Copa Asiática
A Copa Asiática é o campionato de seleccións nacionais de fútbol organizado pola Confederación Asiática de Fútbol (AFC), no cal participan os países adscritos á mesma.
AFC Asian Cup | |
---|---|
Fundación | 1956 |
Rexión | Asia AFC |
Equipos | 16 |
Actual campión | ![]() (4º título) |
Máis laureado | ![]() (4 títulos) |
Sitio web | Copa Asiática |
Copa Asiática 2015 |
Desde 1956, a Copa realizouse cada 4 anos (Fóra diso entre o torneo de 2004 e 2007 que pasaron tres anos). O último torneo celebrouse en 2011 en Qatar, resultando campioa a selección de fútbol do Xapón, conseguindo o seu cuarto título. En 2015 celebrarase o seguinte en Australia.
ResultadosEditar
PalmarésEditar
Na seguinte táboa atópanse os equipos que estiveron entre os catro mellores dalgunha edición do torneo. En cursiva indícase o torneo no que o seleccionado foi local.
Equipo | Campión | Subcampión | Terceiro lugar | Cuarto lugar |
---|---|---|---|---|
Xapón | 4 (1992, 2000, 2004, 2011) | 1 (2007) | ||
Arabia Saudita | 3 (1984, 1988, 1996) | 3 (1992, 2000, 2007) | ||
Irán | 3 (1968, 1972, 1976) | 4 (1980, 1988, 1996, 2004) | 1 (1984) | |
Corea do Sur | 2 (1956, 1960) | 3 (1972, 1980, 1988) | 4 (1964, 2000, 2007, 2011) | |
Israel | 1 (1964) | 2 (1956, 1960) | 1 (1968) | |
Kuwait | 1 (1980) | 1 (1976) | 1 (1984) | 1 (1996) |
Iraq | 1 (2007) | 1 (1976) | ||
China | 2 (1984, 2004) | 2 (1976, 1992) | 2 (1988, 2000) | |
Emiratos Árabes Unidos | 1 (1996) | 1 (1992) | ||
Australia | 1 (2011) | |||
Myanmar | 1 (1968) | |||
Indonesia | 1 (1964) | |||
Taiwán[2] | 1 (1960) | 1 (1968) | ||
Hong Kong | 1 (1956) | 1 (1964) | ||
Tailandia | 1 (1972) | |||
Vietnam | 2 (1956, 1960) | |||
Bahrain | 1 (2004) | |||
Camboxa[3] | 1 (1972) | |||
Corea do Norte | 1 (1980) | |||
Uzbekistán | 1 (2011) |
NotasEditar
- ↑ FIFA (05-01-2011). "Anuncio de la sede del evento en Australia 2015". Arquivado dende o orixinal o 09-01-2011. Consultado o 05-01-11.
- ↑ Inclúe as participacións baixo o nome de Taiwán
- ↑ Inclúe as participacións de Jemer