Abrir o menú principal

Coca-Cola (tamén coñecida en inglés como Coke) é unha bebida de cola gasosa e azucrada, producida por The Coca-Cola Company. Nun comezo, foi concibida como unha bebida medicinal patentada, creada polo farmacéutico John Pemberton, sendo adquirida posteriormente polo empresario Asa Griggs Candler, que fixo da bebida unha das máis consumidas dos séculos XX e XXI.

Coca-Cola
Coca-Cola logo.svg
15-09-26-RalfR-WLC-0098.jpg
Fundación1886
MatrizThe Coca-Cola Company
LocalizaciónAtlanta, Xeorxia, Estados Unidos de América Estados Unidos
FundadorJohn Pemberton
IndustriaAlimentación
ProdutosCoca-Cola
Páxina webcocacola.es
editar datos en Wikidata ]

Historia e característicasEditar

O nome procede de ingredientes da súa composición inicial: a folla de coca e a noz de cola; a bebida era por entón vendida polo seu inventor, o doutor John Stith Pemberton, como un remedio milagreiro (o envase era diferente do actual).

Os seus principais competidores actuais no mercado mundial son: Pepsi-Cola e Virgin Cola, ambas as dúas tamén bebidas de cola. Fabrícanse outras colas sobre a base da receita OpenCola, con licenza GPL. Hai tamén as altercolas.

A sede central de The Coca-Cola Company está en Atlanta, Xeorxia, nos Estados Unidos de América.

Composición da Coca-ColaEditar

 
Engarrafamento fábrica de Coca-Cola Canada Ltd 8 de xaneiro de 1941 Montreal, Canadá.
 
Museo World of Coca-Cola en Las Vegas, Nevada, no 2000
 
Publicidade de Coca Cola

A fórmula da Coca-Cola é gardada en segredo, permanecendo desde a súa creación como un misterio cuidadosamente mantido. Só tres persoas poderían ter acceso á lista dos ingredientes que a forman e ás regras específicas da súa preparación.[Cómpre referencia] Porén, segundo William Reymond (autor de Coca-Cola, l'enquête interdite, Coca-Cola, a enquisa prohibida) pódese encontrar a receita en Internet e no seu libro.

En realidade, non é máis que un segredo de mercadotecnia, pois os químicos hai xa tempo que analizaron con precisión a fórmula da Coca-Cola.[Cómpre referencia]

O seu particular sabor procede da mestura de azucre e de esencias de laranxa, limón e vainilla. Outros ingredientes, como o ácido fosfórico, terían un papel menor no seu gusto. O azucre caramelizado é o responsábel da cor escura da bebida. Cada fabricante con licenza da marca recibe dende Estados Unidos o concentrado en grosos frascos, debéndose limitar a engadir a auga e o gas. A auga pode ter diferente gusto segundo rexións e países, polo que se empregan filtros pero o sabor da Coca-Cola pode variar segundo zonas.

O efecto estimulante orixinario era producido pola cocaína, contida nas follas de coca, e pola cafeína das noces de cola. En 1906, a Coca-Cola, vendida como un tónico cerebral, estaba case desprovista de cocaína (un 1/400 de grao por cada onza de xarope); esta proporción mantívose ata 1929. A tecnoloxía suprimiu todo o contido de cocaína e a cafeína subsiste nunha taxa reducida para que a bebida conserve a súa faceta estimulante.

A compañía Coca-Cola é o maior consumidor mundial de extracto de vainilla natural.[Cómpre referencia] Así que cando, en 1984, para a "New Coke", foi utilizada unha nova fórmula, a economía de Madagascar derrubouse, pois pasouse a utilizar un substitutivo sintético, a vainilina, baixando as compras de vainilla á metade. Por contra, o recente lanzamento dunha nova fórmula con vainilla, fixo subir os prezos dese produto.[Cómpre referencia]

Logotipo e envaseEditar

O coñecido logotipo da Coca-Cola foi creado polo contábel de John Pemberton, Frank Mason Robinson, en 1885. Foi Robinson quen ideou o nome e quen tamén escolleu o logo en escrita cursiva. O formato usado, coñecido como tipo Spencer, foi desenvolvido a mediados do século XIX e era a grafía dominante, en manuscritos formais, nos Estados Unidos, durante ese período.

A igualmente famosa botella de Coca-Cola, chamada a "contour bottle" dentro da compañía, foi creada en 1915 polo deseñador de botellas Earl R. Dean. Nese ano a empresa convocou un concurso entre os seus subministradores de botellas para crear unha nova para a bebida, que se diferenciase doutras: "...unha botella que unha persoa puidese recoñecer mesmo na escuridade,e que aínda rota alguén puidese dicir de que era con só unha ollada...". Un equipo quedou encargado de seleccionala. O auditor da compañía T. Clyde Edwards e Earl R. Dean, acabaron por inspirarse nunha imaxe dun coco con forma de cabaza que ollaron na Encyclopedia Britannica, e o presidente da compañía, Chapman J. Root, aprobou o modelo que estes lle presentaron. Dean creou o molde para a botella e elaborou unhas cantas con ese molde. Aprobado definitivamente polo presidente, o deseño foi patentado en novembro de 1915, aparecendo xa no mercado en 1916, e, en 1920, era a botella estándar da empresa. Hoxe, a botella é un dos envases máis recoñecíbeis do mundo.

Coca-Cola en GalizaEditar

Artigo principal: Begano.
 
Begano, A Coruña

BEGANO (Bebidas Gaseosas del Noroeste, S.A.) é unha das sete embotelladoras de Coca-Cola en España. A fábrica de Begano ten 360 traballadores e unha facturación de 180 millóns de euros, e está situada na cidade da Coruña. O edificio da empresa foi deseñado polos arquitectos Andrés Fernández-Albalat Lois e Antonio Tenreiro en 1960. Está considerado como unha das edificacións industriais significativas da arquitectura galega. Begano fabrica, vende e distribúe as marcas Coca-Cola, Sprite, Fanta, Nordic Mist, Schuss, Nestea, Aquarius, Powerade, Burn, Minute Maid, Aquabona e Mare Rosso. A empresa ten seis delegacións en Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Santiago e Vigo.

En maio de 2012, Cobega a embotelladora de Coca-Cola en Cataluña, mercou o 60% de Begano. Actualmente[cando?] Begano está a traballar para trasladar a fábrica ao concello de Oza-Cesuras[1]. Proxecto que os novos propietarios desbotaron.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar