Orlando, Florida
A cidade de Orlando é a sede do Condado de Orange e é cidade central da zona metropolitana do mesmo nome, así como tamén cabeceira da rexión coñecida como Florida Central, no estado de Florida, no sueste dos Estados Unidos. Segundo o censo estadounidense do ano 2000, a cidade tiña unha poboación de 185.951 (a poboación na área metropolitana é de 1.644.561). Un conteo local da poboación en 2003 deu o resultado de 199.336. É a sexta cidade máis grande de Florida e a cidade non costeira máis grande. É ademais a cabeceira da terceira área metropolitana máis grande do estado, detrás de Miami-Fort Lauderdale e Tampa, Florida-San Petersburgo.
Alcume | The City Beautiful | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Orlando Reeves | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | Florida | ||||
Condado | Condado de Orange (pt) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 307.573 (2020) (997,29 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 113.238 (2020) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Grande Orlando (pt) (Poboación:2.673.376) | ||||
Superficie | 308,41 km² | ||||
Auga | 6,9 % (2020) | ||||
Altitude | 34 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 31 de xullo de 1875 (Xuliano) | ||||
Organización política | |||||
• Mayor of Orlando, Florida (en) | Buddy Dyer (pt) (2003–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 32825 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 321 e 407 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Tainan (1982–) Guilin (pt) (1986–) Urayasu (1989–) Reykjanesbær (pt) (1991–) Sena e Marne (1991–) Monterrey (1995–) Curitiba (1996–) Valladolid (2006–) | ||||
Sitio web | cityoforlando.net | ||||
A cidade é moi coñecida polas súas atraccións turísticas, particularmente polo Walt Disney World Resort. Outras atraccións son SeaWorld e o Universal Orlando Resort. O centro da cidade de Orlando, máis coñecido coma Downtown Orlando, foi obxecto de continua reestruturación, a pesar de estar afastada das principais atraccións turísticas. É sede de Orlando Sentinel, un dos periódicos máis grandes do estado, e dos Orlando Magic, equipo profesional de baloncesto da NBA.
O seu actual alcalde é Buddy Dyer.
Historia
editarAlgúns historiadores datan o nome de Orlando sobre o ano 1836, cando un soldado chamado Orlando Reeves faleceu na área, durante a guerra contra a tribo de indios Seminola. Porén, parece ser que Orlando Reeves traballaba nunha plantación preto de 48 km ao norte e os primeiros poboadores atoparon o seu nome escrito nunha árbore e asumiron que era a situación da súa tumba. Referíanse polo tanto á área coma a "Tumba de Orlando" e logo simplemente "Orlando".
Durante moito tempo Orlando foi unha zona rural cuxa principal actividade económica era a gandería. Durante o último cuarto do século XIX, converteuse en parte importante da produción de cítricos no estado de Florida, ata que en 1895 unha onda de frío devastou moitas plantacións, o que fixo que moitos se trasladasen ao sur.
Durante a Guerra Hispano-Estadounidense, Orlando converteuse na provincia non costeira máis grande de Florida.
Nos anos da segunda guerra mundial, un número do persoal do exército instalouse na zona que actualmente ocupa o Aeroporto Internacional de Orlando. Algúns destes oficiais quedaron e fixaron a súa residencia na zona. En 1956, a compañía aeroespacial e de defensa Martin Marietta (agora Lockheed Martin) estableceu unha planta en Orlando.
O evento máis importante na economía de Orlando ocorreu en 1965 cando Walt Disney anunciou os seus plans para a construción de Walt Disney World. O famoso parque temático abriu en outubro de 1971, o que propiciou un crecemento económico e demográfico na zona metropolitana de Orlando, a cal expándese polos condados de Orange, Seminole, Osceola e Lake. Como consecuencia disto, o turismo converteuse no eixo central da economía de Orlando.
En 2004, os furacáns Charley, Frances e Jeanne golpearon a cidade, causando múltiples danos e inundacións, prexudicando o turismo na área.
Clima
editarOrlando ten un clima subtropical, sendo moi raro atoparnos con temperaturas por debaixo do punto de conxelación. Case nunca neva. A súa temperatura récord máis alta é 38 °C (100 °F), alcanzada por última vez o 3 de xullo de 1998. A súa temperatura mínima récord é -7 °C (19 °F), alcanzada por última vez o 20 de xaneiro de 1985. A última nevada rexistrada foi o 23 de decembro de 1989.
A media anual de choiva é 1.198,1 mm. A tempada chuviosa é de xuño a setembro con frecuentes treboadas. A estación seca é entre decembro e maio, o cal dá pé a ocasionais incendios forestais.
Autoestradas
editarA súa estrada principal é a interestatal 4, que cruza a Florida's Turnpike, a cal é outra autoestrada importante; ambas comezan no sur de Florida.
A East West Expressway (SR 408) está a ser mellorada dende o ano 2005 coa construción de carrís adicionais, muros de formigón e mellorando o seu deseño.
Economía
editarComo é de imaxinar, unha gran parte da economía de Orlando débese á industria turística. O turismo nos arredores de Orlando está valorado en millóns de dólares. O turismo doméstico e internacional durante o ano 2004 foi de 48 millóns de visitantes. A industria das convencións tamén ten un papel importante debido á proximidade das atraccións. O Centro de Convencións do Condado de Orange é un dos complexos máis grandes nos Estados Unidos. O Aeroporto Internacional de Orlando é un dos máis activos do mundo.
Á parte do turismo, tamén existen outras industrias, cunha grande presenza de fábricas de manufactura. Lockheed Martin ten unha grande instalación para aeronáutica e investigacións de alta tecnoloxía, debido á proximidade de Orlando co Centro Espacial Kennedy da NASA. A área tamén alberga moitas firmas de software e hardware que están localizadas aquí dende os anos 70 e 80, como IBM. Outra área que tamén está medrando rapidamente é a industria do cine, impulsada pola presenza dos Estudios Universal e os Estudios Disney-MGM. Numerosos complexos de oficinas para grandes corporacións desenvolvéronse ao longo do corredor da autoestrada interestatal, ao norte de Orlando.
Algunhas compañías que teñen a súa sede central ou presenza significativa na área son:
- AirTran
- Albertsons
- B.IB. Consultants, Inc.
- EA Games
- IBM
- Lockheed-Martin
- Loews Hotels
- Marriott International
- Oracle Corporation
- Supermercados Publix
- Siemens AG, Siemens Westinghouse
- Sprint Corporation
- Banco SunTrust Bank
- Tupperware Corporation
- Estudios Universal
- Walt Disney World
- Westgate lakes resort.
- World Wrestling Entertainment (WWE)
Universidades
editarEntre outras institucións de instrución avanzada, a zona metropolitana de Orlando é o fogar da Universidade Central de Florida, a sexta universidade máis grande dos Estados Unidos.
Cidades irmandadas
editar- Anaheim (California, Estados Unidos).
- Curitiba, Paraná, Brasil.
- Guilin, República Popular da China.
- Monterrey, México.
- Orenburg, Rusia.
- Reykjanesbær, Islandia.
- Chimbote, Perú.
- Sena y Marne, Departamento de Francia.
- Tainan, República da China.
- Urayasu, Xapón.
- Valladolid (España).
- Kiryat Motzkin, Israel.
- El Tigre, Venezuela.
- Guadalajara, México.
Sena y Marne, Anaheim e Urayasu están conectadas con Orlando coma sede de Parques temáticos de Disney (Disneyland Resort Paris, Disneyland Resort e Tokyo Disneyland, respectivamente).
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficial da alcaldía de Orlando en castelán.
- Páxina de Disney Orlando en castelán Arquivado 22 de abril de 2009 en Wayback Machine..
- The Orlando Travel & Visitors Bureau.
- The Orlando Regional Chamber of Commerce.
- Orlando City Guide Arquivado 06 de xullo de 2009 en Wayback Machine..