Xeorxia, Estados Unidos de América

estado dos Estados Unidos de América
(Redirección desde «Xeorxia, Estados Unidos»)

Xeorxia[1] é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América, localizado na Rexión Sur do país. Xeorxia é o maior estado do país en superficie ao leste do río Mississippi, desde que Virxinia Occidental se separou de Virxinia en 1863. O crecemento da poboación de Xeorxia é un dos máis altos do país nos últimos tempos. A súa poboación creceu en torno ao 26% entre 1990 e 2000, de 6.478.216 habitantes en 1990 a 8.186.453 no 2000.

Modelo:Xeografía políticaXeorxia, Estados Unidos de América
State of Georgia (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoGeorgia on My Mind (1979) Editar o valor en Wikidata

Lema«Wisdom, Justice, Moderation (mul) Traducir» Editar o valor en Wikidata
Símbolo oficialDebulhador (pt) Traducir (aves) Editar o valor en Wikidata
AlcumePeach State Editar o valor en Wikidata
EpónimoXurxo II de Gran Bretaña Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 33°00′N 83°30′O / 33, -83.5
EstadoEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
CapitalAtlanta Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación10.711.908 (2020) Editar o valor en Wikidata (69,6 hab./km²)
Número de fogares3.830.264 (2020) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie153.909 km² Editar o valor en Wikidata
Auga3,22 % Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Altitude180 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoBrasstown Bald (en) Traducir (1.458 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación2 de xaneiro de 1788 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano executivoGovernment of Georgia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Governor of Georgia (en) Traducir Editar o valor en WikidataBrian Kemp (pt) Traducir (2019–sen valor) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoAsemblea Xeral de Xeorxia , Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialSupreme Court of Georgia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2US-GA Editar o valor en Wikidata
Identificador GNIS1705317 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webgeorgia.gov Editar o valor en Wikidata
BNE: XX453046

A maior parte de Xeorxia está cuberta por bosques, principalmente piñeiros, pexegos e magnolios. O terreo do norte do estado é fundamentalmente montañoso, coa súa zona sur cun terreo máis chairo e menos accidentado. Os aspectos naturais de Xeorxia foron e aínda son moi importantes para o estado. Culturalmente, as belezas naturais inspiraron a diversos artistas que creceron no estado. Economicamente, fan do turismo e da industria madeireira importantes fontes de ingresos de Xeorxia. O estado é un dos líderes nacionais na produción madeireira. Os seus bosques déronlle o alcume de The Peach State (O Estado do Pexego) e un devandito popular, Tall as Georgia Pine (Alto como un Piñeiro de Xeorxia).

A rexión que constitúe na actualidade Xeorxia estaba en disputa durante o final do século XVII e o inicio do século XVIII, entre o Reino Unido e España. Xeorxia naquel tempo facía parte dunha colonia chamada Carolinas, que incluía tamén os actuais estados de Carolina do Norte e Carolina do Sur. En 1724, os británicos crearon a colonia de Xeorxia. O 12 de febreiro de 1733, os primeiros colonos británicos instaláronse na rexión, no que actualmente constitúe Savannah. Xeorxia foi a última das Trece Colonias creada polos británicos.

Xeorxia prosperou a partir da década de 1750, co cultivo de arroz e millo, converténdose nun líder da industria agraria das Trece Colonias. Despois da vitoria americana na Guerra de Independencia dos Estados Unidos, Xeorxia converteuse o 2 de xaneiro de 1788 no cuarto estado americano. Xeorxia separouse da Unión en 1861, e fixo parte dos Estados Confederados de América. Foi un dos estados máis duramente afectados pola Guerra Civil Estadounidense. Ata o inicio do século XX, a economía do estado dependía da agricultura e a gandería. A partir de entón, a industria converteuse na principal fonte de renda do estado, e máis recentemente o sector de finanzas converteuse tamén nunha das súas principais fontes de ingresos.

Historia

editar

Ata 1730

editar

Os nativos americanos vivían na rexión onde actualmente localízase o estado de Xeorxia miles de anos antes da chegada dos primeiros exploradores europeos. Os primeiros nativos americanos en instalarse na rexión foron unha tribo prehistórica, chamada mound buiders (construtores de montículos) por construír pequenos montes de terra para cerimonias rituais. Algúns séculos antes da chegada dos primeiros exploradores europeos, os creek e os cherokee instaláronse na rexión, no norte e no sur, respectivamente, do actual estado de Xeorxia, ocupando gradualmente o lugar dos mound builders.

O primeiro asentamento europeo no territorio americano foi fundado en 1526 polo español Lucas Vázquez de Ayllón. Non se sabe con seguridade a localización deste asentamento, se foi fundado no litoral do Atlántico de Carolina do Sur ou de Xeorxia. Seis meses despois da fundación, o asentamento foi abandonado a causa do mal tempo e das enfermidades.

En 1540, o español Hernando de Soto, partindo da entón colonia española da Florida en dirección ao río Mississippi, explorou partes do actual estado de Xeorxia. Na rexión, Soto entrou en contacto cos mound builders, sendo o único europeo do que se ten noticia de avistar este grupo indíxena. Crese que os mound buiders se extinguíron durante a década de 1560.

En 1564, colonos franceses fundaron un asentamento permanente na colonia española de Florida. As noticias deste feito encoraxaron o rei español, Filipe II. Por orde do rei, que reivindicaba toda a rexión sur dos actuais Estados Unidos de América, incluíndo a rexión da actual Xeorxia, tropas españolas foron enviadas para expulsar os franceses. Estes foron expulsados en 1565, e entón, fundáronse diversos fortes na costa Atlántica dos actuais Estados Unidos, un dos cales foi construído na actual Xeorxia, en 1566, na Illa de St. Catherines.

A rexión da actual Xeorxia continuaría pouco explorada por europeos ata o inicio do século XVIII, e os españois, en procura principalmente de reservas de metais preciosos, prestaron pouca atención ao terreo montañoso e boscoso de Xeorxia. En 1629, os ingleses pasaron a reivindicar a rexión. Este ano, o rei Carlos I de Inglaterra creou unha colonia, a colonia de Carolinas, do que Xeorxia formaba parte. En 1721, os británicos crearon un forte próximo ao río Altamaha, abandonándoo en 1727, por mor do seu alto custo de mantemento.

1730 - 1865

editar
 
O rei Xurxo II, de quen toma o nome o estado

En 1730, un grupo de británicos estableceron plans para a creación dunha colonia no sur inexplorado das Carolinas. Esta colonia chamouse Xeorxia, en homenaxe ao entón monarca do Reino Unido, o rei Xurxo II da Gran Bretaña. Este autorizou a creación da nova colonia a través da segregación da rexión sur das Carolinas. Inicialmente, este grupo de británicos proxectaron enviar prisioneiros ou persoas endebedadas á rexión. Este plan, con todo, foi abandonado, e só algúns endebedados foron enviados á rexión, persoas das que non se volveu a ter máis noticias despois da súa saída do Reino Unido.

 
James Oglethorpe.

En 1732, o rei Xurxo II concedeu unha licenza de operación da nova colonia de Xeorxia, por 21 anos, a unha corporación chamada Trustees sea Establishing the Colony of Georgia in America (Corporación para o Establecemento da Colonia de Xeorxia en América), cuxo obxectivo era financiar e fornecer o recrutamento e o transporte de colonos entre Europa e Xeorxia. Malia as protestas dos españois, que reivindicaban a rexión, os primeiros colonos británicos, liderados por James Oglethorpe, foron enviados a Xeorxia o 17 de novembro de 1732, partindo do Reino Unido, a bordo do HMS Anne. O 12 de febreiro de 1733, estes colonos desembarcaron na rexión onde actualmente está localizada a cidade de Savannah. Estes colonos tiveron a colaboración de Tomochichi, xefe indíxena dunha tribo creek, que axudaron os colonos a construír acubillos adecuados e a cultivar millo e arroz, e persuadiu a outras tribos indíxenas a non atacar os novos colonos. Nos 21 anos en que Xeorxia foi controlada polo Trustees, máis de 4 mil colonos instaláronse en Xeorxia, dos cales a metade tiveron os seus gastos de viaxe pagos pola Corporación.

Tanto o Reino Unido como España reivindicaban Xeorxia. Esta cuestión, e mais o feito da existencia do comercio ilegal entre comerciantes británicos e colonias españolas en América, fixeron que España e o Reino Unido entrasen en guerra en 1739. Nesta guerra, Oglethorpe intentou anexionar a colonia española da Florida, aínda que non o conseguiu. En 1742, despois da captura dunha importante forza militar española, na Illa de St. Simons, en Xeorxia, por Oglethorpe e as súas tropas, terminou coa guerra. Con todo, a cuestión da reivindicación de Xeorxia continuou.

Durante o período en que Xeorxia estivo baixo o control da Corporación, os colonos tiñan diversas limitacións impostas pola coroa británica, que non se aplicaban ao resto das Trece Colonias. Por exemplo, non podían facer uso do traballo escravo. Mentres que a economía de Carolina do Norte e de Carolina do Sur prosperaban co cultivo do millo e do arroz, a economía de Xeorxia sufriu coas baixas exportacións e os altos prezos dos produtos importados, levando a moitos a recorrer ao contrabando de produtos españois vía Florida. En 1752, a Corporación abriu a man nas condicións da súa licenza, e Xurxo II reorganizou a colonia como unha provincia colonial, en 1754, retirando as restricións impostas anteriormente á colonia. Xeorxia entón prosperou economicamente, e a súa poboación pasou a crecer con rapidez.

O primeiro conflito en Xeorxia na Guerra de Independencia dos Estados Unidos foi a tentativa de captura de once navíos cargados de arroz, no porto de Savannah, en 1776, conseguindo capturar só dous. O 24 de xullo de 1778, Xeorxia ratificou os Artigos da Confederación, o pai da Constitución dos Estados Unidos de América. Savannah foi conquistada polos británicos en decembro de 1779. No final de setembro de 1779, forzas navais americanas, coa axuda da Mariña francesa, tomaron a cidade, despois de sitiala durante tres semanas. Malia a reconquista da cidade, a maior parte de Xeorxia estaba baixo control británico no final de 1779. Foi soamente en 1782 que as tropas británicas presentes en Xeorxia abandonarían a colonia. Despois do fin da Revolución Americana, en 1783, e baixo os termos do Tratado de París, Estados Unidos tomaron o control de todas as colonias británicas ao sur dos Grandes Lagos, ao norte do golfo de México e ao leste do río Mississippi. Entón, a rexión que actualmente constitúe os estados de Alabama e Mississippi, foi anexionada a Xeorxia. Esta converteuse no cuarto estado americano, o 2 de xaneiro de 1788.

Durante a década de 1790, o cultivo de algodón converteuse na principal fonte de ingresos do estado, grazas á invención dun equipamiento que separaba con facilidade a febra de algodón da semente. A nova industria, con todo, non aumentou sensiblemente a demanda de terras na maior parte de Xeorxia, relativamente illada do resto do país por mor das montañas, bosques e pantanos do norte do estado. Compañías privadas compraron grandes cantidades de terras ao goberno de Xeorxia, por tan só preto de catro centavos de dólar a hectárea, grazas ao suborno de oficiais do goberno estatal. Estas terras tamén incluían partes de Alabama e de Missouri. Con todo, o descubrimento deste caso de corrupción, coñecido como Fraude de Yazoo, levou á poboación do estado a elixir novos lexisladores nas eleccións gobernamentais de 1795. O novo goberno rexeitou a venda, aínda que moitos se negaron a devolver as terras. Este problema foi resolto na década de 1800. En 1802, Xeorxia vendeu todas as súas terras a oeste do río Chattahoochee ao goberno federal. En 1810, o Tribunal Supremo dos Estados Unidos xulgou que a venda era legal, e en 1814, o Congreso americano aprobou a concesión de 4,2 millóns de dólares para ser distribuídos entre terratenentes e o goberno de Xeorxia.

Adquiríronse máis terras foron a través da expulsión dos nativos americanos da rexión, forzándoos a emigrar máis aló do oeste do río Mississippi —rexión que aínda non formaba parte dos Estados Unidos. En 1827, todas as tribos Creek de Xeorxia acordaron vender as súas terras ao goberno americano, e a emigración ao Territorio de Oklahoma. En 1829, foi descuberto ouro en Xeorxia, atraendo miles de colonos brancos doutros estados, o que fixo que os habitantes do estado pasasen a meter presión ao goberno a expulsar os cherokee, que posuían os dereitos de propiedade das terras de grandes áreas de Xeorxia, posuían o seu propio goberno e non recoñecían a autoridade do goberno de Xeorxia. En 1830, co Acto de Remoción Indíxena, os cherokee e todas as tribos de nativos americanos que vivían na rexión foron forzados a retirarse ao Territorio de Oklahoma, e así, a última tribo cherokee en migrar para Oklahoma fíxoo en 1838.

A economía de Xeorxia, ao longo da primeira metade do século XIX, dependía en gran medida do cultivo, procesamento e da exportación do algodón a países europeos. Con todo, para a venda do algodón a prezos baixos e competitivos no mercado europeo, era necesario o uso do traballo escravo. Logo da elección do abolicionista Abraham Lincoln en 1861, o Gobernador Joseph E. Brown pasou a liderar un movemento a favor da separación de Xeorxia dos Estados Unidos. O 19 de xaneiro de 1861, a República de Xeorxia converteuse no quinto estado americano en separarse da Unión, uníndose aos Estados Confederados de América. Ironicamente, un político que anteriormente estaba en contra da secesión de Xeorxia da Unión, Alexander H. Stephens, converteuse en vicepresidente da Confederación.

Posteriormente, durante o inicio da Guerra Civil Estadounidense, a Mariña da Unión bloqueou todo o litoral de Xeorxia, colocando diversos navíos en torno ao principal porto do estado, Savannah, interrompendo así a exportación de algodón do estado aos países europeos. En setembro de 1863, tropas da Unión, lideradas por William T. Sherman venceron unha forza confederada, na Batalla de Chattanooga, unha das primeiras grandes vitorias da Unión, realizada no extremo noroeste do estado. En maio de 1864, Sherman avanzaría en dirección ao sueste, capturando Atlanta en setembro, queimando a cidade en novembro. Entón, Sherman continuou avanzando rumbo a Savannah. No seu camiño, Sherman mandou a destrución de calquera propiedade de valor —como fábricas, vías de ferrocarril e estruturas públicas; e roubando abastecementos en facendas e nas cidades polas que pasaban, causando un prexuízo estimado en 100 millóns de dólares. Savannah sería finalmente conquistada por Sherman en setembro de 1864.

1865 - Tempos actuais

editar

Xeorxia foi un dos estados da Confederación que máis sufriu coa guerra. A gran destrución causada polo avance de Sherman na Guerra Civil Estadounidense, as grandes baixas sufridas polo estado —máis que calquera outro estado da Confederación con excepción de Virxinia— e a economía en pedazos causaron unha gran depresión, non soamente económica senón tamén social, en Xeorxia. Tropas americanas ocuparon o estado ata 1870. En 1868, Xeorxia foi readmitida na Unión como estado americano. Con todo, en 1869, foi expulsada, por negarse a ratificar a Décimo quinta Emenda da Constitución americana, que daba o dereito a voto a calquera persoa do sexo masculino maior de idade —independente da súa raza. Entón, máis da metade da poboación de Xeorxia era afroamericana. Foi soamente en 1870 que Xeorxia ratificaría esta emenda, e readmitida na Unión o 15 de xullo, converténdose no último estado da antiga Confederación en ser admitido.

Nas décadas finais do século XIX, a industria secundaria pasou a facerse cada vez máis unha fonte de renda importante no estado. Ao mesmo tempo, diversas liñas ferroviarias foron construídas no estado, e gradualmente, o algodón deixou de ser a fonte de renda máis importante dos agricultores de Xeorxia, que comezaron a diversificar os seus cultivos. Na década de 1890, o estado aumentou drasticamente os orzamentos estatais destinados á educación e asistencia social e económica. No inicio do século XX, a industria pasou a ser a fonte de renda máis importante de Xeorxia. A primeira guerra mundial aumentou aínda máis a produción industrial e agropecuaria do estado.

En 1922, Rebecca Latimer Felton converteuse na primeira muller en asumir o posto de Senadora dos Estados Unidos (e, ata a actualidade —ano 2007—, segue sendo a única muller Senadora por Xeorxia no Senado Americano), ostentando o cargo por só un día. Durante os primeiros anos da década de 1920, os escaravellos causaron grandes desfeitas nas plantacións de algodón do estado, causando unha gran recesión no sector agrario de Xeorxia, con moitos granxeiros perdendo todas as súas colleitas, endebedándose e sendo forzados a vender as súas facendas.

Xeorxia foi alcanzada con severidade pola Gran Depresión, onde a recesión do sector agropecuario do estado agravouse, e moitas fábricas e establecementos comerciais pecharon ou despediron a miles de traballadores. Os efectos da recesión serían minimizados a través de programas gobernamentais de asistencia a partir de 1933, pero a recesión acabaría soamente coa entrada do país na segunda guerra mundial. Durante a guerra, a migración de grandes cantidades de persoas de áreas rurais para as cidades do estado aumentou drasticamente. En 1943, Xeorxia converteuse no primeiro estado americano en permitir que persoas con máis de 18 anos de idade votasen en eleccións —anteriormente, só podían votar as persoas de máis de 21 anos.

 
Vista aérea da planta de enerxía de Robert Sherer ó norte de Macon.

A industria de Xeorxia creceu con forza os anos que se seguiron á segunda guerra mundial, grazas a custos de operacións relativamente baixos. En 1950, por primeira vez na historia do estado, máis persoas traballaban no sector industrial que no sector agropecuario. A emigración de poboación do campo para a cidade tamén aumentou, e en 1960, a poboación urbana de Xeorxia superou a súa poboación rural. Ao mesmo tempo, a grande emigración de afroamericanos da Rexión Sur dos Estados Unidos en dirección aos estados industrializados do Norte diminuíu a proporción de negros na poboación do estado. Na actualidade, preto do 28,7% da poboación do estado é afroamericana.

Ata o inicio da década de 1960, todas as escolas de Xeorxia estaban segregadas. En 1954, unha decisión do Tribunal Supremo americano ordenou que todos os estados que obrigaban ou permitían a segregación racial en escolas pasasen a integrar tódolos seus distritos educativos. Foi soamente a partir de 1960 que o goberno de Xeorxia iniciou a integración, despois dun mandato do goberno americano, para integrar ou pechar as súas escolas. En 1961, por primeira vez na historia do estado, nenos afroamericanas frecuentaban por primeira vez escolas anteriormente permitidas só para brancos. O proceso de integración racial nas escolas foi lento, sendo que en 1965 só preto dun quinto dos distritos educativos de Xeorxia estaban integrados. En 1969, unha nova orde do goberno federal fixo obrigatoria a aceleración do proceso de integración en tódalas escolas do estado.

Durante a década de 1970, moitos brancos cambiáronse de áreas maioritariamente habitadas por afroamericanos, cambiándose para rexións onde os negros eran menos numerosos, causando un grande aumento da proporción de negros na poboación de numerosas grandes cidades —en especial, Atlanta. Actualmente, preto de dous terzos da poboación de Atlanta son afroamercanos. O crecemento da poboación de Xeorxia disparouse a partir de entón, e na actualidade Xeorxia é un dos estados americanos en máis rápido crecemento do país.

Xeografía

editar
 
Fervenza de Amicalola, preto de Dawsonville

Xeorxia limita ao norte con Tennessee e Carolina do Norte, ao nordés e ao leste con Carolina do Sur, ao leste co océano Atlántico, ao sur coa Florida e ao oeste con Alabama. Xeorxia é o maior estado do país ao leste do río Mississippi, desde que Virxinia Occidental se separou de Virxinia en 1863. O terreo accidentado da rexión norte do estado fai que as fervenzas sexan comúns na rexión. As máis altas son Amicalola, cos seus 222 metros de altura, e Toccoa, con 57 metros. Os principais ríos que atravesan Xeorxia son o Altamaha, Chattahoochee (o máis longo do estado), Suwannee e o Savannah. O litoral do estado posúe 161 quilómetros de extensión total —que sobe ata os 3.772 quilómetros, se incluímos todas as rexións bañadas polo mar, o litoral ao longo das illas oceánicas, baías e estuarios. Cerca do 60% de Xeorxia está cuberto por bosques.

Xeorxia pode dividirse en seis rexións xeográficas distintas:

  • O Altiplano dos Apalaches ocupa unha pequena área no extremo noroeste de Xeorxia. Caracterízase polo seu terreo accidentado e montañoso, situado a unha altitude entre 550 e 600 metros. Tamén se caracteriza polas súas estreitas cadeas paralelas de montañas, con vales tamén estreitos.
  • A Rexión do Val e Serras dos Apalaches, caracterizada polo seu terreo relativamente pouco accidentado, con grandes vales —de chan moi feraz— - e polas súas anchas serras. Envolve a rexión do Altiplano dos Apalaches.
  • O Blue Ridge ocupa o canto oriental da porción norte de Xeorxia, situado xusto ao leste da Rexión do Val e Serras dos Apalaches. Caracterízase polo seu terreo accidentado e moi montañoso, variando entre 600 de máis de 1.200 metros. A rexión posúe o punto máis alto de Xeorxia, o Monte Brassmount, con 1.458 metros de altitude.
  • O Piemonte, localizado ao sur das tres rexións mencionadas anteriormente, caracterízase polo seu terreo relativamente chan e pouco accidentado, cunha altitude media de 450 metros no norte, diminuíndo gradualmente á medida que se viaxa cara ao sur. O sur do Piemonte posúe unha altitude media de 120 metros. Cinco das maiores cidades do estado - Atlanta, Athens, Augusta, Columbus e Macon están localizadas nesta rexión, a máis poboada do estado.
  • As Chairas Orientais da Costa do Golfo ocupan todo o suroeste de Xeorxia, e están localizadas inmediatamente ao sur do Piemonte. Caracterízase polo seu terreo plano e moi pouco accidentado, un chan relativamente areoso —onde se realiza a maior parte do cultivo de cacahuete, cebola, pataca e sandía do estado.
  • As Chairas da Costa do Atlántico ocupan todo o sueste de Xeorxia, localizada ao sur do Piemonte e ao leste das Chairas Orientais da Costa do Golfo. Caracterízase polo seu terreo pouco accidentado, de baixa altitude —de 0 metros no litoral do estado co océano Atlántico— e polo seu chan moi feraz.

Xeorxia posúe un clima subtropical, relativamente agradable no inverno e quente no verán. As temperaturas son máis agradables na proximidade do océano Atlántico. A temperatura media anual do estado é de 18°C.

A temperatura durante o inverno diminúe a medida en que se viaxa cara ao norte. O sur de Xeorxia posúe unha media de 11 °C no inverno, mentres que o norte posúe unha media de 5 °C. No inverno, a media das mínimas é de 7 °C no sur e de 0 °C no norte. A media das máximas é de 17 °C e 10 °C respectivamente. Os extremos varían entre -10 °C e 20 °C. A temperatura mais baixa rexistrada en Xeorxia foi de -27 °C, o 27 de xaneiro de 1940, no Condado de Floyd.

No verán, a variación de temperatura do estado é mínima, dependendo basicamente da altitude do terreo —canto máis alta máis baixa a temperatura media. No verán, a media das mínimas do estado é de 22 °C, e a media das máximas é de 33 °C. A maior temperatura rexistrada en Xeorxia foi de 44 °C, rexistrada o 20 de agosto de 1983, en Greenville.

As taxas de precipitación media anual de choiva de Xeorxia é de 127 centímetros por ano. A media anual é maior no norte do estado —onde chega aos 150 centímetros anuais— e máis pequena na rexión céntrica do estado, que recibe preto de 115 centímetros anuais. Os meses máis húmidos do ano en Xeorxia son xullo e agosto, e os meses máis secos son outubro e novembro. A neve é escasa no estado. A taxa de precipitación media anual de neve de Xeorxia é moi baixa: recibe preto de 2,5 centímetros de neve por ano, a maior parte no norte do estado.

Política

editar
 
Capitolio Estatal de Xeorxia.

A actual Constitución de Xeorxia foi adoptada en 1982. Constitucións máis antigas foron adoptadas en 1777, 1789, 1799, 1861, 1865, 1868, 1877, 1945, 1976. No total, foron creadas dez constitucións, máis que calquera outro estado americano. Emendas á constitución son propostas polo Poder Lexislativo de Xeorxia, e para ser aprobadas, necesitan polo menos a aprobación do 51% do Senado e da Cámara dos Representantes do estado, en dous votacións sucesivas, e posteriormente polo 51% ou máis da poboación electoral de Xeorxia, nun referendo. As emendas tamén poden ser propostas e introducidas por convencións constitucionais, que necesitan recibir polo menos a aprobación do 67% dos votos de ambas cámaras do Poder Lexislativo e o 51% dos electores do estado nun referendo.

O principal oficial do Poder Executivo de Xeorxia é o gobernador. Este é elixido polos electores do estado para mandatos de ata catro anos de duración. Unha persoa pode exercer o cargo de gobernador só dúas veces. O gobernador de Xeorxia administra o orzamento do estado, por iso, o gobernador posúe gran poder sobre as finanzas do estado. Ademais diso, o gobernador posúe a responsabilidade de nomear máis de mil oficiais diferentes para cargos no goberno estatal, un dos maiores do país. Estes nomeamentos necesitan ser aprobados polo Lexislativo de Xeorxia.

O Poder Lexislativo de Xeorxia é exercido pola Asemblea Xeral constituída polo Senado e pola Cámara dos Representantes. O Senado posúe un total de 56 membros, mentres que a Cámara dos Representantes posúe un total de 180 membros. Xeorxia está dividida en 56 distritos senatoriais e 180 distritos representativos. Os electores de cada distrito elixen un senador/representante, que representará ese distrito no Senado/Cámara dos Representantes. Ata 1960, estes distritos estaban organizados de tal forma que cada un tivese o mesmo tamaño. Con todo, o gran crecemento da poboación das cidades do estado pasou a indicar que a poboación rural de Xeorxia, en crecente descenso, tiña o poder de elixir goberno. En 1960, o goberno reorganizou estes estes distritos, de forma que cada un tivese unha poboación similar. O termo do mandato dos senadores e dos representantes é de dous anos. Non hai límite no número de mandatos que unha persoa dada poida exercer.

O Tribunal máis alto do Poder Xudicial de Xeorxia é o Tribunal Supremo de Xeorxia, composta por sete xuíces. Xeorxia tamén posúe unha Court of Appeals (Tribunal de Apelación), composto por nove xuíces. O estado tamén está dividido en 45 distritos xudiciais, cada un cun Tribunal Superior (de carácter rexional), tendo entre un e doce xuíces —dependendo da poboación do Distrito. Todos os xuíces da Xudicatura son elixidos pola poboación do estado (no caso dos xuíces do Tribunal Supremo e da Court of Appeals) ou pola poboación dos distritos xudiciais (no caso dos xuíces destes distritos) para mandatos de ata seis anos de duración— con excepción do distrito xudicial de Atlanta, onde o termo do oficio é de oito anos.

 
Mapa de Xeorxia e dos seus 159 condados.

Xeorxia está dividido en 159 condados —máis que calquera outro estado americano con excepción de Texas. A gran maioría destes condados (149) son gobernados por consellos de comisionados, compostos por entre tres e once membros. Os outros dez son administrados por un único comisionado. Todos os comisionados son escolleitos pola poboación dos respectivos condados, para mandatos de dous, catro ou seis anos de duración —na maioría dos condados de Xeorxia, o termo do mandato dos comisionados é de catro anos. Estes comisionados posúen autoridade lexislativa e executiva sobre o condado.

A maior parte das 536 cidades de Xeorxia está gobernada por un alcalde e por un consello municipal. Todas estas cidades son consideradas cidades principais (cities), e non existen cidades secundarias (towns) ou vilas, nin cidades independentes. Xeorxia posuíu cinco diferentes capitais de estado ao longo da súa historia. Savannah foi a primeira capital de Xeorxia, durante o período colonial americano, alternándose con Augusta. Por unha década a capital do estado foi Louisville. Entre 1806 ata a Guerra Civil Estadounidense, Milledgeville serviu como capital estatal. En 1868, Atlanta converteuse na quinta capital de Xeorxia, sendo a capital do estado ata a actualidade. O Lexislativo do estado realizou reunións noutros locais temporais, como Macon, especialmente durante a guerra civil.

Preto de metade do orzamento do goberno de Xeorxia esta xerado por impostos estatais, e o restante vén de orzamentos recibidos do goberno federal e de préstamos. En 2002, o goberno do estado gastou 30.053 millóns de dólares, e xerou 24.847 millóns de dólares. A débeda gobernamental de Xeorxia é de 8.243 millóns de dólares. A débeda per cápita é de 965 dólares, o valor dos impostos estatais per cápita é de 1.612 dólares, e o valor dos gastos gobernamentais per cápita é de 3.517 dólares. Xeorxia posúe unha das menores débedas gobernamentais per cápita entre calquera estado americano, detrás soamente de Arizona, Kansas e de Tennessee.

Politicamente, en tempos actuais, a maior parte do estado está dominado polo Partido Republicano. Con todo, entre o fin da Guerra Civil Estadounidense, cando o goberno americano impuxo gobernadores republicanos no estado, ata a década de 1960, todos os gobernadores do estado foron demócratas. Os republicanos pasaron a gañar desde entón crecente forza política no estado. En eleccións federais, ata 1964, a poboación de Xeorxia votou na súa maioría por demócratas, aínda que desde entón as eleccións presidenciais americanas sexan moi variadas en Xeorxia.

Demografía

editar
Crecemento da poboación de Xeorxia
Ano Habitantes
1790 82.548
1800 162.686
1810 252.433
1820 340.989
1830 516.823
1840 691.392
1850 906.185
1860 1.057.286
1870 1.184.109
1880 1.542.180
1890 1.837.353
Ano Habitantes
1900 2.216.331
1910 2.609.121
1920 2.895.832
1930 2.908.506
1940 3.123.723
1950 3.444.578
1960 3.943.116
1970 4.587.930
1980 5.463.087
1990 6.508.419
2000 8.186.453
2006* 9.363.941
(*) Estimación
 
Pirámide de idade do estado

De acordo co Censo dos Estados Unidos do 2000, da Oficina do Censo dos Estados Unidos, a poboación de Xeorxia era de 8.186.453 habitantes, un crecemento do 25,8% en relación á poboación do estado en 1990, de 6.508.419 habitantes. Unha estimación realizada en 2006 calcula a poboación de Xeorxia en 9.363.941 habitantes, un crecemento do 43,8% en relación á poboación do estado en 1990, do 14,3% en relación á poboación do estado en 2000, e do 2,5% en relación á poboación estimada en 2005.

O crecemento natural de poboación de Xeorxia entre 2000 e 2006 foi de 438.939 habitantes —849.414 nacementos menos 410.475 falecementos— o crecemento causado pola inmigración foi de 228.415 habitantes, mentres que a migración interestatal incrementouse en 378.258 habitantes. Entre 2000 e 2006, a poboación de Xeorxia creceu en 1.177.125 habitantes, e entre 2005 e 2006, en 231.388 habitantes. As taxas de crecemento de poboación de Xeorxia son unha das máis altas do país, e o estado é actualmente o noveno máis poboado dos Estados Unidos.

Preto do 90,1% da poboación de Xeorxia con máis de 5 anos de idade teñen a inglesa como lingua materna, e o 5,6% teñen a española. A francesa é a terceira lingua máis falada no estado, co 0,6% da poboación, seguido pola alemá e a vietnamita, cada unha co 0,4%. O 7,3% da poboación do estado posúe menos de 5 anos de idade, o 26,5% posúe menos de 18 anos de idade, e o 9,6% posúe 65 anos de idade ou máis.

Grupos étnicos

editar

A composición racial (terminoloxía oficial para se referiren ás diferentes etnias) da poboación de Xeorxia é a seguinte:

Canto á clasificación cultural, un 5,3% decláranse "hispanos". Os cinco maiores grupos étnicos do estado son os afroamericanos, americanos, británicos, alemáns e irlandeses.

Historicamente, preto de metade da poboación de Xeorxia estaba composta por escravos negros. A Gran Migración de afroamericanos do Sur en dirección aos estados industrializados do norte americano, durante 1910 e 1960, así como a crecente emigración de brancos para o estado despois de 1970, reduciron a proporción dos afroamericanos na poboación de Xeorxia. Actualmente continúan sendo maioritarios en condados rurais da rexión centro-leste e do sueste do estado, así como na cidade de Atlanta e os seus barrios meridionais.

Moitos brancos, como outros suristas, xeralmente describen a súa ascendencia no censo americano como "americano", "Estados Unidos" ou simplemente "surista". Brancos de ascendencia americana —principalmente de ascendencia británica— son predominantes nas montañas do norte e na rexión setentrional do Piemonte, así como en certas rexións pantanosas do sueste. Os habitantes que reivindican ascendencia británica tamén predominan nos barrios setentrionais de Atlanta.

Relixión

editar

Porcentaxe da poboación de Xeorxia por afiliación relixiosa:

Principais cidades

editar
 
Augusta.
 
Savannah.

Preto do 67% da poboación de Xeorxia vive en áreas urbanas, e o 37% restante vive en áreas rurais. Cerca do 60% da poboación do estado vive nas rexións metropolitanas de Atlanta, Augusta, Columbus, Savannah, Macon e Athens. Non existen, con todo, órganos gobernamentais metropolitanos oficiais no estado.

Lista das principais cidades de Xeorxia. A poboación refírese ao área urbanizada das cidades.

Poboación > 1 millón de habitantes
Poboación > 100 mil habitantes
Poboación > 10 mil habitantes
  • Albany
  • Warner Robins
  • Gainesville
  • Rome
  • Dalton
  • Duluth
  • Valdosta
  • Brunswick
  • Hinesville
  • Cartersville
  • Carrollton
  • LaGrange
  • Milledgeville

Economía

editar
 
Moeda de 25 centavos de dólar americano de Xeorxia.

O Produto Interior Bruto de Xeorxia foi de 320 mil millóns de dólares en 2003. A renda per cápita do estado, pola súa banda, foi de 29.000 dólares. A taxa de desemprego foi do 4,6%.

O sector primario representa o 2% do PIB de Xeorxia. O estado posúe 50 mil granxas, que cobren aproximadamente o 30% de Xeorxia. Xuntas, a agricultura e a gandería supoñen o 1,85% do PIB do estado, e empregan aproximadamente a 120 mil persoas. O estado posúe grandes rabaños bovinos e ovinos. Os principais produtos agropecuarios producidos no estado son as galiñas e os seus derivados —ovos e carne, dos cales Xeorxia é un dos líderes nacionais de produción anual. Carne e leite bovino e ovino tamén son produtos importantes da gandería estatal. Os principais produtos cultivados en Xeorxia son noces e cacahuetes. O estado é o líder nacional na produción destes dous produtos. Outros produtos cultivados importantes para a economía de Xeorxia son algodón, pexego, tabaco, arroz e millo. A pesca e a silvicultura supoñen xuntas o 0,15% do PIB do estado, empregando a preto de dez mil persoas.

O sector secundario achega o 21% do PIB de Xeorxia. A industria secundaria representa o 16,5% do PIB do estado e emprega aproximadamente 608 mil persoas. O valor total dos produtos fabricados no estado é de 59 mil millóns de dólares. Os principais produtos industrializados fabricados no estado son alimentos industrializados, equipamentos de transportes, produtos químicos, téxtiles, maquinaria, produtos de madeira, e material publicitario. A industria de construción representa o 4% do PIB do estado, empregando aproximadamente a 270 mil persoas. A minería responde polo 0,5% do PIB de Xeorxia, empregando preto de 9 mil persoas. Os principais produtos minerais no estado son bauxita, mármore, granito e magnesio.

O sector terciario supón o 77% do PIB de Xeorxia. Cerca do 19% do PIB do estado provén de servizos comunitarios e persoais. Este sector emprega a máis de 1,3 millóns de persoas. O comercio por xunto e polo miúdo supón o 18% do PIB do estado, e emprega aproximadamente un millón de persoas. Servizos financeiros e inmobiliarios achegan cerca do 16% do PIB do estado, empregando aproximadamente a 307 mil persoas. Os servizos gobernamentais supoñen o 12% do PIB de Xeorxia, empregando aproximadamente a 680 mil persoas. Transportes, telecomunicacións e servizos públicos empregan a preto de 272 mil persoas, e responden polo 12% do PIB de Xeorxia. O 65% da electricidade xerada no estado é producida en centrais termoeléctricas a carbón, e o 30% en centrais nucleares, e o restante xérase en centrais hidroeléctricas.

Educación

editar
 
Centro de Estudantes e Xardíns Memoriais na Universidade de Xeorxia, en Athens.

Os primeiros centros educativos de Xeorxia foron creados durante o século XVIII. Estas escolas rústicas, pequenas estruturas, eran construídas por comunidades rurais, en parcelas fornecidas por un dos facendados da comunidade. Estas escolas funcionaban a través da contratación de "profesores-viaxeiros", aos que se pagaba para ensinar por un curto período de tempo, e viaxaban dunha comunidade rural a outra. Por iso, a educación comunitaria da época era irregular. Estas escolas rústicas estaban mantidas pola comunidade local, e de libre acceso para calquera neno branco. Os ricos latifundistas, pola súa banda, contrataban profesores do Norte do país, como titores particulares para os seus fillos.

No inicio do século XIX, Xeorxia construíu algunhas escolas públicas nas principais cidades do estado —con todo non achegaban orzamentos para estas escolas logo da súa fundación, polo que estas escolas se vían obrigadas a cobrar pola subministración de servizos educativos. Algunhas cidades e condados asumiron os custos da educación pública, con todo a maior parte era privada, con algunhas destas escolas permitindo que os alumnos estudasen se consentían en traballar nas facendas controladas pola escola. Foi soamente na década de 1870 que Xeorxia creou un sistema estatal de educación pública. Este sistema, mantido polo goberno do estado, fornecía orzamentos para calquera escola elemental do estado. A partir de 1912, o sistema de educación pública do estado pasou a achegar fondos tamén para escolas de ensino secundario.

Actualmente, todas as institucións educativos en Xeorxia necesitan aterse ás regras e normas ditadas polo Consello Estatal de Educación de Xeorxia. Este Consello controla directamente o sistema de escolas públicas do estado, que está dividido en diferentes distritos escolares. Cada cidade principal (city), diversas cidades secundarias (towns) e cada condado, son atendidas por un distrito escolar. Nas cidades, a responsabilidade de administrar as escolas é do distrito escolar municipal, mentres que en rexións menos densamente habitadas, esta responsabilidade é dos distritos escolares operando en todo o condado en xeral. Xeorxia permite a operación de "escolas charter" —escolas públicas independentes, que non son administradas por distritos escolares, pero que dependen de orzamentos públicos para o seu funcionamento. A atención escolar é obrigatoria para todos os nenos e adolescentes con máis de sete anos de idade, ata a conclusión do ensino secundario ou ata os dezaseis anos de idade.

En 1999, as escolas públicas do estado atenderon preto de 1,48 millóns de estudantes, empregando aproximadamente a 90,6 mil profesores. As escolas privadas atenderon preto de 116,4 mil estudantes, empregando aproximadamente 10,7 mil profesores. O sistema de escolas públicas do estado consumiu preto de 8.537 millóns de dólares, e o gasto das escolas públicas foi de aproximadamente 6,5 mil dólares por estudante. Cerca do 85,1% dos habitantes do estado con máis de 25 anos de idade posúen un diploma de ensino secundario.

A primeira biblioteca de Xeorxia foi creada en 1736. A primeira biblioteca pública, pola súa banda, foi creada en 1888. Xeorxia posúe actualmente 57 sistemas de bibliotecas públicas, que moven anualmente unha media de 4,6 libros por habitante.

A primeira institución de educación superior fundada en Xeorxia foi a Universidade de Xeorxia, fundada en 1785 en Athens, foi a primeira universidade comisionada como pública do estado nos Estados Unidos. Esta universidade é actualmente parte do Sistema de Universidades de Xeorxia, que administra preto de 35 facultades e universidades diferentes. Actualmente, o estado posúe preto de 124 institucións de educación superior, das cales 74 son públicas e 50 son privadas. Destas institucións, preto de 30 eran universidades, e o resto facultades.

Transportes

editar
 
Autoestrada en Atlanta, un dos principais centros de transporte dos Estados Unidos.

Xeorxia é actualmente o principal centro de comunicacións da Rexión Sur americana. As principais estradas pavimentadas do estado foron inauguradas no inicio do século XX, e a gran maioría das estradas estatais de menor porte foron pavimentadas nas décadas que seguiron á segunda guerra mundial. Atlanta é o principal centro viario de Xeorxia. O estado en 2003, posuía 187.543 quilómetros de vías públicas, dos cales 2.004 quilómetros eran estradas interestatais, considerados parte do sistema federal viario dos Estados Unidos.

O estado posúe unha extensiva malla ferroviaria. Atlanta, ademais de ser o principal centro ferroviario do estado, é tamén o principal centro ferroviario da rexión Sur dos Estados Unidos. En 2002, Xeorxia posuía 7.530 quilómetros de vías férreas.

Atlanta posúe actualmente o aeroporto con máis movemento do mundo, en número de pasaxeiros atendidos, o Aeroporto Internacional Hartsfield-Jackson, que move preto de 82 millóns de pasaxeiros por ano. Savannah é o principal centro portuario de Xeorxia, e é un dos portos máis modernos en actividade do país.

Medios de comunicación

editar

O primeiro xornal publicado en Xeorxia foi o Georgia Gazette, publicado por primeira vez en Savannah en 1763. O xornal máis antigo do estado aínda en publicación, pola súa banda, é o Augusta Chronicle, de Augusta, publicado por vez primeira en 1785. En 1828, o Cherokee Phoenix primeiro xornal de indios americanos foi publicado en New Echota, publicado en inglés e en lingua cherokee. Actualmente, son publicados en Xeorxia 256 xornais, dos cales 32 son diarios.

A primeira estación de radio de Xeorxia foi fundado en 1922, en Atlanta. Esta estación de radio, código WSW, foi a primeira en operar no Sur, e tamén a primeira en ofrecer programas nocturnos regulares. O slogan da WSW, que aínda existe na actualidade, era "A Voz do Sur". A primeira estación de televisión foi fundada en 1948, en Atlanta. Actualmente, o estado posúe 257 estacións de radio —das cales 127 son radio AM e 130 son FM— e 32 estacións de televisión. Atlanta é sede de diversas compañías de televisión importantes e mundialmente coñecidas, tales como a CBS, CNN, TBS e a TNT.

Cultura

editar

Xeorxia viu nacer un gran número de grandes nomes do cine, como Kim Basinger, Julia Roberts, Laurence Fishburne, Spike Lee, Steven Soderbergh, e ata Hulk Hogan. Tamén foi berce de grandes personaxes da música, como Ray Charles, R.E.M., Kanye West e Outkast. Pero Xeorxia é sobre todo o estado nativo de Martin Luther King.

Símbolos do estado

editar
  • Anfibio: Ra verde (Hyla cinerea)
  • Árbore: Aciñeira
  • Bolboreta: Papilio glaucus
  • Bebida: Coca-Cola
  • Alcumes:
    • Empire State of the South
    • Peach State
  • Flor: Rosa (Rosa laevigata)
  • Fósil: Dente de quenlla
  • Froita: Pexego
  • Insecto: Abella
  • Lema: Wisdom, justice, and moderation (Sabedoría, xustiza e moderación)
  • Mamífero: Balea franca
  • Mineral: Estaurolita
  • Música: Georgia on My Mind (Xeorxia na miña Mente) - Escrita por Ray Charles, foi oficializada como música do estado en 1979.
  • Paxaro: Toxostoma rufum
  • Peixe: Robaliza negra
  • Réptil: Gopherus polyphemus
  • Roca: Cuarzo
  • Slogan: Georgia on My Mind
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xeorxiano.

Ligazóns externas

editar