Club Atlético Peñarol

O Club Atlético Peñarol é un club de fútbol uruguaio da cidade de Montevideo, fundado o 28 de setembro de 1891 co nome Central Uruguay Railway Cricket Club (ou CURCC), que compite na Primeira División do Uruguai. Dende os primeiros anos do club, as súas cores identificativas son o negro e o amarelo.

Peñarol
NomeClub Atlético Peñarol
Alcume(s)Manyas, Aurinegros, Carboneros, Mirasoles, Campeón del Siglo
Fundación28 de setembro de 1891 (como CURCC)
EstadioCampéon del Siglo,
Montevideo, Uruguai
Capacidade12.000 / 65.000
PresidenteUruguai Juan Pedro Damiani
AdestradorUruguai Jorge da Silva
LigaPrimeira División
2015–16 Ap
Na rede
http://www.peñarol.org/
Facebook: OficialCAP Twitter: OficialCAP Instagram: oficialcap Youtube: UCgL0le-4q-bq-2pZnR9KVJg TikTok: oficialcap Editar o valor en Wikidata
Titular
Alternativo
Terceiro

Seccións

editar
 
Trofeo da IFFHS ó mellor club suramericano do século XX.

No Peñarol existen diversas seccións deportivas, e á marxe da de fútbol, tamén cabe salientar as seccións de ciclismo, fútbol sala e baloncesto. A sección de baloncesto gañou varios torneos nacionais, e en 1983 proclamouse campión de Suramérica. Non obstante, a sección desapareceu en 1997 por razóns económicas. Pola súa parte, a sección de fútbol sala ten acadado tamén varios títulos de liga, chegando a gañar o Campionato Mundial Interclubes en 1987.

No que atinxe á sección de fútbol, esta é a máis laureada e popular do club, facendo do Peñarol o equipo con máis campionatos profesionais no Uruguai (37 títulos). Sumando os títulos profesionais e os títulos da época non profesional, o total de títulos nacionais de liga do Peñarol acada a cifra de 48. A nivel internacional, é o 3º club con máis títulos da Copa Libertadores (5), e en 1982 converteuse no primeiro club do mundo en conquistar 3 veces a Copa Intercontinental.

A IFFHS proclamou ó Peñarol como mellor club do século XX en Suramérica, por diante do Club Atlético Independiente arxentino e do seu máximo rival, o Club Nacional de Football, 2º e 3º.

Estadio

editar

O Peñarol ten un estadio da súa propiedade, chamado José Pedro Damiani en memoria dun dos antigos presidentes do club. Este estadio ten capacidade para acoller a 12.000 seareiros, unha capacidade inferior ó que precisa o club, xa que a súa masa social e moito maior. Por iso o Peñarol leva varias décadas xogando os seus encontros como local no Estadio Centenario, de titularidade consistorial, e cuxa capacidade é de 65.236 persoas.

 
Seareiros do Peñarol no Estadio Centenario.

Palmarés

editar

O Peñarol é o club uruguaio con máis títulos de liga, con 48. En competicións continentais o Peñarol ten disputado 10 finais da Copa Libertadores, récord absoluto, gañando 5 e perdendo nas outras 5. Na tempada 2011 caeu fronte ó Santos na súa última final.

Torneos nacionais

editar
  • Primeira División do Uruguai (47) = 1900, 1901, 1905, 1907, 1911, 1918, 1921, 1928, 1929, 1932, 1935, 1936, 1937, 1938, 1944, 1945, 1949, 1951, 1953, 1954, 1958, 1959, 1960, 1961, 1962, 1964, 1965, 1967, 1968, 1973, 1974, 1975, 1978, 1979, 1981, 1982, 1985, 1986, 1993, 1994, 1995, 1996, 1997, 1999, 2003, 2009-10, 2012-13

Torneos continentais

editar

Xogadores

editar
 
Alberto Spencer en 1966.

Entre os centos de xogadores que teñen defendido as cores do Peñarol, algúns deles son especialmente salientables. É o caso de Alberto Spencer (máximo goleador da historia da Copa Libertadores); Obdulio Varela, Alcides Ghiggia e Juan Schiaffino (capitán e goleadores do Uruguai no Maracanazo); Fernando Morena (máximo goleador histórico do club); etc.

Cadro actual

editar
 
Estoyanoff.
Posto País Xogador
1 POR   Danilo Lerdi
2 DEF   Juan Álvez
3 MED   Marcel Novick
4 DEF   Alejandro González
5 MED   Nicolás Freitas
6 DEF   Marcelo Silva
7 MED   Bruno Montelongo
8 DEF   Emilio MacEachen
9 MED   Facundo Gichón
10 DIA   Maximiliano Pérez
11 DIA   Fabián Estoyanoff
12 POR   Fabián Carini
13 DIA   Santiago Silva
Posto País Xogador
14 MED   Luis Aguiar
15 MED   João Pedro
16 MED   Jorge Zambrana
17 DIA   Marcelo Zalayeta
18 MED   Sebastián Rosano
19 MED   Nicolás Amodio
20 DIA   Rodrigo Mora
21 POR   Leandro Gelpi
22 DEF   Darío Rodríguez (Cap.)
23 DEF   Carlos Valdez
24 MED   Emiliano Albín
25 MED   Sebastián Cristóforo

Actualizado 4 de maio de 2012

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar