Acuario (constelación)

constelación
(Redirección desde «Aquarius»)

Augadeiro[1] ou Acuario[2][3] (do latín: Aquarius; o carrexador de auga ou ánfora, símbolo , Unicode ♒), é o décimo primeiro signo do zodíaco, situado entre Capricornio e Pisces. Acuario, o portador da auga, é unha das 88 constelacións recoñecidas pola astronomía moderna, descrita por Claudio Tolomeo. O seu símbolo representa o fluír da auga.

Aquarius
Aquarius
Nome latino Aquarius
Abreviatura Aqr
Xenitivo Aquarii
Simboloxía O portador de auga
Ascensión recta 23 h
Declinación −15°
Área 980 graos cadrados

Rango 10°

Número de estrelas

(magnitude < 3)

2
Estrela máis brillante β Aqr (Sadalsuud)

(magnitude ap. 2.9)

Choiva de meteoros
Constelacións

lindeiras

Visible en latitudes entre +65° e −90°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de outubro

De todo o zodíaco, Acuario é unha das constelacións recoñecidas dende máis antigo. Os sumerios outorgáronlle este nome á constelación, na honra ó seu deus An, que derrama a auga da inmortalidade sobre a Terra. Atópase nunha rexión comunmente chamada o Mar ou Aqua pola súa profusión de constelacións acuáticas tales coma Cetus, Pisces, Eridanus. Algunhas veces o río Eridanus representase coma o que derrama a ánfora de Acuario.

A constelación de Acuario é a décima máis grande, cubrindo máis de 2,375 % do ceo; incluíndo 56 estrelas visibles, aínda que na súas meirande parte son febles.

Estrelas principais editar

 
Representación medieval de Acuario.

Obxectos Notables do espazo profundo editar

Hai tres obxectos do espazo profundo que están no Catálogo Messier:

Ademais atópanse dúas nebulosas planetarias:

Outros obxectos a destacar son:

Mitoloxía editar

 

O coñecido mito identifica a Acuario, que tamén era coñecido coma escanciador, con Ganímedes. Ganímedes é fillo de Laomedonte, Rei de Troia. O seu pai encargoulle a tarefa de garda-los rabaños nas montañas. Era, segundo os relatos, un dos mortais máis fermosos, de tal forma que Zeus, pai dos deuses, namorouse perdidamente del e converténdose en aguia (outra constelación) rapta a Ganimedes e lévao ó Olimpo. Coma compensación Zeus regaloulle ó pai do mozo uns corceis divinos inmortais. No Olimpo Ganimedes convertese no copeiro divino encargado de servir ós deuses.

Acuario xeralmente representa a figura dun home, e cando consideran cás estrelas son para ser humano moi difusas ou pouco visibles, toma a figura dun home cunha ánfora coa que derrama un líquido. Acuario tamén foi identificado coma Deucalión, que se salvou xunto coa súa muller Pirra do diluvio universal enviado por Zeus, na versión grega do mito.

Visualización alternativa editar

 
Diagrama dunha forma alternativa de conecta-las estrelas da constelación de Acuario. O portador da auga amósase correndo mentres leva unha ánfora da cal derrama auga.

As estrelas da constelación de Acuario poden conectarse dunha forma alternativa, a cal amosa graficamente un portador de auga correndo mentres leva unha ánfora da cal verte auga. A cabeza de Acuario é formada polo romboide de estrelas α Aqr, γ Aqr, η Aqr, e π Aqr: sendo α Aqr de terceira magnitude. A estrela ζ Aqr, a cal está aloxada dentro do romboide, representa un ollo.

O torso de Acuario é formado polas estrelas α Aqr e β Aqr, sendo β Aqr de terceira magnitude.

A perna esquerda de Acuario está formada polas estrelas β Aqr e ι Aqr; e a perna dereita, polas estrelas β Aqr (Que é o punto de unión entre as dúas pernas), ν Aqr, μ Aqr, e ε Aqr, estas dúas últimas representando un pé.

O brazo é formado coas estrelas α Aqr, θ Aqr, e λ Aqr, sendo λ Aqr a man.

O portador de auga carga cunha ánfora, case mellor unha xerra, a cal é constituída polas estrelas ψ¹ Aqr, φ Aqr, λ Aqr, τ Aqr, e δ Aqr. A parte superior da xerra consta do triángulo de estrelas ψ¹ Aqr, φ Aqr, e λ Aqr.

A auga vertese da xerra en dúas liñas. A liña da esquerda conformase coas estrelas ψ¹ Aqr, 98 Aqr, 99 Aqr, e 101 Aqr. A liña da dereita é formada polas estrelas ψ¹ Aqr, 88 Aqr, 89 Aqr, e 86 Aqr.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para augadeiro.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para acuario.
  3. Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar