Coordenadas: 37°24′12″N 121°58′12″O / 37.4034, -121.97

O Levi's Stadium é un estadio situado na cidade de Santa Clara, California (Estados Unidos), aproximadamente a 64 km de San Francisco. Desde 2014 é o estadio local dos San Francisco 49ers da National Football League (NFL). Tras xogar desde 1973 en Candlestick Park, os 49ers decidiron construír un novo estadio, sendo a súa idea inicial mantelo en Candlestick Point (San Francisco). O proxecto, que incluía plans de mellora urbanística no barrio non puido ser levado a cabo ao fracasar as negociacións co concello. Así, decidiron trasladar o seu proxecto a Santa Clara, onde xa estaba a sede administrativa do equipo. Finalmente, o estadio foi inaugurado o 17 de xullo de 2014. O estadio conta con capacidade para albergar a 68.500 espectadores, ampliábeis até os 75.000.

Levi's Stadium
Datos
Localización Santa Clara, Estados Unidos
Construción
Inauguración17 de xullo de 2014 (9 anos)
ArquitectoHNTB
EnxeñeiroMagnusson Klemencic Associates
Custo$1.300 millóns
Estadio
SuperficieTifway II Bermuda Grass
Dimensións115 × 75 yd / 105 × 69
Capacidade68.500 espectadores
PropietarioSanta Clara Stadium Authority
OperaradoraSanta Clara Stadium Authority
LocalíaSan Francisco 49ers (2014– )
Eventos
Super Bowl 50 (2016)

Historia editar

Tras a decisión de construír un novo estadio en Santa Clara por parte os San Francisco 49ers da NFL, o recinto comezouse a construír en abril de 2012, sendo finalmente inaugurado dous anos despois. Este estadio substitúe ao Candlestick Park, o cal foi demolido en febreiro de 2015. A empresa de vestimenta Levi Strauss & Co. é o patrocinador titular do estadio. Ademais de albergar os partidos dos 49ers, o estadio é sede da Foster Farms Bowl da NCAA, ademais dun partido anual dos San Jose Earthquakes da Major League Soccer. Tamén foi sede do partido inaugural da Copa América Centenario de fútbol.

Pola súa banda, utilizouse para un partido amigable de fútbol entre México e Chile o 6 de setembro, un partido da National Hockey League en 2014, un partido da National Hockey League entre San Jose Sharks e Los Angeles Kings en 2015, o espectáculo de loita libre profesional WrestleMania 31 en 2015, cunha asistencia de 76.976 espectadores, e a Super Bowl 50 en 2016. A súa capacidade oficial é de 68.500 espectadores, ampliábel até os 75.000 para eventos especiais. O estadio é de ceo aberto e conta con céspede natural, 2.500 metros cadrados de teito verde, 1.800 metros cadrados de paneis solares, e un sistema de reciclaxe de auga para rega e baños.

 
Interior do Levi's Stadium.

Eventos editar

Super Bowl editar

Artigo principal: Super Bowl.
Data Edición Equipo Puntos Equipo Puntos Asistencia
7 de febreiro de 2016 L Denver Broncos 24 Carolina Panthers 10 71.088

Copa América Centenario editar

Artigo principal: Copa América Centenario.
Data Fase Selección Resultado Selección Espectadores
3 de xuño, 2016 Primeira fase Estados Unidos  
0:2
  Colombia
71.088

6 de xuño, 2016 Primeira fase Arxentina  
2:1
  Chile
72.864
13 de xuño, 2016 Primeira fase Uruguai  
3:0
  Xamaica
40.166
18 de xuño, 2016 Cuartos de final México  
0:7
  Chile
72.864

Véxase tamén editar

Outros artigos editar