Estadio Pocitos
O Estadio Pocitos foi un estadio multifuncional situado no barrio de Pocitos, en Montevideo, capital da República Oriental do Uruguai, usufrutuado polo Club Atlético Peñarol.
Pocitos | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 34°54′18″S 56°09′22″O / -34.905053, -56.1562 |
Localización | Montevideo, Uruguai |
Construción | |
Inauguración | 6 de novembro de 1921 |
Demolición | 1940 aprox. |
Custo | $ 1 000 000 |
Estadio | |
Superficie | Pasto |
Dimensións | 109 x 75 |
Capacidade | 1.000 |
Localía | Peñarol (até 1933) |
Eventos | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Situación
editarRecentemente determinouse a súa localización precisa no cruzamento das rúas Charrúa e Coronel Alegre, e púidose determinar a localización (nunha casa particular) na que estaba o arco onde se converteu o primeiro gol dos Campionatos Mundiais de Fútbol, así como logrouse situar (na porta dun local onde funciona un lavadoiro e tinturaría) o centro da cancha; desta maneira púidose rescatar algo da historia da primeira hora do fútbol mundial.
O francés Lucien Laurent foi quen anotou ese primeiro gol na historia dos Mundiais, no minuto 19 do match en que o seu país lle gañou a México por 4 a 1. O Club Atlético Peñarol foi local neste estadio até 1933.