Josef Bican

futbolista austríaco

Josef "Pepi" Bican, nado en Viena o 25 de setembro de 1913 e finado o 12 de decembro de 2001, foi un dos grandes futbolistas austríacos e checoslovacos de tódolos tempos. Gañou cinco veces a Bota de Ouro.

Infotaula de personaJosef Bican

(1940) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de setembro de 1913 Editar o valor em Wikidata
Viena, Austria Editar o valor em Wikidata
Morte12 de decembro de 2001 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Praga, República Checa Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério Vyšehrad (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesPepi, Manolo Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeChecoslovaquia (1938–)
Austria (1918–)
Cisleitania (1913–1918) Editar o valor em Wikidata
Altura178 cm Editar o valor em Wikidata
Peso77 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista , adestrador de fútbol Editar o valor em Wikidata
Período de actividade6 de setembro de 1931 Editar o valor em Wikidata - 1957 Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaAustria
Checoslovaquia
Protectorado de Bohemia e Moravia Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- FC Hradec Králové
- FC Vítkovice (pt) Traducir
1931-1935 SK Rapid Wien 49(54)
1935-1937 SK Admira Wien (en) Traducir 26(18)
1935-1937 FC Admira Wacker Mödling 26(18)
1937-1948 SK Slavia Praha 221(427)
1953-1955 SK Slavia Praha 29(22) Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
1933-1936   Selección de fútbol de Austria 19(14)
1938-1949   Selección de fútbol de Checoslovaquia 14(12)
1939-1939   República Checa 2(6) Editar o valor em Wikidata
  Adestrador enllaç= enllaç=
- FC Hradec Králové Editar o valor em Wikidata
Participou en
1934Mundial de Fútbol Italia 1934 Editar o valor em Wikidata
Premios

FIFA: 174400 WikiTree: Bican-58 Find a Grave: 67935654 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Xuventude editar

Os seus pais eran Ludmila, unha vienesa de orixe checa e Frantisek, que viña de Sedlice, na zona sur de Bohemia. O pai de Josef foi futbolista, e xogou para o Hertha Vienna. Aínda que volveu ileso da primeira guerra mundial, morreu moi novo, aos 30 anos. A causa foi unha magoadura nos riles da que rexeitou operarse, por mor dun golpe nun encontro de fútbol.

A súa nai traballaba na cociña dun restaurante. O pouco que gañaba non daba para comprar unhas botas, así que Josef comezou a xogar ao fútbol descalzo. Isto curiosamente fixo que logo desenvolvera moita habilidade no manexo do balón.

Bican asistía á escola Jan Amos Komensky, unha escola checa de Viena. Aos 12 anos comeza a xogar para os xuvenís do Hertha Viena. Cando chega ós 18 anos, é fichado polo Rapid Viena, que nese entón era un dos grandes clubs da cidade.

Unha das poucas veces que a súa nai foi ve-lo xogar co Rapid, anoxouse moito cunha falta que lle fixeran ó seu fillo, e, tras saltar dende a bancada paraugas en man, comezou a bater no opoñente de Josef.

Entre as súas virtudes destacou sobre todo a súa velocidade: era quen de correr os 100 metros en 10,8 segundos, que constituiría unha magnífica marca no atletismo da época.

Seleccións editar

O 29 de novembro de 1933 con 20 anos e 64 días fai o seu debut coa selección austríaca, nun encontro contra a Escocia que rematou 2-2.

Ao ano seguinte, participou con Austria no Mundial de Fútbol Italia 1934, chegando ata as semifinais. No encontro polo terceiro posto perderon coa Alemaña por 3-2.

En 1937 Josef Bican deixa a cidade de Viena para xogar co Slavia Praga. Alí converteuse en cidadán checoslovaco.

Non puido disputar o mundial de 1938 por un erro burocrático, mais si fixo diversas aparicións coa selección checoslovaca. Tamén xogou varios encontros con Bohemia e Moravia. En total, 29 goles en 34 encontros internacionais. O seu derradeiro encontro de seleccións foi en 1949 con Checoslovaquia e contra Bulgaria. Perderon por 3-1.

A Posguerra editar

Despois da segunda guerra mundial algúns dos mellores clubs de Europa andaban tentando facerse cos servizos de Bican. A Juventus ofreceulle unhas magníficas condicións mais el desestimounas por mor duns rumores que dicían que os comunistas estaban a piques de chegar ó poder en Italia. Decidiu ficar en Praga e, curiosamente, os comunistas chegaron ao poder alí en 1948. Bican rexeitou unirse ao Partido Comunista, tal coma rexeitara unirse ao Partido Nazi.

Bican tentou de mellorar as súas relacións cos comunistas fichando polo Vitkovice Zelezarna. En 1951 foise para o Hradec Králové pero o 1 de maio de 1953 o Partido Comunista obrigouno a abandonar o club e a cidade. Volvería entón ao Slavia Praga, onde ficou ata 1955, retirándose do fútbol con 42 anos.

Cando Pelé estaba a piques de chegar aos 1000 goles moitos xornalistas andaban á procura doutro xogador que tivera superado o millar. E así apareceu o nome de Bican, que sostiña ter anotado 5000 goles. Cando lle preguntaron por que non falaba nunca do asunto, Bican respondeulles: "Quen me vai crer se digo que marquei cinco veces máis goles que Pelé?". Esta cifra semella excesiva e a única fonte documentada son os goles que anotou en liga e coas seleccións (ver táboa abaixo).

Josef "Pepi" Bican pasou os seus derradeiros meses nun hospital, aqueixado de problemas de corazón. Morreu aos 88 anos de idade.

Estatísticas editar

Tempada Club Encontros Goles
1937/38 Slavia Praha 19 22
1938/39 Slavia Praha 21 29
1939/40 Slavia Praha 20 50
1940/41 Slavia Praha 22 38
1941/42 Slavia Praha 20 45
1942/43 Slavia Praha 20 39
1943/44 Slavia Praha 23 57
1945/46 Slavia Praha 17 31
1946/47 Slavia Praha 22 43
1947/48 Slavia Praha 13 20
1948 Slavia Praha 7 21
1949 Vítkovické Železárny (II) -
1950 Vítkovické Železárny 21 22
1951 Vítkovické Železárny 12 8
1952 Hradec Králové (II) -
1953 Slavia Praha 8 7
1954 Slavia Praha 14 11
1955 Slavia Praha 7 4
1937-55 Total 266 447

Foi 12 máximo anotador de liga na súa carreira e 5 veces Bota de Ouro.