Dragan Stojković
Dragan Stojković (en serbio cirílico: Драган Стојковић), nado o 3 de marzo de 1965 en Niš, Iugoslavia, é un ex-futbolista e adestrador serbio. Dende 2021 dirixe a selección serbia. Tamén é coñecido polo seu alcume Piksi ou Pixy.
Dragan Stojković | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Драган Стојковић | ||
Nacemento | 3 de marzo de 1965 (58 anos) | ||
Lugar de nacemento | Niš, Iugoslavia | ||
Nacionalidade | Iugoslavia | ||
Altura | 173 centímetros | ||
Posición | Medio ofensivo / Dianteiro | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1981-1986 | Radnički | 70 | (8) |
1986-1990 | Estrela Vermella | 116 | (54) |
1990-1994 | Olympique | 29 | (11) |
1991-1992 | → Verona (cesión) | 19 | (9) |
1994-2001 | Nagoya Grampus | 183 | (57) |
Total | 417 | (125) | |
Selección nacional | |||
1983–2000 | Iugoslavia / Serbia | 84 | (15) |
Adestrador | |||
2008–2013 | Nagoya Grampus | ||
2015–2020 | Guangzhou R&F | ||
2021– | Serbia | ||
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
TraxectoriaEditar
ClubEditar
Talentoso mediocampista aínda que tamén xogaba ás veces de diantiero, Stojković comeza a súa carreira profesional na Primeira División Iugoslava no equipo da súa cidade, o Radnički Niš na tempada 1981-82. Alí ficará as catro seguintes, xogando 69 encontros e anotando 8 goles. Logo marchará ao Estrela Vermella de Belgrado onde estivo cinco tempadas, xogando 120 encontros e anotando 48 goles. Foi nomeado mellor xogador da liga nos anos 1988 e 1989.
Stojković tamén xogou no Hellas Verona e dúas tempadas e media no Olympique de Marsella. O Olympique con Stojković gañou a Liga de Campións no 1993. Na primavera de 1994 Stojković ficha polo club xaponés Nagoya Grampus Eight, adestrado por Arsène Wenger e no que que tamén xogaba Gary Lineker. Alí ficou sete tempadas, xogando 183 encontros e anotando 57 goles. Foi nomeado mellor xogador da liga en 1995. No Xapón hai un monumento, un estadio e unha rúa no seu nome.
SelecciónEditar
Coa selección, xogou 84 encontros e anotou 15 goles, tanto na selección Iugoslava coma na Serbia. O seu debut foi en xuño de 1983, e participou nas Eurocopas de 1984 e do 2000. Tamén participou nos mundiais de 1990 e 1998.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Sitio web da selección de Serbia Arquivado 14 de setembro de 2009 en Wayback Machine.
- Estatísticas de Stojković a nivel de club