Lincoln Financial Field

Coordenadas: 39°54′3″N 75°10′3″O / 39.90083, -75.16750

O Lincoln Financial Field é un estadio de fútbol americano situado na cidade de Filadelfia, Pensilvania (Estados Unidos). Inaugurado en 2003, serve como estadio local dos Philadelphia Eagles da National Football League (NFL) e os Temple Owls da American Athletic Conference da NCAA. Situado na Avenida Pattison ao sur da cidade, conta con capacidade para 69.176 espectadores.[1] Alén do fútbol americano, o estadio ten acollido encontros de fútbol, como as Copa Ouro da CONCACAF de 2009 e 2015, cando albergou a final, a Copa América Centenario, e partidos de equipos como os Philadelphia Union da Major League Soccer e o Manchester United da Premier League. Tamén ten acollido concertos de artistas como Bruce Springsteen, U2, Coldplay, Taylor Swift ou Metallica.[1]

Lincoln Financial Field
Le Lincoln Financial Field (cropped).jpg
Datos
LocalizaciónFlag of the United States.svg Filadelfia, Estados Unidos
AlcumeThe Linc
Construción
Construción7 de maio de 2001 (21 anos)
Inauguración3 de agosto de 2003 (18 anos)
ArquitectoNBBJ; Agoos Lovera Architects
EnxeñeiroOve Arup & Partners
Custo$512 millóns
Estadio
SuperficieDesso GrassMaster
Dimensións115 × 75 yd / 105 × 69
Capacidade69.176
PropietarioCidade de Filadelfia
OperaradoraPhiladelphia Eagles
LocalíaPhiladelphia Eagles (2003–presente)

EventosEditar

Copa América CentenarioEditar

Artigo principal: Copa América Centenario.
Data Fase Equipo Resultado Equipo Espectadores
9 de xuño de 2016 Primeira fase Uruguai  
0−1
  Venezuela 23.002
11 de xuño de 2016 Primeira fase Estados Unidos  
1−0
  Paraguai 51.041
14 de xuño de 2016 Primeira fase Chile  
4−2
  Panamá 27.260

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "Lincoln Financial Field" (PDF). Philadelphia Eagles (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23-01-2018. Consultado o 22-01-2018.