Estadio Centenario

O Estadio Centenario sitúase no Barrio Parque Batlle, Montevideo, Uruguai. Foi sede da Copa Mundial de Fútbol de 1930, do Campionato Suramericano 1942, do 1956, 1967 e 1995, todos disputados no Uruguai e gañados tamén polo Uruguai. É sede da selección de fútbol do Uruguai.

Centenario

Tipoestadio de fútbol e estadio Editar o valor en Wikidata
Custo$ 1 000 000
Localización
Mapa
 34°53′40″S 56°09′10″O / -34.8944, -56.1528
Departamento (pt) TraducirDepartamento de Montevideo
División administrativaMontevideo Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónMontevideo, Uruguai
EnderezoMontevideo, 11400 Editar o valor en Wikidata
Datas
Fundación18 de xaneiro de 1930 Editar o valor en Wikidata
Inauguración18 de xullo de 1930
Acontecementos
Mundial de Fútbol Uruguai 1930 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Capacidade76.609 [1]
Tipo superficiecéspede Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Propietario/aIntendencia Municipal de Montevideo
Arquitecto/aJuan Antonio Scasso Editar o valor en Wikidata
Operador/aAsociación Uruguaia de Fútbol Editar o valor en Wikidata
OcupanteAsociación Uruguaia de Fútbol Editar o valor en Wikidata
Deporte
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LocalíaSelección de fútbol do Uruguai
Contacto
Páxina WEBestadiocentenario.com.uy Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Historia

editar

O Estadio Centenario é un dos máis importantes no desenvolvemento deportivo de Suramérica e do fútbol internacional. Foi inaugurado o 18 de xullo de 1930, no partido da Copa Mundial de Fútbol de 1930 que enfrontou á selección do Uruguai e á selección do Perú, obtendo a vitoria a selección local por 1-0, con gol do lembrado "Manco" Castro. O seu nome orixínase da celebración dos 100 anos da primeira Constitución do Uruguai.

 
Tribuna Ámsterdan.

Foi construído especialmente para a organización do torneo internacional, por maioría de traballadores inmigrantes nun lapso récord de 9 meses. Nun comezo, nel realizaríanse todos os partidos da Copa Mundial, con todo, as fortes choivas que azoutaron Montevideo tempo antes impediron o fin da construción do coloso Centenario, polo que varios partidos deberon realizarse no Estadio Gran Parque Central pertencente ao Club Nacional de Football, e no desaparecido Estadio Pocitos do Club Atlético Peñarol.

A final da devandita Copa Mundial enfrontou á Selección do Uruguai coa Selección da Arxentina, sendo gañador Uruguai por 4-2. O 18 de xullo de 1983 é declarado pola FIFA "Monumento Histórico do Fútbol Mundial", sendo a única construción desta índole no mundo. Na actualidade, a Selección uruguaia de fútbol xoga neste estadio os seus partidos de local, do mesmo xeito que calquera equipo uruguaio que solicite disputar os seus partidos neste escenario.

 
Dende as aforas.

Notas

Véxase tamén

editar
Predecesor:
Ningún
Escenario da final do Mundial
  Uruguai 1930
Sucesor:
Stadio Nazionale PNF

  Italia 1934