Abrir o menú principal

A Copa do Mundo de 2026 será a 23ª edición do máximo campionato internacional de seleccións nacionais de fútbol organizado cada catro anos pola FIFA. O torneo terá lugar en 10 cidades dos Estados Unidos, 3 do Canadá e 3 de México, cuxa candidatura conxunta derrotou a de Marrocos o 13 de xuño de 2018 na votación levada a cabo no 68º Congreso da FIFA celebrado en Moscova[1]. Será a primeira edición da Copa do Mundo de Fútbol organizada por tres países, e nela medrará o número de seleccións nacionais participantes de 32 a 48.[2]

Copa do Mundo da FIFA 2026
Detalles do torneo
Organizador Flag of the United States.svg Estados Unidos
Flag of Canada.svg Canadá
Flag of Mexico.svg México
Datas ? – ?
Equipos 48
Sedes 16
Resultado
Campión
Subcampión
Terceiro
Cuarto
Estatísticas
Partidos
Goles
Asistencia
Goleador
Mellor xogador
Mellor promesa
Mellor porteiro
Xogo limpo
◄◄ Flag of Qatar.svg Qatar 2022   Soccerball.svg   Descoñecido 2030 ►►

Índice

Sedes posiblesEditar

Na candidatura conxunta presentada polos tres países que acollerán a Copa do Mundo establecíase que o torneo tería lugar en 16 estadios xa existentes, e que dos 80 encontros que se disputarán ó longo do torneo, 60 terán lugar nos Estados Unidos, 10 no Canadá e 10 en México. Tanto no Canadá como en México xogaranse sete encontros da fase de grupos, dous encontros dos dezaseisavos de final e un encontro dos oitavos de final.[3] A candidatura establecía 23 cidades candidatas con cadanseu estadio para acoller a Copa do Mundo, cifra que terá que ser reducida a 16.

MéxicoEditar

Cidade de México Monterrey Guadalaxara
Estadio Azteca Estadio BBVA Bancomer Estadio Akron
Capacidade: 87 523 Capacidade: 53 460 Capacidade: 48 071
     

CanadáEditar

Montreal Edmonton Toronto
Estadio Olímpico Estadio da Commonwealth BMO Field
Capacidade: 55 822 Capacidade: 56 418 Capacidade: 45 500
     

Estados UnidosEditar

Os Ánxeles Nova York Washington Dallas
Rose Bowl MetLife Stadium FedExField AT&T Stadium
Capacidade: 88 432 Capacidade: 87 157 Capacidade: 70 249 Capacidade: 92 967
       
Kansas City Denver Houston Baltimore
Arrowhead Stadium Sports Authority Field at Mile High NRG Stadium M&T Bank Stadium
Capacidade: 76 640 Capacidade: 77 595 Capacidade: 72 220 Capacidade: 70 976
       
Philadelphia Nashville Seattle San Francisco
Lincoln Financial Field Nissan Stadium CenturyLink Field Levi's Stadium
Capacidade: 69 328 Capacidade: 69 722 Capacidade: 69 000 Capacidade: 70 909
       
Boston Cincinnati Miami Orlando
Gillette Stadium Paul Brown Stadium Hard Rock Stadium Camping World Stadium
Capacidade: 70 000 Capacidade: 67 402 Capacidade: 67 518 Capacidade: 65 000
       
Atlanta
Mercedes-Benz Stadium
Capacidade: 75 000
 

NotasEditar