forlán. Futbolista de gran habilidade, a súa seguridade en converter penaltis fíxose lenda (nunca fallou un).

Era o irmán máis novo de Carlos Scarone, outro histórico futbolista de Nacional e do fútbol uruguaio.

Traxectoria

editar

Futbolista

editar

A nivel de clubs, Scarone xogou a maior parte da súa carreira en Nacional. Debutou no equipo do Parque Central en 1917 e alí xogou até o seu retiro en 1939, salvo tres anos nos que se desempeñou no fútbol europeo: 1926, cando defendeu as cores do FC Barcelona, 1932, cando xogou para o Società Sportiva Ambrosiana (hoxe Inter de Milán) e 1934, cando actuou no Palermo.

En Nacional, Scarone posúe a marca de maior cantidade de anos xogando para a institución (20 anos), e é o terceiro máximo goleador na historia da liga do Uruguai con 163 goles. Obtivo a Primeira División do Uruguai en oito ocasións: 1916, 1917, 1919, 1920, 1922, 1923, 1924 e 1934, a Copa de Honra (Cousenier) en 1917 e a Copa Río da Prata (Dr. Ricardo Aldao) en 1919 e 1920. Xogou en total (incluíndo amigables) 369 partidos con Nacional, marcou 301 goles e na súa dilatada traxectoria de 24 anos como futbolista, no Uruguai só xogou por Nacional.

Adestrador

editar

Como adestrador, Scarone dirixiu, entre outros, a Nacional, ao Millonarios de Colombia e ao Real Madrid de España, sen maior transcendencia.

Selección nacional

editar

Coa selección uruguaia gañou a Copa América en 1917, 1923, 1924 e 1926; a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1924 e 1928 e o Mundial de 1930. Disputou un total de 51 partidos oficiais co combinado charrúa e anotou 31 goles. A súa cifra goleadora mantívose como a máis alta da historia da selección ata 2011, cando foi superada por Diego Forlán. Incluíndo os encontros non oficiais, o Mago Scarone anotou 52 goles en 70 partidos coa camiseta celeste.

Participacións en Copas do Mundo

editar
Mundial Sede Resultado PX (G)
Mundial de 1930 Uruguai Campión 3 (1)

Participacións en Xogos Olímpicos

editar
Xogos Sede Resultado PJ (G)
Xogos Olímpicos 1924 París Campión 5 (4)
Xogos Olímpicos 1928 Ámsterdan Campión 3 (3)
Total 2/2 8 (7)

Participacións en Copa América

editar
Copa Sede Resultado PJ (G)
Copa América 1917 Uruguai Campión 3 (2)
Copa América 1919 Brasil Subampión 4 (1)
Copa América 1923 Uruguai Campión 3 (1)
Copa América 1924 Uruguai Campión 2 (0)
Copa América 1926 Chile Campión 4 (6)
Copa América 1927 Perú Subcampión 2 (3)
Copa América 1929 Arxentina 3° posto 0
Total 4/7 18 (13)

Clubs e estatísticas

editar
Equipo País Período Partidos Goles Media
Nacional Uruguai 1916—1926 115 108 0,94
Barcelona España 1926 18 9 0,50
Nacional Uruguai 1927—1931 45 39 0,87
Inter Milán Italia 1931—1932 14 7 0,50
Palermo Italia 1932—1934 54 13 0,24
Nacional Uruguai 1934—1938 31 16 0,52
Selección uruguaia 1917—1930 51 31 0,61
TOTAL 1916—1938 328 223 0,68

Palmarés como futbolista

editar

Campionatos nacionais

editar
Título Club País Ano
Primeira División do Uruguai Nacional Uruguai 1916
Primeira División do Uruguai Nacional Uruguai 1917
Primeira División do Uruguai Nacional Uruguai 1919
Primeira División do Uruguai Nacional Uruguai 1920
Primeira División do Uruguai Nacional Uruguai 1922
Primeira División do Uruguai Nacional Uruguai 1923
Primeira División do Uruguai Nacional Uruguai 1924
Primeira División do Uruguai Nacional Uruguai 1934

Copas internacionais

editar
Título Equipo Ano
Copa América Selección uruguaia 1917
Copa América Selección uruguaia 1923
Copa América Selección uruguaia 1924
Ouro nos Xogos Olímpicos Selección uruguaia 1924
Copa América Selección uruguaia 1926
Ouro nos Xogos Olímpicos Selección uruguaia 1928
Copa Mundial de Fútbol Selección uruguaia 1930

Distincións individuais

editar
Distinción Ano
Mellor xogador da Copa América 1917
Máximo goleador da Copa América 1926
Máximo goleador da Copa América 1927
Goleador histórico da selección uruguaia
21º posto na clasificación do mellor xogador suramericano do século XX 2006
40º posto na clasificación do mellor xogador do mundo do século XX 2006

Marcas

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar