MetLife Stadium
O MetLife Stadium é un recinto deportivo estadounidense situado en East Rutherford, Nova Jersey (Estados Unidos), moi cerca da cidade de Nova York. É parte do Complexo Deportivo de Meadowlands e serve como estadio local para dúas franquías da National Football League (NFL): os New York Giants e os New York Jets. O estadio é propiedade da MetLife Stadium Company, unha empresa conxunta entre os Giants e os Jets, os cales construíron en conxunto o recinto utilizando fondos privados nun terreo propiedade da New Jersey Sports and Exposition Authority. O estadio foi inaugurado en 2010 co nome de New Meadowlands Stadium, mudando o seu nome ao ano seguinte por mor do patrocinio da aseguradora MetLife. Cun custo de construción de 1.600 millóns de dólares, no seu momento de construción foi o estadio máis caro do mundo.[1] A súa capacidade é de 82.500 espectadores, a segunda máis grande da NFL.
MetLife Stadium | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | estadio ![]() | |||
Epónimo | MetLife (pt) ![]() ![]() | |||
Custo | $1.600 millóns | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | Estados Unidos de América | |||
Estado federado | Nova Jersey | |||
Condado | Condado de Bergen (pt) ![]() | |||
Borough of New Jersey (en) ![]() | East Rutherford (pt) ![]() ![]() | |||
Localización | ![]() | |||
Datas | ||||
Inauguración | 10 de abril de 2010 (14 anos) | |||
Acontecementos | ||||
Dimensións | ||||
Capacidade | 82.500 espectadores | |||
Tipo superficie | UBU Speed Series S5-M | |||
Persoas e organizacións | ||||
Propietario | MetLife Stadium Company, LLC (NY Giants 50%/NY Jets 50%) | |||
Arquitecto | 360 Architecture EwingCole Rockwell Group Bruce Mau Design, Inc. | |||
Enxeñeiro | Thornton Tomasetti | |||
Operador | New York Giants ![]() | |||
Ocupante | New York Jets, New York Giants e Orlando Guardians (en) ![]() ![]() | |||
Deporte | ||||
Deporte | Fútbol americano ![]() | |||
Localía | New York Giants (2010– ) New York Jets (2010– ) | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | metlifestadium.com ![]() | |||
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Notas
editar- ↑ Esteban (27-10-2011). "11 Most Expensive Stadiums In The World" [Os 11 estadios máis caros do mundo] (en inglés). Total Pro Sports. Arquivado dende o orixinal o 27-08-2012. Consultado o 13-09-2017.