Mundial de Fútbol de 1934

evento futbolístico internacional cuatrianual

O Mundial de Fútbol de 1934 (en italiano: Campionato Mondiale di Calcio 1934) foi a segunda edición do campionato do mundo de seleccións internacionais de fútbol asociación, a Copa do Mundo FIFA. Xogouse en Italia entre o 27 de maio e o 10 de xuño de 1934. Para este torneo trinta e catro asociacións solicitaron participar, polo que esta vez realizáronse eliminatorias preliminares para determinar as dezaseis seleccións participantes.[1] Só participaron catro equipos non europeos: a Arxentina, o Brasil, Estados Unidos e Exipto, que foi a primeira selección africana en participar do certame.

Modelo:Competición deportivaMundial de Fútbol de 1934
Imaxe
Nome na lingua orixinal(it) Campionato Mondiale di Calcio 1934 Editar o valor en Wikidata
TipoCopa do Mundo de Fútbol Editar o valor en Wikidata
OrganizadorFIFA Editar o valor en Wikidata
Número de participantes16 Editar o valor en Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
LocalizaciónEstádio Giuseppe Grezar (pt) Traducir (Trieste)
Estadio Giuseppe Meazza (Milán)
Estádio Olímpico de Turim (pt) Traducir (Turín)
Estadio Renato Dall'Ara (Boloña)
Estadio Luigi Ferraris (Xénova)
Estádio Artemio Franchi (pt) Traducir (Florencia)
Estádio Nacional do PNF (pt) Traducir (Roma)
Estádio Giorgio Ascarelli (pt) Traducir (Nápoles) Editar o valor en Wikidata
PaísItalia Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo27 de maio de 1934 – 10 de xuño de 1934 Editar o valor en Wikidata
Número de edición2  (1934) Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoItalia Editar o valor en Wikidata
Datos estatísticos
Partidos17 Editar o valor en Wikidata
Goles70 Editar o valor en Wikidata
Máis goles marcadosOldřich NejedlýChecoslovaquia (5) Editar o valor en Wikidata
Número de espectadores358.000 Editar o valor en Wikidata

O campión foi Italia que se impuxo a Checoslovaquia na final por 2 a 1. Como protesta ao boicot do torneo anterior, Uruguai negouse a participar e converteuse no único equipo campión que non defendeu o seu título. Nesta edición o torneo sufriría un cambio de formato, substituíuse a fase de grupos por dúas fases de eliminación directa. Os partidos definiríanse en 90 minutos, cunha prórroga en caso de empate. Se o partido continuaba empatado logo dos 120 minutos, xogábase un partido desquite en lugar dunha rolda de penaltis. O torneo foi utilizado por Benito Mussolini como propaganda fascista,[2] do mesmo xeito que o faría Adolf Hitler cos Xogos Olímpicos de 1936.[3]

Antecedentes

editar

Tralo retiro das candidaturas para a realización do torneo de 1930 e o boicot realizado polos países europeos a este mesmo evento, Italia abocouse á obtención da sede da II Copa Mundial. Benito Mussolini encargouse persoalmente de que Italia fose elixida sede. Suecia retirou misteriosamente a súa candidatura en 1932 polo que o reino itálico obtivo a organización do torneo unanimemente. Un total de 34 países solicitaron a súa participación ao evento, polo que debeu realizarse a primeira eliminatoria de clasificación.

Con todo, como forma de protesta polo boicot liderado por case todos os países europeos en 1930, o Uruguai renunciou a participar. A Arxentina, do mesmo xeito que o Brasil, fixo o mesmo. Non querían participar nas eliminatorias e igual xogar o Mundial. A Arxentina debeu xogar a eliminación con Chile, e o Brasil co Perú. Estes partidos nunca se xogaron pois as dúas seleccións importantes negáronse. Finalmente a FIFA decidiu que Chile e Perú abandonaran xa que non presentaran equipo. Aínda que foi todo o contrario, Chile e Perú estaban listos para xogar. Mais a presión dos grandes foi maior.

O número de seguidores que chegaron de todo o mundo para ver esta Copa do Mundo foi superior ao da anterior edición, incluíndo 7.000 procedentes dos Países Baixos e 10.000 tanto de Austria como de Suíza.[4]

Milán Boloña
Stadio San Siro Stadio Littoriale
Capacidade: 55.000 Capacidade: 50.100
   
Roma Florencia
Stadio Nazionale PNF Stadio Giovanni Berta
Capacidade: 47.300 Capacidade: 47.290
   
Nápoles Xénova Turín Trieste
Stadio Giorgio Ascarelli Stadio Luigi Ferraris Stadio Benito Mussolini Stadio Littorio
Capacidade: 40.000 Capacidade: 36.703 Capacidade: 28.140 Capacidade: 8.000
       

Países participantes

editar

Nesta edición da Copa do Mundo participaron 16 países, 10 dos cales participaban no campionato por primeira vez: 9 dos 12 equipos europeos (Alemaña, Austria, Checoslovaquia, España, Hungría, Italia, os Países Baixos, Suecia, e Suíza) e Exipto. Este último foi o primeiro equipo do continente africano en disputar a competición. Con todo, non volverían a disputar outra até a seguinte vez que o torneo volveu a Italia: 1990.

Equipos participantes
  Alemaña   Brasil   Estados Unidos   Países Baixos
  Arxentina   Checoslovaquia   Francia   Romanía
  Austria   Exipto   Hungría   Suecia
  Bélxica   España   Italia   Suíza

Eliminatorias

editar

Por primeira vez na historia da Copa Mundial de Fútbol, o torneo desenvolveuse por completo nun sistema de partidos eliminatorios simples e non cunha primeira rolda de grupos. Este sistema soamente foi utilizado neste evento e no seguinte.

Oitavos de final Cuartos de final Semifinais Final
                           
Roma, 27 de maio            
   Italia  7
Florencia, 31 de maio (1 de x.)
   Estados Unidos  1  
   Italia  0(1)
Xénova, 27 de maio
     España  0(0)  
   España  3
Milán, 3 de xuño
   Brasil  1  
   Italia  1
Turín, 27 de maio
     Austria  0  
   Austria  3
Boloña, 31 de maio
   Francia  2  
   Austria  2
Nápoles, 27 de maio
     Hungría  1  
   Hungría  4
Roma, 10 de xuño
   Exipto  2  
   Italia  2
Trieste, 27 de maio
     Checoslovaquia  1
   Checoslovaquia  2
Turín, 31 de maio
   Romanía  1  
   Checoslovaquia  3
Milán, 27 de maio
     Suíza  2  
   Países Baixos  2
Roma, 3 de xuño
   Suíza  3  
   Checoslovaquia  3
Florencia, 27 de maio
     Alemaña  1   Terceiro posto
   Alemaña  5
Turín, 31 de maio Nápoles, 7 de xuño
   Bélxica  2  
   Alemaña  2    Alemaña  3
Boloña, 27 de maio
     Suecia  1      Austria  2
   Suecia  3
   Arxentina  2  

Encontros

editar
Os horarios corresponden ao horario de verán de Europa occidental (UTC+1).

Oitavos de final

editar
Italia 7 - 1 Estados Unidos 27 de maio de 1934, 16:00 – Stadio Nazionale del PNF, Roma
Asistencia: 25.000
Árbitro: René Mercet (Suíza)
Schiavio   18'   29'   64'
Orsi   20'   69'
Ferrari   63'
Meazza   90'
Informe
Donelli   57'
 
España 3 - 1 Brasil 27 de maio de 1934, 16:00 – Stadio Luigi Ferraris, Xénova
Asistencia: 21.000
Árbitro: Alfred Birlem (Alemaña)
Iraragorri   18' (pen.),   25'
Lángara   29'
Informe
Leônidas   55'
 


Austria 3 - 2 Francia 27 de maio de 1934, 16:00 – Stadio Benito Mussolini, Turín
Asistencia: 16.000
Árbitro: Johannes van Moorsel (Países Baixos)
Sindelar   44'
Schall   93'
Bican   109'
Informe
Nicolas   18'
Verriest   116' (pen.)
 
Hungría 4 - 2 Exipto 27 de maio de 1934, 16:00 – Stadio Giorgio Ascarelli, Nápoles
Asistencia: 9.000
Árbitro: Rinaldo Barlassina (Italia)
Teleki   11'
Toldi   31'   61'
Vincze   53'
Informe
Fawzi   35'   39'
 


Checoslovaquia 2 - 1 Romanía 27 de maio de 1934, 16:00 – Stadio Littorio, Trieste
Asistencia: 9.000
Árbitro: Jan Langenus (Bélxica)
Puč   50'
Nejedlý   67'
Informe
Dobay   11'
 
Suíza 3 - 2 Países Baixos 27 de maio de 1934, 16:00 – Stadio San Siro, Milán
Asistencia: 33.000
Árbitro: Ivan Eklind (Suecia)
Kielholz   7'   43'
Abegglen   66'
Informe
Smit   29'
Vente   69'
 


Alemaña 5 - 2 Bélxica 27 de maio de 1934, 16:00 – Stadio Giovanni Berta, Florencia
Asistencia: 8.000
Árbitro: Francesco Mattea (Italia)
Kobierski   25'
Siffling   49'
Conen   66'   70'   87'
Informe
Voorhoof   29'   43'
 
Suecia 3 - 2 Arxentina 27 de maio de 1934, 16:00 – Stadio Littoriale, Boloña
Asistencia: 14.000
Árbitro: Eugen Braun (Austria)
Joansson   9'   67'
Kroon   79'
Informe
Belis   4'
Galateo   48'
 

Cuartos de final

editar
Italia 1 - 1 España 31 de maio de 1934, 16:30 – Stadio Giovanni Berta, Florencia
Asistencia: 35.000
Árbitro: Luis Baert (Bélxica)
Ferrari   44' Informe
Regueiro   30'
 
Austria 2 - 1 Hungría 31 de maio de 1934, 16:30 – Stadio Littoriale, Boloña
Asistencia: 23.000
Árbitro: Francesco Mattea (Italia)
Horvath   8'
Zischek   51'
Informe
Sárosi   60' (pen.)
 


Checoslovaquia 3 - 2 Suíza 31 de maio de 1934, 16:30 – Stadio Benito Mussolini, Turín
Asistencia: 12.000
Árbitro: Alois Beranek (Austria)
Svoboda   24'
Sobotka   49'
Nejedlý   82'
Informe
Kielholz   18'
Jäggi   78'
 
Alemaña 2 - 1 Suecia 31 de maio de 1934Stadio San Siro, Milán
Asistencia: 3.000
Árbitro: Rinaldo Barlassina (Italia)
Hohmann   60'   63' Informe
Dunker   82'
 

Desempate

editar
Italia 1 - 0 España 1 de xuño de 1934, 16:30 – Stadio Giovanni Berta, Florencia
Asistencia: 43.000
Árbitro: René Mercet (Suíza)
Meazza   11' Informe
 

Semifinais

editar
Italia 1 - 0 Austria 3 de xuño de 1934, 16:30 – Stadio San Siro, Milán
Asistencia: 35.000
Árbitro: Ivan Eklind (Suecia)
Guaita   19' Informe
 
Checoslovaquia 3 - 1 Alemaña 3 de xuño de 1934, 16:30 – Stadio Nazionale del PNF, Roma
Asistencia: 15.000
Árbitro: Rinaldo Barlassina (Italia)
Nejedlý   21'   69'   80' Informe
Noack   62'
 

Terceiro posto

editar
Alemaña 3 - 2 Austria 7 de xuño de 1934, 18:00 – Stadio Giorgio Ascarelli, Nápoles
Asistencia: 7.000
Árbitro: Albino Carraro (Italia)
Lehner   1'   42'
Conen   27'
Informe
Horvath   28'
Sesta   54'
 
Italia 2 - 1 Checoslovaquia 10 de xuño de 1934, 17:00 – Stadio Nazionale del PNF, Roma
Asistencia: 55.000
Árbitro: Ivan Eklind (Suecia)
Orsi   81'
Schiavio   95'
Informe
Puč   71'
 


Campión do Mundo
 
Italia
Primeiro título

Goleadores

editar

Con cinco goles, Oldřich Nejedlý foi o máximo goleador do torneo. En total, anotáronse 70 goles por parte de 45 xogadores, ningún dos cales foi en propia meta.

5 goles
4 goles
3 goles
2 goles
1 gol

Clasificación retrospectiva

editar
 
Oldřich Nejedlý, máximo goleador do torneo.

En 1986, a FIFA publicou un informe no que facía unha clasificación das seleccións en cada Copa do Mundo.[5] A clasificación de 1934 foi a seguinte:

P Selección X V E D GF GC DF Pts.
1   Italia 4 3 1 0 11 3 +8 7
2   Checoslovaquia 4 3 0 1 9 6 +3 6
3   Alemaña 4 3 0 1 11 8 +3 6
4   Austria 4 2 0 2 7 7 0 4
Eliminados en cuartos de final
5   España 2 1 1 0 4 2 +2 3
6   Hungría 2 1 0 1 5 4 +1 2
7   Suíza 2 1 0 1 5 5 0 2
8   Suecia 2 1 0 1 4 4 0 2
Eliminados en oitavos de final
9   Arxentina 1 0 0 1 2 3 −1 0
  Francia 1 0 0 1 2 3 −1 0
  Países Baixos 1 0 0 1 2 3 −1 0
12   Romanía 1 0 0 1 1 2 −1 0
13   Exipto 1 0 0 1 2 4 −2 0
14   Brasil 1 0 0 1 1 3 −2 0
15   Bélxica 1 0 0 1 2 5 −3 0
16   Estados Unidos 1 0 0 1 1 7 −6 0
  1. "World Cup 1934". Football History (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2020. Consultado o 20 de xuño de 2020. 
  2. "1934 World Cup – The Story Of Mussolini, Italy, And The Fascist Blackshirts" [Copa do Mundo de 1934 – A historia de Mussolini, Italia e os camisas negras fascistas]. Pundit Arena (en inglés). 11 de marzo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2020. Consultado o 20 de xuño de 2020. 
  3. "A problematic prelude to the 1938 World Cup" [Un preludio problemático á Copa do Mundo de 1938]. FIFA (en inglés). 16 de abril de 1996. Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2020. Consultado o 20 de xuño de 2020. 
  4. Tomlinson, A. e Young C. (ed.). National Identity and Global Sports Events [Identidade nacional e eventos deportivos globais] (en inglés). State University of New York Press. p. 54. 
  5. "FIFA World Cup: Milestones, facts & figures. Statistical Kit 7" [Copa Mundial da FIFA: Fitos, feitos e figuras. Documento estatístico 7] (PDF) (en inglés). FIFA. 26 March 2013. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de maio de 2013. Consultado o 23 de xuño de 2020. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar